Iniciar sesión

Secretaría virtual

Fotos mates sostibles

Aquí tedes un pequeno vídeo feito por Xulio Banga coas fotos que enviou o alumnado de 1º ESO para a actividade "Retratando as mates sostibles". Como xa vos informamos fai uns días, tedes máis información na súa conta de instagram

Alumnado de francés no Fiestinema Junior

O 27 de outubro, o alumnado de francés de 3º e 4º de ESO asistiu ao FIESTINEMA JUNIOR no auditorio municipal de Vigo onde visionou a película Fragile de Emma Benestan. O alumnado de francés de 1º de BACH fíxoo o 9 de novembro e a película foi Rouge de Farid Bentoumi. Trátase dun festival de cine con películas francófonas,organizado polas Alianzas Francesas de toda España en colaboración coa Embaixada de Francia. Os obxectivos deste proxecto son:

  • Promover o idioma francés e as culturas francófonas entre a mocidade.
  • Promover o uso do cine como ferramenta de ensino e aprendizaxe.
  • Dar a coñecer ao público novo o cine en versión orixinal subtitulada.
  • Ensinar ao noso alumnado a expresar un punto de vista crítico e analizar unha película.

Aquí tedes algunhas fotos do evento.

Eleccións Consello Escolar

Logo da 1ª reunión da xunta electoral, informamos que a partir do xoves 10 de novembro estarán expostos os seguintes documentos no taboleiro do vestíbulo do centro: 

  • Composición e vacantes no Consello Escolar
  • Calendario de actuacións para as eleccións
  • Os censos electorais de cada sector

Lembramos que a consulta é pública accedendo ao centro, non estando permitido sacar fotografías destes documentos.

Así mesmo está aprobado o modelo de presentación de candidaturas, custodiado en dirección. @s voluntari@s para presentarse poden pasar a recoller copia deste modelo. O prazo remata o venres 18 de novembro.

No arquivo adxunto tedes un resumo do calendario do proceso.

Fotografías finalistas I Concurso Fotografía e Frase Curta

Se facedes clic na seguinte ligazón podedes ver as fotografías finalistas no I Concurso de Fotografía e Frase Curta "No século XXI a igualdade e..." promovido pola ANPA do noso centro.

Estas interesantes fotografías tamén podedes velas na exposición que está na planta -1 do Centro Comercial Travesía.

Xornada tenis de mesa

Bo día familias

Dende o Concello de Vigo xunto coa Fundación Vide ofértannos unha nova iniciativa consistente nunha xornada de tenis de mesa o vindeiro domingo 27 de novembro pola mañá.

Animámosvos a participar e sobre todo ó alumnado que agora no noso centro está a participar na actividade de TENIS DE MESA

Enviámosvos a información e a ficha de autorización a cumplimentar e esperemos poder ter representación de alumnado do noso centro IES ROU en esta actividade

Un saúdo

Ana Pérez

PRESIDENTA ANPA ROU

Gañadores concurso portas terroríficas

Temos que dar os nosos parabéns ao curso gañador do "I Concurso Portas Terroríficas do IES ROU" que foi o grupo de 4º ESO B.

Aquí tedes as súas portas.                

 

Preparados para unha noite terrorífica

Esta noite chega o medo e no ROU estivemos preparándonos. Neste vídeo tedes unha mostra. Que vos aterroricedes ben! 

Aprendendo en familia

Dende a ANPA ROU queren convidarvos a todas as familias ao Ciclo formativo “APRENDENDO EN FAMILIA”.

 

No arquivo adxunto tedes a presentación do ciclo e a primeira actividade do mesmo: I Curso E-Dixgal para nais e pais de primeiro e segundo de ESO.

 

Na seguinte imaxe tedes o cartel desta primeira actividade.

 

Actividade clases de xadrez

A ANPA do noso centro organiza unha actividade que pode ser de moito interese para vos: clases de xadrez. Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a máis información.

Retratando as matemáticas sostibles

Este mes comezamos coa primeira actividade deste proxecto anual e será o alumnado de 1º ESO quen tomará fotografías do Vigo sostible acompañadas de títulos matemáticos con motivo do Día mundial das cidades o 31 de outubro. Cal é a vosa imaxe favorita? Esperamos que sigades a nosa conta e seleccionedes “Gústame” ás mellores fotografías.

Facede clic na imaxe e accederedes. 

Distribuir contido