Iniciar sesión

Secretaría virtual

Horario día 22

Xa pasou primeiro trimestre. Indicarvos que o horario de saída e, polo tanto, o final da última hora de clase, será ás 14 h para a ESO, ás 14:05 para primeiro de bacharelato e ás 14:10 para segundo de bacharelato.

Que pasedes un Bo Nadal!!

100% de aprobados no DELF Scolaire

Un ano máis, todo o alumnado que se presentou ás probas A2, B1 e B2 de francés logrou superalas con éxito. Nun par de meses teredes os vosos diplomas expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia.
 
Os nosos parabéns!

Bo Nadal!

Chegan estas datas e o noso instituto tamén quere participar delas. Aquí tedes un pequeno vídeo que mostra a nosa árbore de Nadal, cuxos adornos están feitos polo noso alumnado, baixo a dirección do profesor Pablo Martínez, con material reciclado. 

O ROU contra a violencia de xénero

Como todos os anos o noso centro participa nas actividades contra a Violencia de xénero (25 de Novembro) propostas polo concello de Vigo en Enlaza Vigo

Participaron os alumnos de Filosofía de 4º na elaboración dun vídeo e alumnos de 4ªA de Valores éticos e Relixión na exposición de carteis con lemas. 

Este curso o eixo principal foi a escala da violencia, os diferentes chanzos que aparecen habitualmente.

Aquí tedes os enlaces onde podedes acceder a estas actividades:

Relación provisional solicitudes máscaras

No tabloleiro de anuncios situado no interior do instituto tedes a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas en relación á distribución de máscaras.

O prazo de reclamacións é de dous días hábiles seguintes ao da súa publicación, é dicir, podedes facelo no instituto ata o mércores día 2.

Concurso século XX

Averigua que representa cada unha das fotos relacionadas co século XX que tedes na porta da ágora. Anímate e participa no concurso.

O século XX no IES ROU

O século XX forma parte do proxecto O libro nos camiños da cultura occidental, coordinado polo grupo de traballo da biblioteca do instituto, que leva varios anos facendo un percorrido pola nosa historia. Estas exposicións iniciaronse na Idade Media no curso 2016 e este ano rematamos o proxecto cunha visión panorámica do século XX: ciencias, vanguardias, historia, música, descubrementos científicos, etc.

 

Recollida títulos ESO e Bacharelato

O alumnado proposto para o título de graduado en ESO ou Bacharelato que rematou os seus estudos no curso académico 2017/18 pode recoller no centro os títulos correspondentes.

O horario é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Deberá presentar o seu DNI/NIE

Máscaras alumnado ESO

A Consellería de Educación e O.U. ven de sacar unha orde na que se regula a distribución de máscaras por parte do centro entre o alumnado da ESO.

Non ten que presentar solicitude: o alumnado que tivo dereito a axuda este curso para a adquisición de material escolar. Neste caso as máscaras distribuiranse por parte do centro.

Ten que presentar solicitude: o alumnado que pertenza a unha familia cuxa renda per cápita sexa igual ou inferior a 6000€ ou estea suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia. A solicitude deberán facela no instituto os pais, nais, titores ou representantes legais:

  1. Cubrindo o anexo I, que podedes atopar no noso centro ou no arquivo adxunto.
  2. Presentando o anexo II, que podedes atopar no noso centro ou no arquivo adxunto.
  3. Presentando copia do libro de familia onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. Nos casos nos que non se poda presentar esta documentación deberá aterse aoo que se indica no DOGA adxunto.

 

Para máis información podedes consultar o DOGA anexo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o venres día 27 de novembro.

Posteriormente o centro organizará dito reparto, do que seredes informados convenientemente.

A volta de MeteoROU

Xa botámos de menos os datos meteorolóxicos que nos trae todos os días o equipo de MeteoROU. Miden a velocidade do vento, a cantidade de chuvia, a porcentaxe de humidade, a temperatura e a presión atmosférica. Este ano o equipo está composto por alumnado de Ciencias da Terra e o Medio Ambiente de 2º BAC.

Aquí tedes unhas fotos do equipo e das súas medicións.

                                                 

Distribuir contido