Skip to Content

novas

CINE QUE METE MEDO - SAMAIN 2023

DÍA DA POESÍA - CONCERTO DE O RABELO - GALLETÓN (VERSOS EN GALLETA)

Este pasado 21 de Marzo celebramos o día da poesía cun artistazo, "O Rabelo" que repartiu, regueifa, tecno, regueatón, jotas e muiñeiras nun dsepregue punk-tradicional de inmensa personalidade sempre a favor da riqureza e o entendemento na diversidade. É o primeira actuación do Proxecto: MÚSICA EN MUXICAS orquestado polo Departamento de Dinamización Lingüística. Por outra banda; da man de Verónica Otero Domínguez, profesora de Bioloxía, creamos os "Galletóns" (versos en galleta) que recitamos no e papamos no recreo. Versos escollidos de Xela Arias e Olga Novo. Deixámosvos unhas imaxes e uns videos dos eventos, así como tamén a interesantísima entrevista co Rabelo.

 ENTREVISTA Ó RABELO (ACCESO)

PROGRAMACIÓN DE ACTOS DO 8M

Presentámosvos o cartaz dos actos de celebración do 8M no  IES Ramón Caamaño. Unha programación chea de actividades para conmemorar un día tan importante; o "día da muller". Día de confraternización entre alumnado e profesorado, educativo e formativo sobre a posición da muller no social facendo fincapé na visibilidade de moitas que foron e son "invisibles", as veces, as máis cercanas a nós.

MÚSICA EN MUXICAS - PROGRAMACIÓN MUSICAL TRANSVERSAL

M Ú S I A   E N   M U X I C S

Desde o IES Ramón Caamaño estamos moi ilusionadas coa proposta que veñen de artellar o EDLG, a Biblioteca, AACCEE e os Departamentos de Lingua e Música Intitulada "MÚSICA EN MUXICAS".

Con esta iniciativa, alén de dinamizar a lingua galega, pretendemos amosar desde diferentes perspectivas múltiples valores vehiculados arredor da música, e sempre ligados estes concertos a diferentes conmemoracións: o Día da Poesía, o Día da Saúde Mental, O Día da Arte e o Día das Letras Galegas.

Moi agradecidas ao colectivo de artistas co que contaremos e do que dá boa conta o cartaz!!! Saúde, Lingua e Música!!!

 

CHARLA "AESLEME" (ASOCIACIÓN PARA O ESTUDO DA LESIÓN MEDULAR ESPINAL).PREVENCIÓN

Hoxe contamos no centro cunha interesantísima charla, para o noso alumnado de 3º e 4º da ESO, impartida por Daniel Prada, membro da Asociación "AESLEME" (Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal), para a prevención das lesións nos accidentes de tráfico causados por diversos factores. Explicación pormenorizada e cercana, directa, respondendo as dúbidas e cuestións do noso alumnado.

Unha vez rematadas as charlas tivo a ben ser entrevistado por Dario Canosa Barrientos alumno de 1º a ESO na Radio Buserana.

LINK Á ENTREVISTA

 

Entrevista 2_ Grupo "Vicus Teatro"

Entrevista en Radio Buserana a "Vicus Teatro" por parte dunha alumna de 3º de ESO.

 

Radio 1_ Entrevista sobre o barco afundido HSM CAPTAIN

Entrevista en Radio Buserana a unha productora audiovisual que está a facer unha reportaxe sobre os naufraxios na Costa da Morte.

RADIO BUSERANA - AVANCE

Fermosísimo video-avance realizado por Cristina Negreira Barcia da posta en marcha da RADIO BUSERANA para o disfrute e formación do noso alumnado e profesorado. Unha maravilla voltar a contar con este medio logo de tantos anos. Gracias a Cristina Negreira, o Equipo de Normalización Lingüística e o Equipo Directivo por facelo posible. Avante Radio Buserana!!!



Distribuir contido


by Dr. Radut