As pistas póñense guapas
Durante estes días viuse realizando a remodelación das pistas deportivas do noso centro, levada a cabo pola Deputación de Pontevedra. Agradecemos á súa presidenta, dona Camela Silva Rego o seu interese e á Xefatura Territorial da Consellería de Educación e ao seu responsable, don César A. Pérez Ares que permitise este intervención.
Nas seguintes fotos tedes o antes, o durante e o despois do traballo realizado pola muralista Perrine Honoré.
Dicirvos tamén que en breve teremos imaxes de dron de todo o conxunto.
ANTES
DURANTE
DESPOIS
E TAMÉN O PAVILLÓN
Transporte escolar curso 22-23
O día 2 de setembro publicarase no taboleiro de anuncios do IES República Oriental do Uruguai a listaxe co alumnado que ten asignada unha praza no bus escolar para o curso 22-23.
No arquivo adxunto están as paradas de bus e a hora aproximada da parada na ida ao instituto. Prégase unha antelación de 10 minutos na parada establecida.
A continuación están dispoñibles os enlaces cos mapas da ruta 1 (Fonte de Fenosa-IES ROU) e da ruta 2 (Rectorado-IES ROU).
Enlaces solicitudes libros
Tal e como se vos indicou por Abalar, aquí tedes os enlaces das solicitudes de libros:
Recoñecemento mellores expedientes
O pasado 23 de xuño tivo lugar no multiusos Fonte do Sar, en Santiago de Compostela, o acto de recoñecemento aos mellores expedientes dos centros de Ensino Medio de Galicia.
O acto foi presidido polo Reitor da USC don Antonio López Días, acompañado da Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia, dona Judit Fernández Novoa.
Abaixo tedes a Laura Domínguez Figueira e Carla Sánchez Montenegro nese acto. Os nosos parabéns.
Adxudicación definitiva AXUDASLE
Infórmase da publicación da listaxe de adxudicación definitiva de alumnado seleccionado e suplente en relación ás Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022 (AXUDASLE 2022).
Pódese consultar toda a información na ligazón: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/
#MeeToo
Foi o alumnado de 1º Bach de Historia Contemporánea quen realizou o proxecto do #MeToo”. Elaborando este traballo, coordinado pola profesora Olga Cabrinety e dentro do proxecto O libro nos camiños da cultura occidental, século XXI, reflexionouse sobre a situación na que viven as mulleres de todo o mundo. Tomouse conciencia da necesidade de entender que a igualdade e a xustiza teñen que existir entre mulleres e homes, deixando atrás barreiras de toda índole. Para levar a cabo o anterior, analizaron este movemento que nutriría a cuarta ola do feminismo, así como aprender as repercusións que tivo en Estados Unidos (sendo un puntal importante a figura de Ocasio Cortez), en Europa, no cono Sur e noutras latitudes por onde se espallou. O Feminismo ten moitos desenvolvementos e non é un só, así que o empoderamento por parte da muller que xa non quere calar, dá como resultado o cuestionamento da masculinidade ensinada dende fai séculos e a necesidade da implicación do home como parte imprescindible para que todo mude de verdade.
Fícción versus realidade
Na materia de Filosofía de 1º de Bacharelato, todo o alumnado podía, voluntariamente, participar nesta actividade, enmarcada no proxecto de Biblioteca “O libro nos camiños da Cultura Occidental. O Século XXI”, que tiña duas partes. Na primeira, debían seleccionar un capítulo da serie Black Mirror, ou unha película cunha temática similar, e facer un traballo escrito no que achegasen a súa reflexións acerca da influencia das novas tecnoloxías na vida social (redes sociais, intelixencia artificial, big data, realidade virtual, etc), comparar o que sucede na ficción co que xa está a pasar na realidade e achegar a sua visión crítica sobre ese tema. A segunda parte consistía en exponer diante do seu grupo o traballo realizado co fin de suscitar o debate na clase sobre a nosa dependencia desas tecnoloxías.
Se queredes ver o resultado, escaneade o código QR da imaxe que tedes abaixo, na que vemos a fotos de algún do alumnado que expuxo.
Acontecimientos históricos século XXI
O grupo de 2º ESO A de Oratoria participó no proxecto coordinado pola Biblioteca, “O libro nos camiños da cultura occidental, século XXI”, realizando - en parellas ou tríos - un vídeo sobre algún acontecemento histórico que marcara as duás primeiras dećadas do sećulo XXI: epidemias, atentados, desastres naturais, irrupción das redes sociais, a crisis financeira, a primavera árabe, o cambio climático, o movemento Me Too, o xenoma humano, o euro, ou algún personaxe importante.
A actividade estivo coordinada por Carmen Ferreiro, do Departamento de Lingua e Literatura Castelá, quen previamente introducíalles os temas, tanto teóricamente como a través do visionado de obras similares. Ao finalizar o proceso, fixeron un visionado conxunto dos vídeos cunha finalidade triple: avaliacioń grupal dos traballos presentados, conẽcemento dos acontecementos históricos e pracer de ver o traballo dos companẽiros e companẽiras.
Se facedes clic nas imaxes poderedes acceder a algún destes traballos.
![]() |
![]() |
Relación libros de texto curso 22-23
Nos arquivos adxuntos tedes a relación de libros de texto para ESO e bacharelato correspondentes ao vindeiro curso 2022-23.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
