Skip to Content

Si, pasou o día e pasou a romería como dí o dito popular. Non fixeramos ningunha reseña da viaxe de fin de curso a Salou, e por que non? ahí van algunhas poucas imaxes de grupo.

Andivemos por Salou, Barcelona, Tarragona, coñecendo o seu patrimonio histórico (Sagrada Familia, Ramblas, Circo Romano e Anfiteatro, Paseo arqueolóxico, etc...), disfrutando das diversas panorámicas, percorrendo as rúas cheas de xente. Fixemos actividades multiaventura e fomos a Portaventura  a pasalo de medo nas súas atracións. Tamén tivemos tempo libre ó noso dispor para poder desfrutar da piscina do Hotel e coñecer un pouco os arredores.

 

 

 

 

 

 


II XORNADA DEPORTIVA INTERCENTROS COSTA DA MORTE

FAGAMOS DEPORTE EN IGUALDADE

ORGANIZA:

 

 

 

COLABORA:

 O vindeiro xoves 16 de Maio imos celebrar no IES Ramón Caamaño a "II Xornada Deportiva Costa da Morte" baixo o lema: "Fagamos Deporte en Igualdade", co que pretendemos a visibilización e maior participación feminina no mundo do deporte e, en concreto, do deporte escolar. Será unha xornada lúdico-deportiva e de convivencia na que participarán 300 rapaces de varios centros educativos da comarca: IES Fin do Camiño de Fisterra, IES Agra de Raíces de Cee, IES Fernando Blanco de Cee e IES Ramón Caamaño de Muxía.

O obxectivo que persegue esta II Xornada é a de retomar aquelas competicións deportivas e ligas intercentros que se celebraban na época da antiga EXB e consolidarse como un evento anual que sirva para poñer en común ós centros educativos da comarca , establecer pontes, crear lazos, recoñecerse na diversidade e poñer en práctica e dar valor a pequenos proxectos en común desde unha perspectiva lúdica e de convivencia. Outros obxectivos primordiais que persegue esta Xornada son fomentar hábitos de vida saudables a través do deporte e aprender a compartir o tempo de lecer de forma lúdica. Así mesmo, aproveitamos e aproveitámonos da data de celebración para reivindicar, dar valor e visibilizar o día das Letras Galegas, adicadas este ano a “Antón Fraguas Fraguas”.

09:00 a 13:30 horas: Recepción dos institutos e comezo das competicións deportivas no Pavillón Municipal e nas pistas deportivas do IES Ramón Caamaño

13:30 a 14:00 horas:  Volta a Muxía 2,5 K.

  • IES Ramón Caamaño e Rúa Castelao (Saída)
  • Rúa Manuel Lastres
  • Rúa Mariña
  • Rúa Virxe da Barca
  • Rúa Atalaia
  • Rúa Ramón Caamaño
  • Rúa Areal
  • Praza do Coído e Avda. Doctor Toba (Meta)

14:00 horas: Camiñada desde o centro e Xantar-Convivencia na Praia de Espiñeirido se o tempo o permite. Xogos populares e tradicionais na praia.

17:00 horas: Volta ó instituto. Entrega de premios. Despedida dos centros visitantes e regreso ós domicilios.

 


Onte, 3 de Maio, celebramos no noso centro a "RUTA DAS MUXICIENCIAS", unha feira-mostra multidisciplinar organizada polos departamentos do que hoxe en día chamamos ámbito STEM (Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía). Participaron ademáis dos 117 alumnos/as do noso centro (63 colaboradores directos na organización do evento), alumnado dos centros convidados: CEIP Virxe da Barca (1º e 2º de primaria: 21 nenos/as), CEIP Os Muiños (5º e 6º de primaria: 33 nenos/as) e CEIP Eduardo Noya (vilarmide) (3º,4º,5º,6º primaria: 21 nenos/as). Un total de 192 alumnos/as de 1º de primaria a 4º da ESO. Foi unha maravillosa xornada de convivencia, aprendizaxe, experimentación e xogo, alimentando a curiosidade e visibilizando o aprendido nas aulas así como sacándalle a punta a fenómenos e procesos que nos rodean. Parabéns á organización e grazas ós centros convidados por acudir a cita. Esperamos que este evento se consolide e que podamos conpartir con vos proxectos en conxunto no futuro.

 


O pasado 30 de abril, asistimos co alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO ó concerto didáctico "Orquesta de Malabares" e a exposición "Formas do Deseño. Galicia XXI", ambas no Auditorio de Galicia. A saída foi organizada polos departamentos de Música e de Artes Plásticas. No concerto poidemos disfrutar de composicións musicais recoñecibles interpretadas pola Banda de Musíca de Santiago acompañadas con coreografías, malabares e danza por profesionais do espectáculo. Todo con moitísimo sentido do humor, e do ritmo. Por outra banda na exposición sobre o deseño feito en galicia, por galegos, desde o ano 1970 do século pasado poidemos apreciar o gran talento de artístas e deseñadores que temos na nosa terra e o alumnado puido comprobar in situ todo o traballo e reflexión que hai detrás de cada produto que empregamos no cotiá; roupa, mobles, cartaces, envases, publicidade...unha mañá estupenda de gran aprendizaxe.

 

 


Hola a tod@s:

Desde o Concello de Muxía informannos de que se vai cortar ó tráfico a estrada local entre "Os Muiños" e "Merexo" polo período dun mes a partires do próximo luns 6 de Maio. Isto conleva que a ruta do transporte escolar se ve modificada neste tramo e para os lugares de Merexo, Leis, A O e Sendón, onde tamén temos alumnado. Falado a dirección deste centro coa empresa de transporte implicada temos acordado a organización da recollida e entrega do alumnado durante este período de tempo. Se hai algunha novidade ou notificación por parte do Concello serán avisadas as familias en tempo e forma. Tamén é importante que nos fagan saber se se produce algunha incidencia extraordinaria durante este período.

IMAXE DO TRAMO PRINCIPAL AFECTADO

 


Hoxe celebramos o sorteo da rifa do IES Ramón Caamaño para a Excursión de Fin de Curso do noso alumnado de 4º da ESO a Salou. Nuria Caamaño Alvite foi a "man inocente" encargada de premer co rato na aplicación online que extrae números aleatorios ó azar (http://www.generarnumerosaleatorios.com/). Comprobouse que o número que saiu foi vendido. O número gañador é o:

432

A partires do luns 8 de abril, o agraciado/a pode pasar a recoller a cesta en horario de mañá de 08:30 a 14:10 ou os martes pola tarde de 16:20 a 18:00. Lembrar que tedes 30 días para poder recollelo.

Para ver e dar testemuña de como foi o sorteo podedes ver un video do mesmo premendo no enlace situado máis abaixo. MOITA SORTE!!!

Esta información tamén está a vosa disposición no taboleiro exterior do instituto.

PREMA NA IMAXE PARA VER O VIDEO DO SORTEO

 


Avisáronos do Concello de que se van a levar a cabo unha serie de obras de parcheado do asfalto en varios tramos das rúas que rodean ó noso instituto. Isto conlevará o corte da rúa Manuel Lastres e da rúa Castelao en momentos alternos. Desde este  mércores estará cortada a rúa Manuel Lastres no inicio das casas de protección oficial por un período aproximado duns 9 días e logo a Rúa Castelao á altura do albergue  tamén por un período de 9 días.  Deberán deixarse libres os espacios de aparcamento cercanos á rotonda anexa ó instituto para que podan dar a volta o transporte escolar e os turismos que transiten polas inmediacións. Os autobuses terán que entrar os primeiros días pola parte de atrás (zona coido) e logo pola de adiante (zona Marina). Mentres duren as obras estará presente a policía local á hora da entrada e de saida do alumnado. Os pais e nais do alumnado e profesorado poderán aparcar nas inmediacións pero terán presente as limitacións que podan derivarse destes cortes.

En amarelo espazo de estacionamento a liberar e en vermello espazos dos posibles "cortes".


O 1 de Febreiro comezou o período de solicitude de praza para Bacharelato.

¿Cal é o procedemento para solitar praza?

  • Podes solicitar praza a través de internet na aplicación informática (www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou presentando a solicitude cumprimentada no propio centro educativo.
  • Como o noso centro educativo non está adscrito a outro, o alumnado debe solicitar praza no instituto elixido en primeira opción presentando o ANEXO II (www.edu.xunta.gal/portal/node/8858).
  • Pódense solicitar ata 6 centros por orde de preferencia.

¿Cales son as fechas para a PEDIR PRAZA?

SOLICITUDE DE PRAZA EN BACHARELATO
Reserva de praza no centro adscrito Solicitude de praza noutros centros
Do 1 ó 15 de febreiro. Do 1 ó 20 de marzo.

O CASO DO NOSO CENTRO EDUCATIVO SERÍA O SEGUNDO: SOLICITUDE DE PRAZA NOUTROS CENTROS.

¿Cales son os prazos de MATRÍCULA establecidos?

A SOLICITUDE DE PRAZA NON É O MESMO QUE MATRÍCULA. A MATRÍCULA DEFINITIVA DÉBESE EFECTUAR NO CENTRO ADXUDICADO, TENDO EN CONTA AS SEGUINTES FECHAS:

MATRÍCULA BACHARELATO
Prazo ordinario Prazo Extraordinario
Do 25 de xuño ó 10 de xullo. Do 1 ó 10 de setembro.

 

 ¿Cal é a organización do Bacharelato?

No seguinte enlace podedes consultar toda a información relativa a esta etapa educativa, seleccionado en cada un dos cursos e materias:

Todo sobre Bacharelato: http://www.edu.xunta.gal/portal/guiadalomce/bacharelato

En documentos adxuntos desta entrada podedes ver o currículo do 1º e 2º curso do Bacharelato.

¿Onde mirar a oferta educativa dos centros?

Se tedes dúbidas acerca da oferta educativa que se pode imparte naqueles centros nos que estades interesados podedes visualizado neste enlace:

https://www.edu.xunta.es/centroseducativos/ListaCentros.do

Unha vez accedido á páxina, simplemente debedes seleccionar aquel centro no que estades interesados. Logo na marxe superior á dereita, tedes a opción "oferta educativa", pinchar nesa pestaña e xa aparecen todas as ensinanzas que ten ese centro educativo, así como os itinerarios de Bacharelato que ofrecen.

Déixovos agora o acceso directo ó:

  • IES "Agra de Raíces" de Cee:

https://www.edu.xunta.es/centroseducativos/CargarOfertaCentro.do?codigo=15003212&procedencia=detalleCentro

  • IES "Fernando Blanco" de Cee:

https://www.edu.xunta.es/centroseducativos/CargarOfertaCentro.do?codigo=15003224&procedencia=detalleCentro

  • IES "Universidade Laboral" de A Coruña:

https://www.edu.xunta.es/centroseducativos/CargarOfertaCentro.do?codigo=15005749&procedencia=detalleCentro


O día 1 de febreiro iniciouse o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2019/20.

Calendario do proceso de admisión:

Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición. Do 1 ó 15 de Febreiro.
Dato do sorte público da letra a efectos de empate. Última semana de febreiro.
Publicación de postos escolares vacantes. Antes do 1 de marzo.
Presentación da solicitude de admsiión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores. Do 1 ó 20 de marzo.
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo. A partir do 22 de marzo.
Publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos. Antes do 25 de abril.
Reclamacións 5 días hábiles a partir do día seguinte da publicación da listaxe provisional.

 

Criterios a seguir para a solicitude:

  • Pódese solicitar praza ou ben a través de internet na aplicación informática (www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) ou presentando a solicitude cumprimentada no centro.
  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun cnetro adscrito, para reservar praza deberá presentar no centro de orixe ou a través de internet o formulario de solicitude (ANEXO I- http://www.edu.xunta.gal/portal/node/8858
  • O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito (caso do alumnado de 4º ESO do noso centro) solicitará a admisión a través de internet ou de forma presencial, indicando como primeira opción ou en calquera dos lugares ou rexistros establecidos utilizando o formulado de solicitude (ANEXO II- http://www.edu.xunta.gal/portal/node/8858). Na solicitude pódese relacionar ata seis xentros por orde de preferencia.
  • Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería: www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
  • Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o códifo de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
  • Todas as solicitudes que non poidan obter praza nos centros solicitados serán remitidas á Comisión de Escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando así sexa posible, as preferencias indicadas polas familias na solicitude e puntuación obtinada do baremo.

Calendario de matriculación:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: do 20 ó 30 de xuño.
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ó 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ó 10 de setembro.

Reclamacións:

As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prázo máximo de 5 días hábiles contando despois do día da publicación da listaxe, ante o órgano que as dictou.

Normativa:

  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • Orde 12 marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
  • Orde 25 xaneiro 2017 pola que se modifica a anterior orde.

Documentación:

Máis información a consultar nos propios centros educativos, nos Departamentos Territorias da Consellería ou en Coruña na Xefatura Territorial (Calle Vicente Ferrer).


Facendo fronte ás inclemencias do tempo o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Ramón Caamaño realizou unha interesante visita ó Castelo de Vimianzo e asistiron á representación da obra de teatro, O Lazarillo de Tormes, na Casa de Cultura do mesmo Concello. Foron guiados e acompañados pola profesora de Xeografía e Historia e as profesoras de Lingua e Literatura Castelá que aportaron a súa experiencia para contextualizar a saída. Visita moi interesante salvo pola premura de ter que ver relativamente rápido o Castelo por mor do tempo.

 

 


Parabéns ó Clube Galego de Judo Bergantiños polos seus éxitos na terceira xornada galega da liga norte que tivo como sede Culleredo, e de maneira especial ó alumnado do IES Ramón Caamaño participante: Lucía Pazos Trillo, María Tajes Domínguez e Martín Barrientos Paz.

Esperamos que sigades a amosar todo o que valedes. PARABÉNS polo voso esforzo e adicación.

 

 

 

 




by Dr. Radut