Skip to Content

FONDO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020 - 2021

 

* DOG CONVOCATORIA               CIRCULAR INFORMATIVA               IMPRESO SOLICITUDE

* O recadro da base impoñible xeral da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.

PLAZO DE PESENTACIÓN SOLICITUDES

do 25 de Maio ó 19 de Xuño

FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 2020/2021

 

Estimadas familias:

O obxecto da presente circular é informalos da apertura da convocatoria de solicitude de Fondo de Libros e Axudas para Material Escolar na ESO para o vindeiro curso 2020/2021 (Orde de 12 de maio de 2020, publicada no DOGA do 19 de maio de 2020).

 

1. CONTÍA DAS AXUDAS:

  • Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000 euros: CHEQUE DE 50 EUROS PARA MATERIAL ESCOLAR E 6 LIBROS DE TEXTO.

  • Alumnado con renda per cápita familiar superior a 6000 euros e igual ou inferior a 10000 euros: 4 LIBROS DE TEXTO

IMPORTANTE: Se o centro dispón de exemplares de libros sobrantes, repartiraos entre o alumnado.

 

2. OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:

As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario deberán devolver os libros de texto do presente curso 2019/2020. A non devolución dos mesmos será causa de exclusión da participación do Fondo Solidario e das Axudas no curso 2020/2021.

Debido ás circunstancias especiais provocadas pola COVID-19, o centro informará a través da páxina web das condicións e prazos nas que se realizará este curso a devolución de libros de texto.

 

3. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/2021.

O impreso da solicitude estará dispoñible:

IMPORTANTE: No caso de que se tramite a solicitude por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

 

4. PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes comeza o luns 25 de maio de 2020 e rematará o día 19 de xuño de 2020.

 

5. DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  • Impreso da solicitude (Anexo I da Orde) correctamente cuberto.

  • Impreso de comprobación de datos dos membros computables (Anexo II da Orde)

  • Copia do libro de familia onde aparecen todos os membros da unidade familiar.

*Consultar situacións especiais na Orde (divorcio, discapacidade, violencia de xénero...)

 

6. PUBLICACIÓN DE LISTAXES

  • As LISTAXES PROVISIONAIS publicaranse o 10 de xullo de 2020

  • As LISTAXES DEFINITIVAS publicaranse o 14 de setembro de 2020

 

AdxuntoTamaño
CIRCULAR FONDO LIBROS.pdf221.65 KB
DOGA FONDO LIBROS 2020-2021.pdf1.2 MB
FOTO FONDOLIBROS.jpg206.1 KB
IMPRESO SOLICITUDE LIBROS 20-21.pdf1.63 MB


page | by Dr. Radut