Skip to Content

ENTREGA DE NOTAS AVALIACIÓN ORDINARIA DE XUÑO CURSO 2019-2020 RECOLLIDA DE LIBROS DE TEXTO, PRÉSTAMOS DE BIBLIOTECA E DE AULA

Ola a tod@s:

O xoves 25 de xuño de 2020, procederemos a entrega dos boletíns de notas correspodentes a avaliación Ordinaria de Xuño. Farémolo segundo se indica no cadro de horarios situado ó pé desta publicación. Ademáis da entrega do boletín de notas recolleremos todos os libros de texto en prestamo do alumnado, así como os que foron en préstamo do servicio de Biblioteca ou Biblioteca de Aula. Os boletíns de notas non serán entregados ó alumnado que non devolva todos os libros cedidos. Para poder acceder ó recinto escolar, tanto pais como alumnado deben vir provistos de mascarilla e permanecer con ela todo o tempo, desde a entrada ata a saída do centro. Tamén se lle aplicará hidroxel desinfectante para as máns tanto a entrada como a saída. As sesións de entrega dos boletíns serán na Biblioteca do centro. O alumnado que teña que subir a por libros a aula de referencia así como outros enseres persoais que deixaron antes da cuarentena deberano facer antes de entrar na biblioteca. A partir do 25 de Xuño as aulas deberán permanecer listas e despexadas polo que os materiais, obxectos e enseres do alumnado que de deixen na aula serán eliminados. O titor/a e a Xefa de Estudos velarán porque ás sesións sexan o máis áxiles posibles e permanezades o tempo imprescindible no centro segundo o protocolo COVID19.

Pregamos puntualidade. Un saúdo.

ENTREGA BOLETÍNS E RECOLLIDA DE LIBROS

XOVES 25 de XUÑO 2020

NIVEL E GRUPO

LUGAR

HORA

1º A ESO

BIBLIOTECA

10:00 horas

2º A ESO

BIBLIOTECA

10:30 horas

2º B ESO

BIBLIOTECA

11:00 horas

3º A ESO

BIBLIOTECA

11:30 horas

3º B ESO

BIBLIOTECA

12:00 horas

4º A ESO

BIBLIOTECA

12:30 horas

 

 

AdxuntoTamaño
FONDO.jpg171.75 KB


page | by Dr. Radut