Skip to Content

Charla Didáctica cos regueifeiros PINTO D’HERBÓN E LUÍS O CARUNCHO

O pasado venres 21 de maio, o alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de disfrutar dunha charla didáctica con dous dos regueifeiros máis coñecidos da música galega. Pinto D’Herbón foi un dos estandartes do movemento bravú, que nos anos 90 fixo furor entre a xuventude galega con varios discos editados. Luís O Caruncho, músico, gaiteiro, zanfonista e cantante. Os dous acercaron ao alumnado á arte da regueifa na tradición oral galega en verso.

O seguinte vídeo corresponde á entrevista que o alumnado de 2º ESO C lles fixo para a RADIOIES Ribadeo.

Foi unha actividade financiada polo concello de Ribadeo.

 

Novos audios na RADIOIESRibadeo!

Estes audios son radioficcións guinizadas e locutadas polo alumnado da materia Cultura Científica de 1º de Bacharelato. A temática era a seguinte: crear unha historia onde se fale dalgún dos riscos do mal uso das novas tecnoloxías, como as redes sociais. O modo de contar a historia era libre: un programa de radio, unha conversa entre amigas, etc... Sempre, que versasen sobre iso.

Na primeira sesión de gravación no Salón de Actos (21/05/2021), gravamos os cinco primeiros guións (realizados por Carís Hernández Eiros, Carme Lago Fernández, Álvaro López del Río, Natalia Martínez Barcia e Lara Martínez Peña).

A montaxe dos mesmos correu por conta do docente da materia, Fernando Losada.

(20/05/2021): Encontro con Camille Hedouin.

O xoves 20 de maio de 2021, o alumnado de 1º de Bacharelato C tivo a oportunidade de entrevistar para a RADIOIESRibadeo a Camille Hedouin, vocalista feminista, compositora e cantautora galego-francesa coñecida artisticamente como Mounqup e gañadora de varios premios, entre eles o Narf da Coruña.

Chega a Galicia en 2011 procedente de Nantes para instalarse na aldea de Pardavedra, en Ourense, formando parte dun proceso de recuperación da aldea de Saumede. Intégrase rapidamente e, dende Galicia para o mundo, compón unha música electrónico rural. A pesar de que lle chaman "a Björk galega", compón unha música sen etiquetas e orixinal na que mestura galego, francés e inglés. Sen lugar a dúbidas, non deixa indiferente a ninguén.

LETRAS GALEGAS 2021- Certame Biblioteca Viejo Pancho

 A alumna do noso centro Marta Ortiz resultou gañadora do Certame que convoca a Biblioteca Viejo Pancho con motivo do Día das Letras Galegas  na modalidade de Narración na categoría de 12 a 16 anos. A entrega de premos tivo lugar no transcurso da Feira do Libro do concello de Ribadeo.

O tema proposto esta edición foi “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural”. O seu traballo, premiado a nivel local, participará na fase provincial do Certame. No seguinte enlace podedes acceder á narración. Noraboa, Marta!

 

SEMPRE NO PRADO

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS.

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística editou un autocolante relacionado con Xela Arias deseñado pola profesora Chus Colmenero. Imprimíronse 500 exemplares para repartir entre toda a comunidade escolar.

Así mesmo, o EDL imprimiu marcadores de lectura relacionados coa autora homenaxeada, aproveitando a proposta de deseño que a RAG puxo a disposición da cidadanía en xeral.