Acto conmemoración día das letras galegas
No seguinte vídeo tedes unha escolma dos mellores momentos da celebración no noso centro do día das letras galegas. Esperemos que o disfrutedes.
Letras galegas 2016 from matesrou on Vimeo.
O alcalde, anfitrión do intercambio con Forlì
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiunos o pasado xoves e deu a benvida ao alumnado do intercambio que realizou o noso centro co instituto italiano de Forlì. Temos que agradecer o trato recibido polo Concello de Vigo que, en todo momento, apoiou esta moi interesante actividade. No seguinte enlace tedes a información aparecida no xornal Atlántico Diario.
II competición de robots
O pasado venres, tres equipos do noso centro participaron na II Competicións de Robots, que tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial. Un dos nosos robots coseguiu chegar á final e faltounos moi pouco para poder acadar un mellor resultado. As nosas felicitacións a todo o alumnado participante pola súa actitude de esforzo e superación.
Aquí tedes a "actuación" da nosa estrela:
O MELLOR SEGUELIÑAS from matesrou on Vimeo.
Se clicades aquí podedes ampliar a información cunha noticia publicada no Atlántico Diario
Intercambio Vigo - Forlì
Como sabedes, o nosos instituto está a realizar un intercambio cultural con alumnos da cidade de Forlì. Despois de estar uns días en Italia, agora tócanos a nós ser os anfitrións. Botádelle unha ollada a ver que tal o facemos.
Conmemoración do día do libro
Para conmemorar o día do Libro, o alumnado de 3º de ESO e varios Clubs de lectura asistiron a un fermosísimo obradoiro da historia da escritura. Viaxaron no tempo seguindo as pistas das expresións, dende as paredes das covas paleolíticas ata a imprenta de Gutenberg, pasando pola escritura en taboíñas de barro sumerias, papiro, pergamino, manuscritos iluminados e códices. Aquí tedes un vídeo da actividade.
O Radón e o ROU
O venres, día 11, contamos no noso centro coa presenza da profesora Dolores Cortina, membro do departamento de Física de Partículas da Universidade de Santiago. Dita charla tiña como título "El Gas Radón en Galicia" e enmárcase dentro do programa "El CPAN en el Instituto", unha actividade organizada polo Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear (CPAN).
Queremos agradecerlle á profesora Cortina a súa realmente didáctica exposición sobre un tema de moitísima importancia, sobre todo na nosa terra.
Asesoramiento sobre 4º ESO e 1º BAC
No arquivo adxunto atoparedes información sobre 4º de ESO e 1º Bacharelato para o vindeiro curso escolar 2016-17.
Se vos xurde algunha dúbida ou precisades clarexar algún aspecto podedes porvos en contacto co departamento de orientación do noso instituto.
O entroido no ROU
No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra do que foi o entroido no noso centro. Noraboa a todos os participantes no concurso e a aqueles que, aínda sen participar, encheron de diversión e alegría o noso instituto.
Entroido 2016 from matesrou on Vimeo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- seguinte ›
- última »
