Skip to Content

Maio 2018

Homenaxe a Manuel Antonio

 

Seguimos a celebrar o mes das Letras Galegas. Neste caso, os alumnos de 4º da ESO, coa axuda do seu profesor de Lingua Galega, elaboraron sobrecubertas para o libro De catro a catro, de Manuel Antonio, con imaxes inspiradas nos versos deste escritor rianxeiro. Podemos ver os resultados desta proposta na exposición situada na entrada do centro.

  

 

 

 

 

 

 

Que sabes de María Victoria Moreno?

     

     Desde a Deputación da Coruña ofrécennos un vídeo interactivo co que poderemos demostrar os nosos coñecementos sobre a vida e obra desta escritora, a gran protagonista das Letras Galegas neste ano 2018. Podes acceder a el a través do seguinte enlace:

https://www.dacoruna.gal/normalizacion/video-interactivo-maria-victoria-moreno/

 

ANÍMATE E XOGA!!!

 

 

LETRAS GALEGAS 2018

 

Neste mes de maio, seguimos festexando o Día das Letras Galegas:

 

- Coa axuda de alumnos de 3º de ESO, o profesor de Lingua Galega e Literatura organizou a exposición "Galegas nas letras". Situada na entrada do centro, está formada por libros das catro escritoras homenaxeadas nas Letras Galegas e novidades adquiridas este ano pola Biblioteca, tamén de autoría feminina.

 

 

- A partir dos carteis da exposición "Sombra e luz", enviados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e colocados tamén na entrada do instituto, os alumnos poden coñecer os aspectos máis significativos da vida e obra de María Victoria Moreno. 

 

 

 

 

 

Adaptación teatral de "Anagnórise"

 

 

     Anticipándose á celebración do Día das Letras Galegas, que este ano 2018 homenaxea a María Victoria Moreno, os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron a unha representación teatral baseada na súa novela Anagnórise. O espectáculo, unha produción da Editorial Galaxia e a compañía galega Limiar Teatro, tivo lugar o día 7 de maio no salón de actos do IES Fernando Blanco de Cee.

 



by Dr. Radut