Previstas

NOVIDADES, ÚLTIMAS PROPOSTAS E RECOMENDACIÓNS

O libro colectivo de homenaxe Manuel María, editado pola Deputación de Lugo e no que participou parte do alumnado do IES de Quiroga, por fin está na rúa.

As autoras e os autores podedes pasar a recoller o voso exemplar a partir do venres 30 de xuño, en vicedirección.

 

ÚLTIMA HORA: DÍA DAS LETRAS 2018 para Mª Victoria Moreno

 

Este curso, o alumnado que máis libros levou en préstamo foi:

Luis Arias González (1º da ESO), Emily González Gallego (4º da ESO) e Elianny Burgos Lantigua (1º BAC)

Parabéns, lector@s!!!! Pasade recoller os voso premios por vicedirección.

 

O equipo "O Eco do Val" gaña o premio á mellor contraportada na primeira convocatoria de Escola de Prensa (polo diario El Progreso), e ve recoñecido o seu traballo cunha mención específica á cantidade e calidade das novas elaboradas polos rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e difundidas na rede.

Escola de Prensa de El Progreso. Podedes consultar aquí as publicacións do equipo de redacción de "O Eco do Val".

 

Unha representación do alumnado do Club de Lectura Libromanía asistiu á X Xornada dos Clubs de Lectura.

O sábado 17 de xuño, un alumno e dúas alumnas de 4º da ESO, xunto coa coordinadora do Club de Lectura, participaron no Somérxete!!! 

Na imaxe, foto de grupo cos representantes dos clubs de lectura do IES Río Cabe e do IES Cosme López Rodríguez
Distribuir contido