Skip to Content

O Ies Ramón Caamaño convócaos a unha reunión na que presentaremos ao Equipo Directivo, Departamento de Orientación e Titores/as dos respectivos grupos e proporcionaremos información sobre as carácteristicas do centro, calendario escolar, horas de atención a pais/nais e outros datos de interese para as familias.

DATA: Martes 01 de Outubro

LUGAR: Salón de Actos do IES Ramón Caamaño

HORARIO: 18:30 horas


 


 

* Os impresos de matrícula poden recollelos e cumprimentalos na "SECRETARÍA" do noso centro ou ben descargala e cumprimentala na casa a través dos "ENLACES"  que se indican en cada nivel educativo neste post.

REQUERIMENTOS:

1º ESO:

- Impreso de matrícula cuberto.

- Fotocopia do DNI dos pais/nais/responsables

- Documentación a maiores (sentenzas de separación/custodias/discapacidade/...)

- 2 fotografías tamaño carnet actuais.

Impreso de matrícula 1º ESO

2º ESO:

- Impreso de matrícula cuberto.

- 2 fotografías tamaño carnet actuais.

Impreso de matrícula 2º ESO

3º ESO:

- Impreso de matrícula cuberto.

- 2 fotografías tamaño carnet actuais.

- Importe exacto de 1,12€ en concepto de Seguro Escolar.

Impreso de matrícula 3º ESO

4º ESO:

- Impreso de matrícula cuberto.

- 2 fotografías tamaño carnet actuais.

- Importe exacto de 1,12€ en concepto de Seguro Escolar.

Impreso de matrícula 4º ESO

 

 


Bó verán a tod@s, vémonos en setembro

URXENCIA CONTACTAR: ies.ramon.caamano@edu.xunta.es


1. AXUDA LIBROS DE TEXTO

AS listaxes provisionais de axudas para libros de texto poderán consultarse na Conserxería do centro e tamén na páxina web (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesramoncaamano/).

A listaxe definitiva publicarase o 13 de setembro.

Os libros de texto asignados a cada alumno a través do "Fondo Solidario de Libros de Texto" comezarán a repartirse durante os primeiros días de inicio de curso.

LINK LISTAXE PROVISIONAL AXUDA FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO

2. CHEQUES MATERIAL ESCOLAR

Alumnado de 1º ESO e alumnado que aprobou en xuño: poden recoller o cheque de 50 euros para material escolar en Secretaría dende o venres 12 de Xullo ata o luns 29 de Xullo, en horario de 09:00 a 13:30 horas.

Alumnado de Setembro: poderán recoller o cheque de 50 euros para material escolar entre os días 17 e 20 de setembro.

 LINK LISTAXE CHEQUE MATERIAL XUÑO (Admitidos e excluidos)

 


O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 19-20 ESTARÁ COLGADO DURANTE O MES DE XULLO NO TABOLEIRO DE CONSERXERÍA E NA PÁXINA WEB DO CENTRO.
NON MERQUEDES NINGÚN LIBRO ATA SETEMBRO PORQUE AS AXUDAS E O FONDO DE LIBROS É PROBABLE QUE CUBRAN AS NECESIDADES DE TODO O ALUMNADO.
DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE CURSO NOTIFICAREMOS SE AS FAMILIAS PRECISAN MERCAR ALGÚN LIBRO.

LINK LISTADO LIBROS TEXTO CURSO 2019-2020


Lembramos a tódolos PAIS/NAIS/RESPONSABLES do alumnado do IES Ramón Caamaño, e do alumnado que se vai matricular por primeira vez no noso centro de que o prazo para solicitar o "Fondo Solidario de Libros de Texto e o Cheque para Material Escolar" para o curso 2019-2020, remata o vindeiro 21 de xuño ás 14:00 horas.

Por razóns organizativas o servicio da  xornada do 21 non está dispoñible e para poder atendelos de maneira ordenada e debida, suxerímoslles que presenten as súas solicitudes nos días 18, 19 e 20 de Xuño en horario habitual de centro de 08:30 a 14:10 horas (tódolos días)  e de 16:20 a 18:00 horas (Martes á tarde).

MOITAS GRAZAS E DESCULPEN AS MOLESTIAS.

O Equipo Directivo.

LINK Á DOCUMENTACIÓN

 


 Xa se aprobou o calendario de admisión para Ciclos Formativos Medios e Superiores para o curso 2019/2020, quedando establecido da seguinte maneira:

 

 

Xa foron publicadas as instrucións para presentar a solicitude de admisión, que como sabedes se fai completamente a través dun asistente web.

- Instruccións admisión ciclos formativos curso 2019-2020

 A continuación, recollo as instruccións de como realizar a solicitude web e un vídeo máis claro da súa explicación proporcionado pola Xunta de Galicia:

- Instruccións de como realizar a solicitude web

- Vídeo de axuda para realizar a solicitude web

 

Así mesmo, inclúo un breve resumo realizado polo Departamento de Orientación (orientadora) para cubrir a presentación de solicitudes segundo as instrucións marcadas este curso académico-

- Asistente web para a solicitude.

 

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:

  • A solicitude vía web é obrigatoria e realizarase para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
  • No réxime ordinario deberá cubrirse unha única solicitude para cada grao (medio e superior), onde constarán por orde de preferencia os ciclos que desexe cursar e os centros onde se impartan. Hai un máximo de 5 peticións de ciclos e centros.
  • No caso do réxime de adultos presentarase unha solicitude de admisión para cada modalidade (presencial ou a distancia) nas cales relacionará por orde de preferencia o centro e ciclo cos módulos profesionais que desexe cursar, podendo solicitar un máximo de 4 ciclos con 10 módulos como máximo para cada un. 
  • Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser debídamente entregada e en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. 
  • No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.
As persoas con praza adxudicada NO RÉXIME ORDINARIO poden: 
  • Matricularse: deberase facer no centro adxudicado e nos prazos establecidos (Estar previamente matriculado en calquera ensinanza, incluída a FCT, implica a renuncia a participar no proceso de admisión a ciclos formativos).
  • Renunciar á praza: deberase facer, nos prazos establecidos, en calquera centro público de Galicia con oferta de FP ou a distancia a través da aplicación informática. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. Seguirase no proceso de adxudicación para os ciclos anteriores á praza que se renuncia. (A renuncia só é necesaria para o réxime ordinario). 
  • Non matricularse nin renunciar: as persoas que non se matriculen nin renuncien a prazas adxudicadas do réxime ordinario quedarán excluídas do proceso de admisión para este réxime e só se poderán matricular en prazas que queden vacantes ou liberadas.

 

REQUISITOS DE ACCESO: (Normativa: Orde do 15 de xullo de 2016)

 
CICLOS DE GRAO MEDIO - RÉXIME ORDINARIO:
  • Título de ESO (por calquera itinerario)*
  • Título de técnico auxiliar.
  • 2º de BUP cun máximo de dúas materias pendentes nos dous cursos.
  • 2º Curso de primeiro ciclo experimental da REM.
  • Das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, 3º curso do plan de estudos de 1963 ou 2º curso de comúns experimental.
  • Título profesional básico.
  • Módulos obrigatorios dun PCPI.
  • Algún dos citados no artigo 7 (requisitos de acceso a ciclo superior).
  • Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.
  • Tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional as persoas que superasen:
  1. O curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
  2. A proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de formación profesional, a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou a proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de Ensinanzas Deportivas ou de Artes Plásticas e Deseño.
*O título de ESO permitirá acceder indistintamente a calquera das ensinanzas postobrigatorias, non teñen efecto académico as probas de avaliación final (A disposición derradeira quinta da LOMCE foi modificada polo Real decreto-lei 5/2016, do 9 de decembro, e desenvolvido polo Real decreto 562/2017, do 2 de xuño,  ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación).
 
 
DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS POR COTAS E GRUPOS. CICLOS MEDIOS:

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas
  1. Cota xeral.
  2. Cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%)
  3. Cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).

CICLOS MEDIOS RÉXIME ORDINARIO
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:

  • Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
  • Grupo B, persoas que teñen título profesional básico (FPB) ou os módulos obrigatorios dos PCPI.
  • Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.

A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

GRUPO A
ESO ou equivalentes
GRUPO B
FPB e PCPI
GRUPO C
Probas de accceso e outros
 
Ata o 70%
 
Ata o 20%
 
Ata o 10%
 
PRIORIDADES NA ADMISIÓN EN CADA GRUPO (CICLOS MEDIOS)

Grupo A.

1º Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria. (* coa nota media de 4º de ESO).
 

2º Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:

  • Alumnado con título de técnico auxiliar. 
  • Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP. 
  • Alumnado con título de bacharelato superior. 
  • Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental. 

Grupo B.

1º Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita. Ver preferencias

2º Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.

3º Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.


Grupo C.
1º Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio. 

2º Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional. 

3º Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño 

4º Alumnado con título de técnico. 

5º Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa. 

6º Alumnado con título de bacharelato. 

7º Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista. 

8º Alumnado con título universitario.


En caso de empate seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza (ver sexo preferente). De persistir o empate, resolverase pola letra do apelido según o resultado do sorteo de 2019 (Ver letras de prioridade). 

*Cálculo da nota de acceso (primeiro parágrafo do artigo 22.3 da Orde do 15 de xuño de 2016): “Será a puntuación obtida como media aritmética das cualificacións logradas nas áreas, nas materias e nos ámbitos do cuarto curso, agás a materia de Relixión, expresada con dúas cifras decimais. No caso das ensinanzas da educación secundaria obrigatoria da educación de persoas adultas, só se terán en conta as notas obtidas nos tres ámbitos de coñecemento”.

 
 
ALUMNADO QUE ACCEDE POLA COTA DE DISCAPACIDADE:
  • O alumnado que optase a prazas reservadas para persoas con discapacidade asistirá a unha reunión individual convocada polo Departamento de Orientación do centro educativo que solicitase en primeira opción. 
  • Será obrigatorio levar o certificado do grao de discapacidade e o ditame técnico facultativo á reunión. Tamén se poderá achegar outra documentación que se estime oportuno. 
  • A finalidade da reunión será que a persoa reciba información sobre o currículo das ensinanzas solicitadas, en particular sobre as dificultades que a consecuencia da discapacidade poidan aparecer para a adquisición dos resultados de aprendizaxe do ciclo. 
  • O Departamento de Orientación emitirá un informe, que proporcionará a persoa solicitante, no que constará unha orientación específica e se incluirá unha proposta razoada de escolarización en función das necesidades da persoa solicitante que, de ser o caso, poderá modificar a súa solicitude. 
  • De ser necesario poderase contar coa axuda do equipo de orientación específico da provincia. 
  • Poderanse solicitar informes dos membros da inspección médica de cada delegación para valorar as solicitudes do alumnado con discapacidade e as posibles limitacións para poderen cursar con aproveitamento as ensinanzas.

MATRICULACIÓN E RENUNCIA:

  • As persoas con praza adxudicada en cada fase do proceso teñen a obriga de matricularse nos prazos que se indiquen.
  • No 1º curso do réxime ordinario, quen non fose admitido na praza solicitada en primeiro lugar poderá renunciar á praza outorgada nos mesmos prazos establecidos para a matrícula. Esta renuncia implica tamén desistir de todas as demais prazas solicitadas en opcións de menor preferencia a esa, permanecendo nas listas de espera das opcións con maior prioridade.


LIBERACIÓN DE PRAZAS: 

  • A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá liberar as prazas vacantes do ciclo formativo ata o 4 de outubro ás 13:00 horas para o alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. 
  • Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes. 
  • A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar na páxina web de formación profesional.

ADXUDICACIÓN CONTINUADA:
Logo de finalizados o prazos de matriculación abrírase un proceso de adxudicación de prazas vacantes residuais nas que exista lista de espera. 
Os centros con prazas nesta situación, efectuarán chamamentos telefónicos ás persoas que corresponda segundo a lista de espera para cubrir as prazas vacantes. Ver instrucións. (páx. 15)


MATRÍCULA SIMULTÁNEA:
O alumnado matriculado nun ciclo formativo, en bacharelato ou en ESO poderá solicitar a autorización de matrícula simultánea de acordo co procedemento. O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 24 de setembro, sempre que existan prazas dispoñibles e non haxa listaxe de espera, ata o 27 de setembro. Ver instrucións (páx. 16)

 
 


O pasado martes 04 de xuño tivemos a visita no noso instituto do alumnado de 6º de primaria do CEIP OS MUIÑOS e do CEIP EDUARDO NOYA (ViLARMIDE). Viñeron a coñecer as instalacións e a saber un pouco  como é o funcionamento e a organización da etapa na que se van iniciar no próximo curso escolar 2019-2020. Pequenos rapaces e rapazas cheos de enerxiía e curiosidade ainda que todos eles á "espectativa". Acollemos o alumnado e o profesorado convidado na biblioteca do centro onde o equipo directivo e orientación fixemos unha presentación xeral do centro e da etapa e logo percorremos as instalacións do instituto. Por último tivemos unha pequena "merenda" de mañá na cafetería do centro e logo se xuntaron no recreo co noso alumnado para, nalgún caso, compartir actividade deportiva.  Á tarde tivemos a ocasión de reunirnos coas familias para facer unha presentación do centro e da súa organización, da nova etapa que van iniciar os seus fillos, do equipo directivo, e de aportar información e documentación relevante sobre "Matrícula" e "Fondo Libros".

 

 


 

Desde o 20 de Maio está aberto o prazo para que as familias podan realizar a solicitude do Fondo Solidario de Libros de Texto para o vindeiro curso 2019-2020.

A data límite de presentación de solicitudes é o 21 de Xuño de 2019.

Adxuntamos tres arquivos PDF onde está toda a información necesaria para realizar a solicitude:

 

- ORDE 03-05-2019 QUE REGULA A AXUDA FONDOLIBROS.pdfArquivo extenso coa Orde que regula a axuda.

- CIRCULAR INFORMATIVA FONDO LIBROS.pdfInformación breve e precisa dos requisitos e maneiras para presentar as solicitudes

- IMPRESOS FONDO LIBROS CURSO 2019-2020.pdfImpresos para realizar a solicitude de maneira presencial.


Que este post, inda que tarde, sirva para amosar o agradecemento a tódalas persoas (alumnado e profesorado convidados e tamén do IES Ramón Caamaño, persoal non docente e de cafetería) que participaron e fixeron posible a Xornada deportiva do día 16 de Maio "FAGAMOS DEPORTE EN IGUALDADE" na semana das Letras Galegas, adicadas este ano a "Antón Fraguas Fraguas".

Tamén o Concello de Muxía e a Abanca pola aportación económica para o evento.

Inda que este ano por mor da ameaza de choiva e un certo vento frio de vendaval non puidemos facer a xornada da praia (roteiro, comida e xogos no exterior), si convivimos no pavillón polideportivo municipal e o alumnado dos diferentes centros socializou de verdade e disfrutou en conxunto do tempo de lecer logo do xantar.Pasamos un día estupendo de convivencia, diversión e deporte.Ata o ano que ven!!!

ENLACE Á NOTICIA

ENLACE Á NOTICIA

 


O martes, 21 de Maio de 2019 estivo Miguel Gesteiro Rodríguez (Enxeñeiro de Telecomunicacións) impartindo un obradoiro de robótica no noso centro ó alumnado de Tecnoloxía de 4º da ESO, coa axuda e co apoio de José Manuel Caamaño Lamela (profesor de Tecnoloxía). O alumnado montou e puxo en funcionamento o modelo de robot: "mClon". Seguindo as instrucións de Miguel montaron as pezas do robot que posteriormente programaron para que fixeran unha serie de operacións, entre elas a de seguir unha liña negra(Circuito).




by Dr. Radut