Iniciar sesión

Secretaría virtual

Calendario competencial 2023

Hoxe repartíronse no centro os calendarios competenciais deste ano 2023. Foron creados pola Deputación de Pontevedra e inclúen propostas de aprendizaxe e actividades (buscas do tesouro, cine en familia, lecturas recomendadas, educación ambiental, pautas de respiración...).

Por se é do voso interese, no arquivo adxunto o tedes en pdf.

Agradecemos á Deputación de Pontevedra este interesante agasallo.

A maxia no ROU

Para despedirnos dun xeito divertido, o último día de clase tivemos o pracer de contar no noso centro co mago Xulio Merino, unha das grandes promesas da maxia nacional. Gañou o prestixioso "Premio Ascanio de maxia de cerca" e apareceu en programas de televisión como o programa estadounidense “Fool Us” ou o programa "El Hormiguero" de Antena3.

O noso alumnado participou realizando un truco de maxia matemática e formando parte do espectáculo.


Servizo Integral de Reparación Ordenadores Edixgal

Por se é do voso interese, no arquivo adxunto tedes información sobre as características e cobertura do Servicio Integral de Reparación dos equipos Edixgal

O Nadal do noso centro no Faro de Vigo

Aquí tedes unha noticia que se publica hoxe no Faro de Vigo respecto a como pode utilizarse o Nadal para traballar nos departamentos de Matemáticas, Educación Plástica e Tecnoloxía.

Proclamación membros Consello Escolar

No arquivo adxunto indícase a composición do Consello Escolar do noso centro.

Participación torneo pimpón

Aqui tedes algunhas fotos do alumnado do noso centro que participou na "I Xornada Vigo Tenis de Mesa", organizada polo clube Illas Cíes e o Concello de Vigo, que se celebrou este domingo no pavillón de Quirós, en Sárdoma.

Están: Iván Lago, Kevin Tombo, Hugo Bértolo, Pablo Estévez, Marcos Bértolo, Gabriel Fernández, Evan Machado y Lucas Machado.

Como sabedes, o noso centro ten unha actividade de pimpón organizada pola ANPA, da que forman parte moitos dos participantes neste Torneo.

Premios concurso de fotografía pola igualdade

Hoxe foi a recollida de premios do I Concurso de Fotografía e Frase Curta pola Igualdade, promovido pola ANPA do noso centro en colaboración co Centro Comercial Travesía á que aistiu o alcalde de Vigo D. Abel Caballero e a concelleira Dna. Nuria Rodríguez (tedes una reseña no xornal do Concello de Vigo).

Se facedes clic na fotografía cos finalistas accederedes a un pequeno resumo do que foi este acto.

O ROU contra a violencia machista

Hoxe, 25 de novembro, conmemórase o día mundial contra a violencia de xénero. Dende o IES ROU de Vigo rexeitamos calquera tipo de violencia pero hoxe, especialmente, a violencia machista. Velaí algúns dos carteis elaborados polo alumnado de Proxecto Competencial de 3º ESO.

   

Publicación candidaturas Consello Escolar

Logo da segunda reunión da Xunta Electoral, celebrada no IES ROU o día 21 de novembro ás 18,15 e non habendo reclamacións aos censos electorais expostos no vestíbulo do centro, procédese á publicación das candidaturas presentadas no prazo establecido para a renovación parcial dos membros integrantes do Consello Escolar do Centro:

POLO PROFESORADO:

  • Mª DEL CARMEN FERREIRO SALGADO
  • RUBÉN BORRAJO SANTOS
  • JOSÉ EMILIO GOMEZ FERNÁNDEZ

POLOS PAIS / NAIS / TITORES LEGAIS:

  • M.ª JESÚS MONTENEGRO GUERRERO
  • ELENA DEL RÍO EMPARANZA
  • ROSA M.ª GONZÁLEZ CARBALLÁS

POLO P.A.S.:

  • ROSARIO DOLORES ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

POLO ALUMNADO:

  • ANTÓN ÁLVAREZ RODRÍGUEZ
  • NICOLÁS CASTRO GONZÁLEZ

Magosto 22

Aquí tedes un vídeo, feito por Xulio Banga, que mostra o ben que o pasamos no magosto deste ano. 

Distribuir contido