Skip to Content

 

     O día 24 de febreiro é o día dedicado a Rosalía de Castro, por iso o EDLG, o Departamento de Lingua Galega e a Biblioteca convocan un concurso de vídeo e recitado de poemas co que conmemorar esta data.

 

BASES

- Os alumnos participantes deberán gravarse recitando ou interpretando artisticamente un poema da autora homenaxeada, Rosalía de Castro. [No documento adxunto que aparece ao final podes ver unha recompilación de poemas. Preme no título deste artigo para poder acceder a el]

- Os videopoemas presentaranse en formato MP4 e non poderán superar os 3 minutos, incluídos créditos se os houber.

- As obras deberán ser orixinais e inéditas. En caso de usar música, textos ou imaxes alleas, deberán ser materiais libres de dereitos de autor.

 

ENTREGA DOS VÍDEOS

- A entrega realizarase por e-mail á seguinte dirección:

ies.ramon.caamano@edu.xunta.es

(AVISO: No caso dos alumnos menores de 14 anos, serán os pais ou titores legais os que envíen o e-mail).

- No asunto do correo deberá figurar a referencia “Concurso Videopoemas Rosalía” e no corpo, os datos do concursante (nome, apelidos e grupo).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

- Ata o venres 15 de febreiro de 2019.

- O nome dos gañadores farase público o venres 22 de febreiro de 2019.

 

PREMIOS

PRIMEIRO PREMIO: Obsequio por valor de 10 euros.

SEGUNDO PREMIO: Obsequio por valor de 7 euros. 

TERCEIRO PREMIO: Vale-desconto para a cafetería de 5 euros.

 


Un novo ano, a Biblioteca, o Departamento de Lingua Galega e o EDLG organizan un concurso de cartas  de amor con motivo de San Valentín!

Haberá dúas categorías:

CATEGORÍA A: 1º e 2º de ESO.

 CATEGORÍA B: 3º e 4º de ESO.

 

BASES:

- Escribe unha carta de amor (tamén pode ser de desamor!), ORIXINAL e INÉDITA.

- O texto deberá estar escrito en LINGUA GALEGA e  ser respectuoso no seu contido e na súa presentación.

- Non se admitirán os textos con erros ortográficos.

- Poderase escribir a carta á man (con boa caligrafía) ou ben empregar un procesador de textos.

- IMPORTANTE!!! O nome do autor non poderá aparecer no texto, empregarase no seu lugar un pseudónimo para asinalo. Os datos básicos do participante (nome, curso e pseudónimo empregado) irán nun sobre pequeno e pechado que se introducirá xunto coa carta nun sobre máis grande. No exterior deste sobre grande só deberá aparecer escrita a categoría pola que se presenta.

 

PRESENTACIÓN:

- Prazo límite de entrega: 8 DE FEBREIRO.

- Lugar: A Biblioteca (serán depositadas na caixa destinada a concursos).

 

PREMIOS:

CATEGORÍA A

1º premio: obsequio por valor de 8 euros.

2º premio: vale de 4 euros para a cafetaría.

 

CATEGORÍA B

1º premio: obsequio por valor de 8 euros.

2º premio: vale de 4 euros para a cafetaría.

 


Desde o IES RAMÓN CAAMAÑO vos desexamos a tod@s un Bo Nadal 2018.

 

 

 


Hoxe concentrámonos diante do Instituto alumnado, profesorado, persoal de administración e servizos, cafetería, para amosar a nosa repulsa por un novo asasinato machista,  neste caso o asasinato cruel e deleznable dunha compañeira docente, Laura Luelmo. Gardamos un minuto de silencio e o final rompemos a aplaudir. Decimos BASTA XA! unha vez máis. Cremos na educación firmemente como ferramenta para o cambio de mentalidade e de formación dunha sociedade mais tolerante, empática e respetuosa. A convocatoria foi realizada e secundada polo profesorado galego nos diferentes centros educativos do país.

 

 

 


O pasado Mércores 28 de Novembro realizamos unha visita co alumnado de 4º da ESO a un campeonato-exhibición-mostra de diversas ramas da formación profesional, evento amparado baixo a denominación Galicia Skills. O alumnado da FP competía cada un na súa rama na fase autonómica para poder competir logo na fase estatal e mundial. Pareceunos unha boa oportunidade para que o noso alumnado de 4º da ESO percibira as posibilidades que ofrecen os novos ciclos formativos de cara a saidas profesionais. Desde o traballo que pode desenvolver un xefe de sala ou un reposteiro ata un deseñador de xardíns, un piloto de drons, unha perruqueira, un técnico sanitario, técnicos de mecanizado e frio e tamén ebanistas, técnicos electrónicos deseñadores etc...

Practicamos no simulador de drons, cortamos o pelo e mesmo deseñamos camisetas... Unha saída ben interesante...

 

 

 


Aquí podedes ver algunhas das imaxes que quedan do día das votacións para a elección de representantes do Consello Escolar. Coma no post aberto na pestana de "Secretaría"-"Eleccións Consello Escolar", agradecer a participación de todos e todas, dos votantes pero sobre todo das candidatas con valentía deron un paso adiante para representar os intereses do seu colectivo e facer así un Consello Escolar máis sólido participativo e democrático.

Agradecer tamén á Xunta Electoral e as Mesas Electorais polo seu tempo invertido, pola súa implicación e por facilitar a laboura.

Grazas!!!


Concentrámonos o venres 23 de novembro ás 12:00 da mañá todo o alumnado do centro, profesorado e personal da cafetería, Alcalde de Muxía, concelleiros e persoal administrativo, policía Local, Servicio de Información á Muller e veciños de Muxía diante do concello para unir as nosas voces ó rexeitamento da violencia que ano tras ano acaba de forma miserable coa vida de centos de mulleres no noso pais. Xuntámonos para rexeitar a violencia de xénero coa nosa voz e a nosa palabra.

 

Textos seleccionados e frases propias de alumnado de 1º e 4º ESO lidos na concentración:

Imos ler uns versos escritos por unha das poetas máis lidas hoxe en día pola mocidade, a señorita Bebi. Vai dirixido a todos aqueles homes que non respectan ás mulleres. O título: ''A aquel que se atreva''.

Tú no te mereces a una mujer.
No te mereces una mirada divina cargada de amor,
ni una caricia delicada colmada de cariño,
ni una mano buscando la tuya en un arrebato de sentimiento,
ni un cuerpo buscando tu abrazo en un momento de desesperación,
Tú no te mereces a una mujer.
[...]
Porque para merecer a una mujer,
para disfrutar de su ternura,
su bravura,
su valentía,
su cuerpo,
su alma,
y su mente,
para merO noso alumnado de 1º e 4º da ESO leron textos seleccionados e frases propias paraecer que una sola de ellas decida
compartir su bella libertad con aquel que ame lo que es,
hace falta,
como mínimo y heterosexual presupuesto
ser un hombre.''

-Sr. Bebi (2017) Amor y Asco 4ª Edición.


Estes versos pertencen a unha canción titulada "Eva", do coñecido rapeiro español Arkano:

Que alguien me explique por qué mi tía Carmen,
en cada reunión del cole, solo se encuentra con madres.
Por qué para acceder a una trabajo, a mi amiga Ana
le preguntaron si quería quedarse embarazada.
Pido perdón en nombre de todos los hombres.
Ojalá algún día no tenga que escribir de esto.
Sueño con que vuestra revolución se convierta en orden,
luchad hasta entonces, fin de mi manifiesto.

Algunhas frases escritas polo alumnado de 4º ESO:

- Amar e respetar.
- Non ao maltrato.
- Que o único control que teñas sexa o propio.
- Teño “pelazo” pero ademáis un “cerebro” debaixo.
- Son muller, non pertenzo a ninguén!
- Amor non significa violencia.
- Amor non significa propiedade.
- Violencia non significa poder.
- A violencia é de cobardes.
- Por unha vida sen golpes, sen desprezos, sen humillacións.
- Non é non!
- Debería poder andar libremente sen ter que asustarme.


Parecía que a choiva e a borraxeira non tiñan final. Despois de aprazar o Magosto que tiñamos preparado para celebrar o 9 de Novembro pouco a pouco foi amainando e os grises ameazantes foron estabilizándose dando paso a algunha raiola de sol que permitiu desfrutar con naturalidade o magosto. Botamos de menos a Maica que durante esa semana estivo enferma e non pudo asistir e coordinar as actividades. A pesar de todo coido que a cousa saiu ben. Xogamos, rimos, cantamos, competimos, enzoufámonos de chocolate e papamos chourizos e castañas...que máis se pode pedir!!!

Previo o Magosto desfrutamos das lecturas de medo e terror na Biblioteca do Centro con Fe de Anfitriona e organizadora para festexar  o Samaín, e con ela tamén e co Departamento de Artes Plásticas levouse a cabo o concurso de aboboras que tivo en IRIA BARRIENTOS PÉREZ o seu 1º premio e en GISELA RIVEIRO CAAMAÑO o seu 2º Premio. Noraboa a todas as participantes!!!

 

Foto das gañadoras e partcipantes no concurso de aboboras.

 


 

Este mes de novembro está posto en marcha o procedemento para a elección de representantes ó Consello Escolar do noso instituto.

O Consello Escolar é o Órgano Máximo e fundamental dunha Comunidade Escolar, del dependen a aprobación de moitos proxectos, actividades, dinámicas e obxectivos e o mesmo tempo é o lugar de "encontro" de tódolos sectores que formamos parte da mesma.

Por todo isto convidamos a pais/nais/responsables, alumnado e profesorado a presentarvos como candidatos/as nestas eleccións, tan só tedes que cubrir unha folla na Secretaría do Instituto.

 

Sinalamos as datas fundamentais dos diferentes procedementos e máis abaixo neste post aparecerá colgada o resto das convocatorias e outra documentación

Exposición Censos Electorais (para comprobar se hai algún erro): do 7 ó 16 de novembro

Prazo para presentar candidaturas:                                                  do 8 ó 16 de novembro

Data día da Elección e horario de votacións: 27 de novembro

                                                             Votación Pais/Nais/Responsables:  das 18:00 ás 21:00 h

                                                             Votación Alumnado:                     das 10:30 ás 12:30 h

 

 

CONVOCATORIA ELECCIÓNS REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS RESPONSABLES Ó CONSELLO ESCOLAR (pdf)

CONVOCATORIA ELECCIÓNS REPRESENTANTES DE ALUMNADO  Ó CONSELLO ESCOLAR (pdf)

CONVOCATORIA ELECCIÓNS REPRESENTANTES DE  PROFESORADO Ó CONSELLO ESCOLAR (pdf)

 

PAPELETA DE CANDIDATURAS (pdf) Entregar "presencialmente" na Secretaría do Instituto.

 

Composición dos membros da Xunta Electoral (pdf) (Elexidos por Sorteo Público dos diferentes sectores convocados)

 CANDITATOS REPRESENTANTES DO ALUMNADO Ó CONSELLO ESCOLAR (pdf)

 

CANDITATOS REPRESENTANTES DOS PAIS/NAIS/TITORES/AS LEGAIS Ó CONSELLO ESCOLAR  (pdf)

CANDITATOS REPRESENTANTES DO PROFESORADO Ó CONSELLO ESCOLAR (pdf)

 

 INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE O PROCEDEMENTO DE VOTACIÓN NO SECTOR DE PAIS/NAIS/TITORES/AS LEGAIS:

II CIRCULAR INFORMATIVA PAIS/NAIS/TITORES/AS LEGAIS (pdf)

 

 CANDIDATOS PROCLAMADOS (pdf)

É unha alegría poder anunciar os candidatos proclamados tralas eleccións de representantes ó Consello Escolar nos diversos sectores logo das votacións do pasado 27 de Novembro no IES Ramón Caamaño.

Agradecer a participación nas votacións e especialmente ós candidatos/as que decidiron dar un paso adiante e axudar así a crear un Consello Escolar máis sólido, representativo e democrático.

Grazas ós membros da Xunta Electoral e ós das Mesas Electorais polo seu tempo e implicación e por facilitar e facer máis levadeira a laboura de organización e desenvolvemento do proceso electoral.

 Nestas Eleccións acadouse a plena representación nos diferentes sectores. GRAZAS!!!

 

CANDIDATOS PROCLAMADOS

 

SECTORES

a.) PROFESORADO

Patricia Romero Rey

María del Carmen Gesteiro Rodríguez

b.) PAIS/NAIS TITORES/AS LEGAIS

María Luisa Gerpe García

c.) ALUMNADO

Lucía Pazos Trillo

d.) REPRESENTANTE DO CONCELLO

Mónica Vilela Vilela

  


O día 25 de outubro os alumnos de 1º e 2º de ESO fixeron unha visita a Moraime para coñecer de primeira man os traballos que está a realizar un equipo de arqueólogos nos arredores da igrexa de San Xiao. Alí puidemos ver restos de enterramentos xermánicos, parte dun muro pertencente a unha vila romana e unha fonte de tubería empedrada á que se lle atribúe tamén unha orixe romana. 

 

 

 


 

EDUCAR A TRAVÉS DAS ARTES MARCIAIS

 

08/10-10-2018

 

 

O Departamento de Educación Física do IES Ramón Caamaño invitou a dous especialistas no arte da Capoeira, arte marcial afro-brasileira que combina danza, música e acrobacias) e do Jiu Jitsu, arte marcial de orixe xaponés que utiliza técnicas de loita corpo a corpo sen armas.

Fabio (Profesor Mancha) e David Louzán presentaron a rapaces de 2º e 3º de ESO os conceptos básicos e a filosofía das dúas disciplinas, baseados na defensa persoal e no respecto.

A actividade tivo moi boa acollida entre o alumnado, que disfrutou dunha experiencia novedosa e apta para todas as idades e condicións físicas.

Deixamos unha selección de imaxes e un pequeno vídeo que amosan momentos da sesión.

 

 

 


A semana pasada tivemos a sorte de poder asistir a unha charla moi interesante e entretida sobre saúde, hábitos saudables, exercicio físico e deporte a cargo de Teresa Castro, médico e atleta de alta competición, noiesa de nacemento e vimiancesa de adopción. O título: “ Porqué debemos facer exercicio se non me apetece? “.
Na charla ensinounos a importante diferencia entre “actividade física”, ”exercicio físico” e ”deporte”.
Incidiu sobremaneira nos nosos alumnos recalcando a importancia de facer exercicio físico de maneira regular, alimentarse adecuadamente e dormir o tempo que é preciso para mellorar a calidade de vida e prever futuras enfermidades ligadas ó sedentarismo e o nivel de consumo de alimentos inadecuado e descontrolado.

A conferencia tivo lugar no Salón do voluntariado de Muxía e estiveron presentes ademáis de Teresa Castro, Santiago Toba, concelleiro de deportes de Muxía e Maica Gesteiro, profesora de Educación Física no IES Ramón Caamaño de Muxía.

 

 

 




by Dr. Radut