Iniciar sesión

Secretaría virtual

A Física de Partículas no noso instituto

 

O luns, día 23, tivo lugar no noso instituto unha conferencia impartida polo catedrático da USC Bernardo Andeva Andany. O tema era a Física de Partículas e o alumnado puido coñecer de primeira man as experiencias que se levan a cabo no Gran Colisionador de Hadróns. Agradecemos ao profesor Andeva a súa presenza e a visión positiva dos proxectos nos que teñen unha participación activa moitos investigadores galegos.