Skip to Content

AVISO - PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2020-2021

PREMA NA IMAXE PARA ACCEDER Ó CONTIDO

Querido alumnado:

Comunicámosvos que mañá 25 de xuño abre o prazo para presentar solicitudes de Admisión a Ciclos Formativos de Formación Profesional e rematará o 8 de Xullo. Pregamos que prestedes especial atención ós prazos establecidos deste procedemento e formalicedes as vosas solicitudes o antes posible. Se tedes algunha dúbida con respecto a documentación a entregar ou sobre algún aspecto do procedemento podedes dirixirvos o Departamento de Orientación nestes últimos días de Xuño ou a Maica e a David. Atoparedes a información de prazos premendo na imaxe-encabezado deste post e toda a información relativa ó procedemento na páxina de FP: http://www.edu.xunta.gal/fp/ .

Lembramos que a formalización da Admisión a Ciclos pode facerse a través da aplicación CICLOSADMISIÓN: https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/

AdxuntoTamaño
prazos_admision_2020__vf.pdf173.29 KB
ADMISION CICLOS.PNG16.98 KB


page | by Dr. Radut