Iniciar sesión

Secretaría virtual

Intercambio con Lisboa

Alumnado de terceiro curso da ESO realizou un intercambio con rapaces do Instituto Español Giner de los Ríos, de Lisboa, onde puideron ter información de primeira man sobre moitos aspectos da cultura portuguesa.

No seguinte vídeo podedes facervos unha pequena idea da súa estadía. 

Datas ABAU

Publicada na páxina da CiuG as datas para a realización das probas de Acceso á Universidade no curso 2018-2019 (datas provisionais, pendentes de publicación no DOG). Se facedes clic na imaxe obteredes a información completa. Xa queda menos! Ánimo.

 

Entroido 2019

Se queredes unha pequena mostra do que foi o entroido no noso centro, aquí a tedes.

Regueifando

Alumnos de 1º da ESO do noso centro participaron no XI Certame Escolar de Regueifas, onde un dos nosos, Rubén Domínguez Rodríguez,  quedou finalista.

Queredes ver que tal o fixeron? Pois facece clic na seguinte imaxe e o comprobaredes.

Presentación alumnado e familias 6º primaria

Aquí tedes unha pequena presentación para que vos fagades unha idea do que é o noso centro. 

Powered by emaze

Instruccións ABAU

Como todo o alumnado de segundo de bacharelato vai aprobar, adxuntamos un enlace para que podades acceder ás instruccións para a realización de dita proba.

Instruccións ABAU 2019

Ánimo, que xa queda pouco!

Axudas para formación en linguas estranxeiras

Tedes a oportunidade de mellorar a vosa competencia en linguas estranxeiras, xa que a Xunta de Galicia ven de convocar unhas axudas para estadías que vos van permitir dita mellora.

Están convocadas para alumnado desde primeiro da ESO ata segundo de bacharelato.

Se precisades máis información podedes facer clic no seguinte enlace.

Axudas linguas estranxeiras

Animádevos.

X OLIMPIADA DE XEOLOXÍA

Once alumnos de cuarto de ESO e primeiro e segundo de bacharelato participaron na "X Olimpiada de Xeoloxía", que tivo lugar na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. A alumna Sabela González Alcántara, de cuarto de ESO, recibiu un accésit correspondente a este nivel. Os nosos parabéns.

X Olimpiada de Xeoloxía from IES ROU on Vimeo.

As "Crêpes" invaden o noso instituto

O venres 8 de febreiro, o noso alumnado de francés de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato puido gozar e aprender da lingua francesa e a súa cultura co Atelier Crêpes de Jérémy Thomas, experto crepero bretón.Tiveron a oportunidade de viaxar a Francia no seu Food- Truck "A Marinière". Grazas ás explicacións sobre a cultura bretoa, da man e voz dun bretón de pura raza, aprenderon receitas e vocabulario sobre ingredientes para lograr a masa das crêpes e puxéronse ao choio. Clientes e camareiros voluntariosos, mandil en peito, se atreveron a probar e a elaborar a súa propia crêpe. O ambiente foi divertido e moi proveitoso!

Un día no xeo

Máis de 260 alumnos de ESO e primeiro de bacharelato participaron nunha sesión de patinaxe sobre xeo, na pista itinerante da Praia de Samil, en tres días da segunda semana de clase despois das vacacións do Nadal. A convocatoria foi un rotundo éxito.

No seguinte vídeo podedes ver como disfrutaron os os participantes nesta actividade, organizada polo Departamento de Educación Física.

Distribuir contido