Segundo as normas recollidas no Regulamento de Réxime Interno e consideracións sobre as actividades aprobadas no claustro 29-6-06:
1- O centro se decanta por un modelo de ensinanza que trascenda os seus límites físicos e que as actividades sexan asumidas como parte integral da formación básica e, polo tanto, de obrigada participación para todo o alumnado.
O profesorado deberá ter en conta as actividades previstas cando programen probas e exámes e colaborará en estimular e favorecer a participación.
2- O volume de actividades programadas será inverso ao nivel educativo cunha oferta mais ampla no primeiro ciclo que se irá reducindo progresivamente. Oferta mínima de actividades en 2º Bach e nunca no terceiro trimestre.
3- Procurarase liberar de actividades os quince días previos ás avaliacións.
4- Tendencia a perda do menor número de clases e procurar diversificar as materias afectadas.
5- Consideraranse actividades de longa-media duración todas aquelas que superen dúas xornadas escolares.
6- Cada alumno só poderá participar nunha actividade de longa-media duración por curso, excluíndo a viaxe fin de etapa de 4º da ESO sempre que se realice ao final do terceiro trimestre.
7- O profesorado acompañante será un por cada 20 alumnos e sempre mínimo dous, excepto cando se comparte actividade con outros centros e o total de alumnado participante non supere os 20 alumnos. Para1º de ESO ún profesor por cada quince.
8- Priorizarase que os profesores acompañantes impartan docencia ao alumnado da actividade e que sexan os menos afectados no horario.
9- Previamente prepararanse as actividades e faranse actividades de aplicación e/ou valoración.
10- Formará parte do Proxecto Curricular do Centro un intercambio por curso cun centro estranxeiro.
11- As dietas aprobadas no Consello Escolar consisten en:
-1 dieta por cada 15 alumnos de 1º ou 2º de ESO e
1 por cada 20 alumnos dos demáis niveis.
- Almorzos e ceas 12 euros e comidas 18 euros.
Teñen carácter de complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen carácter diferenciado polo momento, espazo ou recursos que se empregan: visitas a museos, concertos, recitais, visitas a instalacións ou empresas, conmemoracións ...
-
Segundo o aprobado no Regulamento de Réxime Interno, se estas actividades son de balde ou dun custe mínimo (dous euros) para o bus, consideraranse obrigatorias.
-
Se un profesor observa que algún alumno non pode asistir por cestións económicas deberá comunicalo con discreción en vicedirección para ver a posibilidade de financiación.
-
Cando as actividades sexan dun coste maior a dous euros non poderán ser obligatorias . A non participación nestas actividades, dado que forman parte da programación, non exime da realización dos traballos que se deriven delas. Se esistirá a clase independientemente do número de alumnos, e no caso de non facelo,considerarase como falta de aswistencia que terá que ser debidamente xustificada.
Teñen carácter de extraescolares aquelas que se realizan fóra do horario lectivo e nas que a participación é voluntaria: viaxes, intercambios, excursións…
Non se organizarán actividades que polo seu alto custo poidan ser discriminatorias
para algúns alumnos.
Ao inicio do curso os departamentos presentarán á vicedirección unha programación das súas actividades extraescolares e complementarias a realizar ao longo do ano. Todas deberán aparecer reflectidas –salvo aquelas que sexan sobrevidas- na Programación Xeral Anual e ser consensuadas polo claustro e aprobadas polo Consello Escolar.
-
Procurarase sempre a participación dos cursos completos pero, se as especiais características da actividade ou o especial interese educativo da mesma o xustifican, poderá considerarse o número mínimo de alumnos.
-
O profesor coordinardor da actividade poderá solicitar traballos sobre a mesma para facilitar un maior aproveitamento.
-
As saídas e regresos da actividade faranse sempre dende o instituto e baixo a tutela do profesorado encargado.
-
Todas as actividades que se realicen deberán ter en conta a accesibilidade para alumnos/as con movilidade reducida
-
No impreso de matrícula os pais/nais asinan unha única autorización que terá validez para todas as actividades/saídas obrigatorias que se desenvolvan no curso académico. As de media/longa duración requerirán autorizacións específicas.