Eleccións Consello Escolar
Logo da 1ª reunión da xunta electoral, informamos que a partir do xoves 10 de novembro estarán expostos os seguintes documentos no taboleiro do vestíbulo do centro:
- Composición e vacantes no Consello Escolar
- Calendario de actuacións para as eleccións
- Os censos electorais de cada sector
Lembramos que a consulta é pública accedendo ao centro, non estando permitido sacar fotografías destes documentos.
Así mesmo está aprobado o modelo de presentación de candidaturas, custodiado en dirección. @s voluntari@s para presentarse poden pasar a recoller copia deste modelo. O prazo remata o venres 18 de novembro.
No arquivo adxunto tedes un resumo do calendario do proceso.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Calendario eleccións Consello Escolar 2022.pdf | 42.4 KB |