Skip to Content

CUALIFICACIÓNS DA SEGUNDA AVALIACIÓN

En cumprimento das instrucións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, debemos pechar a segunda avaliación con data límite de 3 de abril. Só serán avaliadas as actividades realizadas antes cancelación das clases presenciais é dicir, ata o 13 de marzo incluído.

O profesorado do IES Rego de Trabe informa de que as cualificacións resultantes- se ben reflexan a evolución do alumnado ao longo do período considerado- poderían ser diferentes ás que resultasen de facer a avaliación en condicións normais.

Lembramos que as cualificacións da segunda avaliación son de carácer meramente informativo. Unicamente a avaliación de xuño e a de setembro teñen incidencia no expediente académico.

As cualificacións serán recibidas polas familias por medio da aplicación gratuita AbalarMobil a partir do venres día 3 de abril ás 17.00 h.

Teñen á súa disposición instrucións para instalar esa aplicación, neste mesmo sitio web.

No caso de que non reciban as notas, deben solicitalas a través do correo electrónico ies.regodetrabe@edu.xunta.es, facendo constar unha dirección de email de contacto onde lles serán enviadas.

 



page | by Dr. Radut