Skip to Content

Secretaría

AVISO: SOBRE LIBROS DE FRANCÉS (1º e 4º)

Comunícase que o libro da materia de Francés de 4º que está incluído no Fondo de libros é o libro de texto, e non o caderno de exercicios.

 

Por outra parte, o alumnado de 1º ESO non debe adquirir para esta materia o libro Gramaire en jeux. como incorrectamente figuraba na listaxe de libros.

SETEMBRO.PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019

 

O alumnado que disfrutou do Fondolibros DEBERÁ DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO ANTES DO 10 DE SETEMBRO en conxersería para poder ter dereito no curso próximo .

PRAZO DE MATRÍCULA

 

Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Xoves 6 e venres,7 de setembro.

Alumnado de 4º e 1º Bacharelato: Luns, dïa 10 de setembro

 

HORARIO: de 10.00 a 13.00 h

INSTRUCIÓNS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019

PRAZO DE MATRÍCULA:

O alumnado admitido para o vindeiro curso 2018/2019 que aprobaran o curso na convocatoria de xuño deberá formaliza-la matrícula do 25 de xuño ó 10 de xullo.

Para axilizar o trámite e evitar esperas as datas preferentes de matrícula segundo os cursos serán en horario de 10:00 h a 13:00 h de acordo á seguinte distribución:

1º ESO: 25, 26 e 27 de xuño.

2º ESO : 28 e 29 xuño

3º ESO: 2 e 3 xullo

4º ESO/ 1º BAC : 4, 5 e 6 xullo

 

Véxase máis información aquí (sobre documentación necesaria e outros)

AVISO IMPORTANTE: ENTREGA DE ORLAS DE 4º ESO

Lembramos que o acto de entrega de orlas  ao alumnado de 4º da ESO é de carácter interno polo que, por falta de aforo, non se permite a asistencia de familiares.

 

Admisión alumnado para o curso 2018-2019 procedente dos centros adscritos

Debido a que a demanda de prazas é superior á oferta, alumnado de 6º procedente do CEIP Sofía Casanova e o CEIP Dïaz Pardo interesado en cursar a ESO no IES Rego de Trabe, deberá presentar unha solicitude de reserva de praza acompañada de toda a documentación necesaria para ser baremada.

 

Prazo : do 1 ao 20 marzo 2018

Lugar de presentación: no colexio adscrito ou na Administración do IES Rego de Trabe.

Modelo de impreso:  pódese imprimir ou descargar: aquí

Sesións informativas sobre o TEI a familias do alumnado de 1º, 3º e 4º

Convócase aos familares de alumnado de 1º, 3º e 4º á sesión informativa que tratará de explicar en que consite o TEI (Titoría entre iguais), programa de prevención de acoso escolar que se esta a implantar no centro.

Día: Luns, 15 xaneiro

Lugar da reunión: salón de actos do instituto.

Horario:

- Familiares de alumnado de 1º: de 18.15 a 19.15.

- Familiares de alumnado de 3º e 4º: de 19:30 a 20:30.

O centro comeza a aplicar o programa TEI (Titoría entre iguais)

Dende o curso 2017/18 estamos a poñer en práctica no noso centro o TEI (Titoría entre iguais) , un Prográma de prevención do acoso escolar, do que é autor Andrés González Bellido, mestre, orientador educativo, licenciado en Psicoloxía -especialidade clínica e educativa- e catedrático en orientación educativae, afincado en Barcelona.

Poden consultar información sobre o programa no seguinte enlace 

O logotipo identificativo do TEI figura na columna da dereita da nosa páxina web, porque desde agora o IES Rego de Trabe é un centro TEI.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar activamente nesta iniciativa!

Distribuir contido


by Dr. Radut