Skip to Content

 

Fai uns días coñecemos a noticia de que Samuel, alumno do IES Ramón Caamaño, foi elexido para poder formarse e entrenar na disciplina de Taekwondo no "Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra". É unha formación de alto rendemento deportivo. Sentímonos orgullosos, porque sempre fomos conscientes das súas capacidades, destrezas e afán de superación e apenados porque isto supón que deixará os estudos no noso instituto para continuar con eles no IES Sanchez Cantón de Pontevedra.

Parabéns Samuel!!!

Link á noticia en "Quepasanacosta"

 

 


LISTAXE DEFINITIVA LIBROS CURSO 2018-2019 (PREME AQUÍ)

Listaxe definittiva dos libros que se empregarán durante este curso nos diferentes niveis e grupos do IES Ramón Caamaño. Pódese aceder tamén a esta listaxe desde o apartado de "Secretaría"-"Listaxe Libros Curso".

 


O venres pasado tivemos a sorte de contar coa presenza no noso centro da xornalista e presentadora do Telexornal Serán da TVG Irene Lourido. Veu a impartir un obradoiro co alumnado de 1º da ESO enmarcado dentro dun proxecto denominado "O GALEGO A MIÑA LINGUA PROPIA" (promovido pola Deputación da Coruña) no que diferentes artistas e profesionais da comunicación, da fala e da escrita en galego amosan  e explican a importancia do emprego do idioma no día a día do seu traballo. Tamén todo aquelo que permite unha boa comunicación: Vocalización, lexibilidade, vocabulario...Levou a cabo unha dinámica moi divertida na que os rapazes e rapazas se converteron por uns intres en presentadores de diferentes seccións dun telexornal.

Un auténtico pracer. Esperamos que volvas!!!

 

 

 

 

 

 

 


INFORMACIÓN IMPORTANTE SETEMBRO 2018

 

1. ENTREGA DE NOTAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO CURSO 2017-2018

  • DATA: 6 DE SETEMBRO DE 2018
  • HORARIO: 11:00 HORAS
  • IMPORTANTE: NON HABERÁ SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR

2. MATRÍCULA CURSO 2018-2019 ALUMNADO SETEMBRO

  • PRAZO: DO 6 AO 11 DE SETEMBRO DE 2018
  • HORARIO: DE 9:30 A 13:30 HORAS
  • IMPORTANTE: O LUNS 10 DE SETEMBRO É FESTIVO LOCAL E O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO.
  • SOBRES DE MATRÍCULA PARA PODER TRAER CUBERTOS DE CASA: PREMA AQUÍ

3. INICIO CURSO ESCOLAR 2018-2019

  • O CURSO COMEZARÁ O LUNS DÍA 17 DE SETEMBRO DE 2018 COA PRESENTACIÓN DE PROFESORADO E TITORES NO SALÓN DE ACTOS E NAS AULAS.
  • HORARIO: DE 11:00 A 13:00 HORAS
  • IMPORTANTE: O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR FUNCIONARÁ. O HORARIO DE ESPERA NAS PARADAS SERÁ SIMILAR AO DO RESTO DO CURSO, TENDO EN CONTA QUE ESTE PRIMEIRO DÍA A ENTRADA E SAÍDA SERÁN EN HORARIO ESPECIAL.
  • COMEZO DAS CLASES EN HORARIO HABITUAL O MARTES 18 DE SETEMBRO DE 2018 (8:30-14:10/16:20-18:00).

4. LIBROS DE TEXTO 2018-2019

  • OS LIBROS DE TEXTO ASIGNADOS A CADA ALUMNO A TRAVÉS DO FONDO SOLIDARIO COMEZARÁN A REPARTIRSE DURANTE OS PRIMEIROS DÍAS DE INICIO DO CURSO.

5. CHEQUES MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

  • ALUMNADO QUE APROBOU EN XUÑO: PODEN RECOLLER O CHEQUE DE 50 EUROS PARA MATERIAL ESCOLAR EN SECRETARÍA ATA O DÍA 14 DE SETEMBRO.
  • ALUMNADO DE SETEMBRO: PODEN RECOLLER O CHEQUE DE 50 EUROS PARA MATERIAL ESCOLAR ENTRE OS DÍAS 12 E 14 DE SETEMBRO. IMPORTANTE: NON SE ENTREGARÁN CHEQUES FÓRA DE PRAZO.

 

 


LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS NA AXUDA DE LIBROS E

MATERIAL ESCOLAR

IES RAMÓN CAAMAÑO CURSO 2018-2019

 

A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NA AXUDA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR ESTARÁ EXPOSTA

NO TABOLEIRO DA CONSERXERÍA DURANTE O MES DE XULLO E COLGADA NESTE POST

 

 

Acceda ás listaxes:

- LISTAXE DE ADMITIDOS/AS NA AXUDA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS 2018-2019: LIGAZÓN

- LISTAXE DE CHEQUES PARA MATERIAL ESCOLAR 2018-2019 CONCEDIDOS: LIGAZÓN

- LISTAXE DE CHEQUES PARA MATERIAL ESCOLAR 2018-2019 EXCLUIDOS: LIGAZÓN

 

 

ÁBRESE UN PRAZO DE RECLAMACIÓNS PARA CORRIXIR POSIBLES ERROS QUE REMATA O

MÉRCORES 18 DE XULLO

 

AS LISTAXES DEFINITIVAS DE AXUDAS PUBLICARANSE O 14 DE SETEMBRO DE 2018

 

O REPARTO DE LIBROS REALIZARASE UNHA VEZ COMEZADO O CURSO ESCOLAR

 

TODO O ALUMNADO DE 1º ESO E O ALUMNADO DE 2º,3º E 4º ESO QUE APROBOU TÓDALAS MATERIAS

EN XUÑO, PODERÁ RECOLLER NAS OFICINAS DO INSTITUTO O CHEQUE DE 50 EUROS PARA MATERIAL

ESCOLAR ENTRE OS DÍAS 19 E 31 DE XULLO, EN HORARIO DE 9:30 A 13:30.

 

PARA RESOLVER CALQUERA DÚBIDA PODEN CHAMAR AO CENTRO AO TFN: 881880775 OU ENVIAR UNHA

MENSAXE Á DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO ies.ramon.caamano@edu.xunta.es

 

 

 


HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO VERÁN / CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

LISTADO DE LIBROS PARA CURSO 2018-2019

Calendario descarga en Pdf

 

Horario descarga en pdf

 

LISTADO LIBROS CURSO 2018-2019

Listado descarga en Pdf

 


AVISO IMPORTANTE SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR ZONA DE LOURIDO E ARREDORES

O venres 15 de xuño recibimos no instituto varias chamadas de pais/nais preocupados polo corte inminente da carreteira de Lourido, o que implicaría a modificación das condicións de transporte escolar do alumnado procedente desa zona.

Consultado ó Concello e falado co alcalde este nos transmitiu que a intención da empresa contratada pola Deputación da Coruña, e contando co permiso da mesma, era a de cortar xa este luns 18 de xuño a estrada.

Ó final e despois da negociación do Concello coa Deputación este corte se pospoñerá ata a finalización "total" deste curso académico incluido o día no que alumnado ven a recoller as notas (25 de xuño).

Así que NON SE PRODUCE O CORTE DA ESTRADA DE LOURIDO E O TRANSPORTE ESCOLAR FUNCIONARÁ CON NORMALIDADE.

 

 


OBRADOIRO DE ROBÓTICA "ESCORNABOT" CON MIGUEL GESTEIRO 06-06-2018

Onte tivemos a sorte de contar coa presenza de Miguel Gesteiro Rodríguez, enxeñeiro informático. O obradoiro encaixase nas actividades programadas polo departamento de Tecnoloxía a cargo de José Manuel Caamaño Lamela.

O obradoiro versou sobre a construción dun robot programable o "Escornabot". Miguel guiou os pasos do alumnado de 4º de tecnoloxía para a construción que o pasaron de medo vendo bailar as súas creacións.

Aproveitamos tamén o paso de Miguel para poñer en marcha a Impresora 3D que chegou o centro e que desfrutaremos máis en profundidade no próximo curso.

 

Enlace a todo o material e documentación do obradoiro:

https://escornabot.cc/info-taller/:

 


O PRESIDENTE E O SECRETARIO DA FUNDACIÓN GONZALO LÓPEZ ABENTE VISITAN O CENTRO PARA FACER UNHA DOAZÓN DE LIBROS A NOSA BIBLIOTECA 29-05-2018

Félix Porto Serantes e Xesús María Sambade Soneira, Presidente e Secretario da Fundación Gonzalo López Abente respectivamente, visitaron o noso centro para facer unha doazón a nosa biblioteca dunha serie de libros da produción literaria do importantísimo e recoñecido escritor muxián. Libros de Poesía, Narrativa e mesmo unidades didácticas para traballar a súa vida e obra e achegar a súa figura ós máis novos. Aproveitando o acto de entrega falaron co noso alumnado de 3º e 4º da ESO e nunha charla coloquial e amena esbozaron a grandes rasgos a vida e produción literaria do autor para que o alumnado se interese por unha figura próxima a eles tan importante. Moitísimas grazas.

 


ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018-2019

 

Desde o 21 de Maio está aberto o prazo para que as familias podan realizar a solicitude do Fondo Solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2018-2019.

A data límite de presentación de solicitudes é o 22 de Junio de 2018

Adxuntamos tres arquivos PDF onde está toda a información necesaria para realizar a solicitude:

 

- ORDE 09-05-2018 QUE REGULA A AXUDA FONDOLIBROS.pdfArquivo extenso coa Orde que regula a axuda.

- CIRCULAR INFORMATIVA FONDO LIBROS.pdfInformación breve e precisa dos requisitos e maneiras para presentar as solicitudes

- IMPRESOS FONDO LIBROS CURSO 2018-2019.pdfImpresos para realizar a solicitude de maneira presencial.

 


FAGAMOS DEPORTE EN GALEGO 16-05-2018

Hoxe imos celebrar unha xornada deportiva e de convivencia con centros da nosa comarca. IES Fin do Camiño, IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e o noso centro. Despois dun tempo preparándoa por fin a temos aquí. Tal como reflicte o lema  da xornada, esta tamén é unha celebración das Letras Galegas adicada este ano á figura de María Victoria Moreno Marqués.

Iremos colgando e refacendo esta entrada para contarvos algún aspecto da organización e tamén do desenvolvemento da xornada.


A xornada de Deporte en Galego que tivemos hoxe cos centros IES Agra de Raices, IES Fernando Blanco e IES Fin do Camiño, foi incrible. Tivemos un día espectacular no climatolóxico, inda que cun pouco de vento, e no deportivo e de convivencia incrible, foi un gusto ver tanto alumnado e tan diverso compartindo xogos, confidencias risas...Non houbo ningún altercado nin accidente que botase a parder a xornada. Era moi bonita a sensación xeralizada de que por riba da competitividade estaba o feito de pasalo ben e desfrutar.
Desde o centro fixemos unha camiseta conmemorativa do evento en varias cores que servían para distinguir os diferentes centros. Ós rapaces gustoulles moitísimo. Logo dos deportes no pabellón ó longo da mañá, desputouse a "Volta a Muxía", carreira na que participaron case 100 rapaces e rapazas dando a volta á península de Muxía. Regularon a proba a Policia Local, Protección Civil e tamén alumnado do noso centro que facía de "Guía" para orientar os participantes ó longo de todo o traxecto.
Unha vez rematou a carreira, cerca xa das 14:00 iniciamos a andaina ata a praia de Lourido onde comemos e logo os rapaces xogaron a diversos deportes, Boleivol, Rugby, Beisball, disco...e tamén os máis atrevidos se bañaron. En fín un día espectacular.
Ás 17:30 iniciamos á volta ó centro e ás 18:00 tivo lugar no pavellón a entrega de premios e despedida.
Ás 18:45 o alumnado dos diferentes centros iniciaron o regreso ás súas casas.

RESULTADOS COMPETICIÓN 16 MAIO
FAGAMOS DEPORTE EN GALEGO

1. FÚTBOL

• 1º CLASIFICADO: IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA)
• 2º CLASIFICADO: IES FIN DO CAMIÑO (FISTERRA)

2. BALONCESTO

• 1º CLASIFICADO: IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA)
• 2º CLASIFICADO: IES AGRA DE RAÍCES (CEE)

3. VOLEIBOL

• 1º CLASIFICADO: IES FERNANDO BLANCO (CEE)
• 2º CLASIFICADO: IES AGRA DE RAÍCES (CEE)

4. BADMINTON MASCULINO

• 1º CLASIFICADO: JOSÉ ANTONIO RAMOS (IES AGRA DE RAÍCES)
• 2º CLASIFICADO: DARÍO CASTIÑEIRA (IES RAMÓN CAAMAÑO)

5. BADMINTON FEMININO

• 1ª CLASIFICADA: SHEILA GARCÍA (IES RAMÓN CAAMAÑO)
• 2ª CLASIFICADA: NAIRA PUENTE (AGRA DE RAÍCES)

6. PIN PON MASCULINO

• 1º CLASIFICADO: FABIÁN GARCÍA (IES RAMÓN CAAMAÑO)
• 2º CLASIFICADO: DAVID LOJO (IES FERNANDO BLANCO)
7. PIN PON FEMININO

• 1ª CLASIFICADA: ALEJANDRA ROMANÍ (IES RAMÓN CAAMAÑO)
• 2ª CLASIFICADA: MINERVA LAGO (IES AGRA DE RAÍCES)

8. CARREIRA

• 1º CLASIFICADO MASCULINO: ALEJANDRO DÍAZ (IES AGRA DE RAÍCES)
• 2º CLASIFICADO MASCULINO: ALEXANDRE TRILLO (IES AGRA DE
RAÍCES)
• 3º CLASIFICADO MASCULINO: IKER MANUEL TRABA (IES FIN DO
CAMIÑO)

• 1ª CLASIFICADA FEMININA: ELIA LEMA (IES AGRA DE RAÍCES)
• 2ª CLASIFICADA FEMININA: ANA OCA (IES FERNANDO BLANCO)
• 3ª CLASIFICADA FEMININA: MINERVA LAGO (IES AGRA DE RAÍCES)

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

 

 


EXCURSIÓN Ó MUSEO ARQUEOLÓXICO DO CASTELO DE SAN ANTÓN 12-04-2018

O día 12 de abril os alumnos de 3º e 4º da ESO estiveron de excursión na Coruña. A choiva non permitiu ir á Torre de Hércules, pero xunto cos profesores de Latín, Cultura Clásica e Ciencias Sociais fixeron unha estupenda visita guiada ao museo arqueolóxico do castelo de San antón, onde puideron contemplar pezas de diversas épocas relacionadas coa cultura galega.

 

 




by Dr. Radut