Iniciar sesión

Secretaría virtual

Servizo autobuses liña 1 (Benito García)

A continuación tedes as paradas da liña 1 para este curso facilitadas pola empresa de tranportes. Para calquera aclaración podes poñervos en contacto coa vicedirectora (Concha). En breve publicaremos tamén as da liña 2.

IDA (entrada ao instituto)

  1. En fronte da fonte FENOSA, nº 217 (FAT)

  2. Rotonda rúa Aragón, nº 147

  3. Genaro de la Fuente nº 11 (parada VITRASA)

  4. Travesía de Vigo, nº 30 – 34 (parada VITRASA)

  5. Travesía de Vigo, nº 84 (MERCASA – parada VITRASA)

  6. Travesía de Vigo, nº 158 (parada VITRASA)

VOLTA (saída do instituto)

  1. Travesía de Vigo, nº 155 (parada VITRASA)

  2. Travesía de Vigo, nº 71 (Supermercado DÍA – parada VITRASA)

  3. Travesía de Vigo, nº 37 (Óptica – parada VITRASA)

  4. Genaro de la Fuente, nº 10 (parada VITRASA)

  5. Aragón – Rotonda, nº 116 (parada VITRASA)

  6. Final Carrefour con comezo FENOSA (parada VITRASA)

Os nosos deseñadores

Aquí tedes unha mostra dos deseños feitos polo noso alumnado para o programa Recíclate con SOGAMA.

 

Se queredes ver máis, aquí tedes un par de arquivos

Voando cos libros e máis aló

No club de lectura non só se le, ademáis de voar cos libros realizamos moitas actividades. Velaquí algunhas delas.

 

Noraboa, campiona!

Unha das nosas alumnas, Paula Lago, de segundo de bacharelato, proclamouse campiona de España de Gimnasia acrobática, na modalidade de trío, como representante do club Flic Flac.

Para o instituto é un orgullo contar cunha campiona entre o noso alumnado.

Podedes botarlle unha ollada a este vídeo para ver as súas sorprendentes acrobacias.

 

A directora e a reciclaxe

Aquí tedes o vídeo da entrevista que fixeron uns alumnos de segundo de bacharelato a Olga, a directora do noso instituto. Nel poderedes coñecer o seu punto de vista sobre a importancia da reciclaxe, o aproveitamento enerxético e outros interesantes temas.

 

Entrevista á directora do centro sobre a reciclaxe from matesrou on Vimeo.

Noraboa!

Temos que felicitar aos participantes no I Concurso de Robots, celebrado na Escola de Enxeñería Industrial, polo seu traballo. Competiron con moita dignidade, incluso un dos equipos conseguiu chegar á final.

Aquí tedes un pequeno vídeo coa historia da nosa participación.

 

Roubots from matesrou on Vimeo.

As rapazas que Verne non imaxinou

 

Varias compoñentes do Club de Remo Chapela estiveron no noso instituto compartindo con todos nós as súas experiencias. Podedes velo no seguinte vídeo.

 

remo no rou 2 from matesrou on Vimeo.

Reutiliza con ritmo

No seguinte vídeo tedes unha mostra de instrumentos musicais feitos con materiais reciclados. Debemos ser conscientes de que moitas veces o material de refugallo pode ter múltiples e interesantes aplicacións.

 

Instrumentos musicais reciclado from matesrou on Vimeo.

Reciclaxe

No seguinte vídeo tedes algún obxectos feitos con material reciclado.

 

Taller reciclado from matesrou on Vimeo.

Visita múltiple

No arquivo adxunto podedes ver unha presentación da visita a:

  • SOGAMA (Cerceda)
  • Museo de Historia Natural (Santiago)
  • Observatorio Astronómico Ramón María Aller (Santiago)

Distribuir contido