Skip to Content
Correo electrónico: ies.ribadeo@edu.xunta.es | Teléfono: 982870666

LUNS, 3 DE NOVEMBRO, PECHADO POR DÍA NON LECTIVO

Recordamos que o luns, día 3 de novembro, este centro permanecerá pechado por ser unha das datas que collemos como día non lectivo. 

Samaín (I) (outubro 2014)

Paula Alvite e Chus Colmenero, do departamento de Debuxo, promoveron un ano máis a celebración do Samaín. Grazas ó seu traballo e ó do seu alumnado , estes días temos o centro cunha imaxe distinta da habitual. E hai quen pasa medo...

MÁIS IMAXES

Samaín 14

"Asesinado por el cielo"

O Departamento de Lingua española e literatura agasállanos con "Asesinado por el cielo", un caderniño no que textos de Lorca aparecen ilustrados por alumnado de 4º de ESO.

Portada de "Asesinado por el cielo"

Algúns números nas nosas letras

Outubro, 14

O mes de outubro é o mes das bibliotecas escolares, que este ano se celebra baixo o lema "Bibliotecas escolares... matemátic!!!".

Desde o equipo de biblioteca, o equipo de dinamización lingüística e o departamento de lingua galega e literatura queremos unirnos á festa con esta escolma de textos.

Algúns números nas nosas letras

O libro máis antigo que temos no instituto - II

Ata hai pouco, o libro máis antigo que tiñamos no instituto era un de 1930 pero, grazas á doazón dun exalumno, agora xa temos un de 1929.

Trátase de El cielo. Nociones de astronomía popular dispuests para lectura en las escuelas, de D. Victoriano F. Asanza.

Como curiosidade, apuntamos que o libro publiocuse só uns meses antes do descubrimento de Plutón.

Xubilación de Margarita

 

3 de outubro de 2014

Hoxe xubílase unha das nosas administrativas, Margarita López, que leva desempeñando o seu labor no noso centro desde o 4 de outubro de 1976.

Todos os que, durante máis ou menos tempo, fomos compañeiros seus, desexámoslle toda a felicidade neste novo período da súa vida.

 

Visita do Profesor Francisco Díaz-Fierros Viqueira

18 de setembro de 2014

Hoxe visitounos o profesor D. Fransico Díaz-Fierros Viqueira, que nos agasallou con exemplares das súas obras, cariñosamente dedicadas, e asinou no libro de honra do centro.

Fransico Díaz-Fierros é Doutor en Farmacia pola USC, onde exerceu a docencia ata a súa xubilación.

É membro do Consello da Cultura Galega, da Real Academia da Lingua Galega e doutras institucións relacionadas co seu ámbito.

Agradecemos enormemente a súa doazón, que pasará a formar parte da nosa biblioteca, para que estea dispoñible para toda a comunidade escolar.

Entrega de libros

 

 Asinando no libro de honra

Conferencia inaugural do curso 2014-15

TEXTO DA CONFERENCIA (en pdf.) 

En agosto deste ano cúmpriuse o centenario do nacemento de Dionisio Gamallo Fierros. Con ese motivo, organizáronse varios actos, promovidos por unha comisión da que forman parte diversas institucións e algunhas persoas amigas de Dionisio a título individual.

Co comezo do curso, nós tamén consideramos conveniente difundir entre a comunidade escolar a figura do erudito que dá nome ó noso centtro, por iso organizamos unha conferencia inaugural que correu a cargo de Toni Deaño, exprofesor do instituto, sobriño de Dionisio Gamallo e investigador do seu arquivo.

 

Conferencia de Toni Deaño sobre Dionisio Gamallo

Conferencia inaugural do curso 2014-15

CURSO 2014-15

 

  CURSO 2014-15  

Distribuir contido