Iniciar sesión

Secretaría virtual

Asesoramiento sobre 4º ESO e 1º BAC

No arquivo adxunto atoparedes información sobre 4º de ESO e 1º Bacharelato para o vindeiro curso escolar 2016-17.

Se vos xurde algunha dúbida ou precisades clarexar algún aspecto podedes porvos en contacto co departamento de orientación do noso instituto.

Halloween no ROU

Aínda que cun pouquiño de retraso, aquí tedes unha pequena mostra do que foi o Halloween no noso instituto. Esperemos que non pasedes moito medo. 

Halloween from matesrou on Vimeo.

O entroido no ROU

No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra do que foi o entroido no noso centro. Noraboa a todos os participantes no concurso e a aqueles que, aínda sen participar, encheron de diversión e alegría o noso instituto.

Entroido 2016 from matesrou on Vimeo.

Uns alumnos olímpicos

Catro alumnos do noso centro participaron na Olimpiada de Bioloxía que se celebrou o pasado 15 de xaneiro na Facultade de Ciencias, en A Coruña.

Aínda que non gañaron, viviron unha experiencia enriquecedora, na que puideron visitar as instalacións da facultade e observar as investigacións que se están levando a cabo nela.

No seguinte vídeo tedes unha mostra do que alí aconteceu.

  

Olimpiada Biología enero 2016 from matesrou on Vimeo.

Visita ao Faro de Vigo

Hoxe, todos os Clubs de Lectura fomos visitar as instalacións do Faro de Vigo para ver de preto como se fai un xornal. Pasamos un rato moi agradable e enriba recibimos agasallos! Grazas a Julia pola visita.

A escritora Elena Gallego Abad estivo no noso centro

Hoxe tivemos a gran sorte de que Elena Gallego Abad visitase o noso centro.

Grazas aos Clubs de 1º e 2º de ESO pola vosa presenza, polo voso entusiasmo, postres e debuxos. Grazas a Belén, presidenta da ANPA, pola axuda na organización da actividade e a Esther, coordinadora dos Clubs de Lectura do CPI da Cañiza, polo préstamo de exemplares. A Adela e Concha.

 E por suposto, mil grazas a Elena por vir!

 

Unha horta moi letrada

Nesta parte do blog de Rosa Romero podedes ver moitísimos aspectos relacionados coa idade media: a sociedade, os costumes, a literatura, a arte...

Se facedes clic enriba da imaxe o descubriredes. 

Semana da ciencia

Aquí tedes unha selección das actividades que se levaron a cabo co gallo da semana da ciencia no noso centro.

Semana da ciencia from matesrou on Vimeo.

 

Vídeos semana da ciencia from matesrou on Vimeo.

O efecto invernadoiro

Queredes saber en que consiste o efecto invernadoiro? E algúns consellos para aforrar enerxía? Neste vídeo, Emily, da Sección Bilingüe en Ciencias da Naureza, volo explica. Podedes aproveitar tamén para practicar o voso inglés.

Chegou o fin do trimestre

No seguinte vídeo tedes un resumo das actividades finais do trimestre, que foron moitas e moi interesantes.

Actividades fin do trimestre from matesrou on Vimeo.

Distribuir contido