Realizadas

QUÉROTE +

Participamos no programa QUÉROTE + co alumnado de 3º ESO, para abordar de maneira práctica, dinámica e interactiva, contidos de interese para o desenvolvemento dos nosos mozos e mozas.

 

Preme aquí para accederes aos contidos.

 

4 voces femininas (alumnas de 2º ESO) visibilizan a desigualdade desde catro ópticas diferentes. Preme aquí para ver video .

Actividades extraescolares e complementarias 2017-2018

AFAFA

Proxección comentada de "El verdugo" e exposición de carteis elaborados polo alumnado de debuxo. Xoves 21 de xuño, auditorio de Quiroga.

 

Lecturas de Libromnaía nos Ceip abscritos. Mércores 30 de maio, alumnado do Club de Lectura.

 

Viaxe cultural a París. Do 16 ao 21 de maio, alumnado de francés, 3º e 4º da ESo e 1º de BAC.

 

Saída a Monforte para participar no Correlingua. Luns 14 de maio, alumnado de 1º e 2º da ESO.

 

Conmemoración do Día das Matemáticas con xogos lúdicos. Alumnado da ESO, venres 11 de maio.

 

Xornada de acollida ao alumnado dos CEIPs adscritos. Alumnado de 6º de primaria, mércores 9 de maio.

 

Saída a Bembibre, ao Museo de Geología y Paleontología. Alumnado de 1º y 2º ESO, luns 7 de maio. Ver reseña.

 

Saída a Lalín. Alumnado de 3º da ESO e parte do de 2º da ESO, venres 4 de maio.

 

Charla de Uxío-Breogán Diéguez sobre a memoria histórica. Alumnado de BAC, venres 4 de maio.

 

Encontro con Marilar Aleixandre. Alumnado de 3º e 4º da ESO, e de 1º BAC do Club de Lectura, xoves 3 de maio.

 

Encontro coa escritora África Sánchez e obradoiro poético. Alumnado de 2º e 3º ESO, luns 30 de abril.

 

Saída para visitar o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico de Quiroga. Alumnado de 1º e 2º da ESO, luns 30 de abril.

 

Charla de Pilar García Negro sobre Rosalía de Castro. Alumnado de 4º da ESO e 1º BAC, 27 de abril.

 

Ler a paisaxe: saída pola contorna (territorio proposto para o Xeoparque "Montañas do Courel"). Alumnado de 4º ESO e alumnado de Escola de Prensa 1º BAC, luns 23 de abril.

 

Saída a Abril e a Campolameiro. Martes 17 de abril, alumnado de 3º e 4º da ESO e de Bioloxía e Tecnoloxía de BAC.

 

Saída a Santiago para visitar a TVGA e a Cidade da Cultura. Alumnado de 4º da ESO e de Economía de BAC, 12 de abril.

 

Obradoiro de hábitos saudables. Alumnado de ESO, 10 de abril. O alumnado de 1º ESO tivo outras dúas xornadas deste obradoiro, o 18 e o 27 de abril.

 

Abril de libros, maio de letras. Todo o alumnado.

 

AFAFA

ABRIL DE LIBROS... MAIO DE LETRAS

Biblioteca interactiva do IES de Quiroga                 Elaboración de carteis cinematográficos

Fiches des écrivaines francophones                                                  Lecturas nos CEIPs

Concurso de cartas para Mª Victoria Moreno                           Convocatoria E ti que les?

Elaboración de marcapáxinas de Mª Victoria Moreno                     Cada ovella coa súa parella

 Elaboración da edición 2018 de "O Eco do Val".

Enlace aos artigos publicados en rede

 

Charla de Pilar García Negro sobre Rosalía de Castro

Encontro con Marilar Aleixandre e con África Sánchez

Charla de Uxío Breogán Diéguez sobre a memoria histórica

 
 Semana Escolar das Letras: María Victoria Moreno (Deputación de Lugo)  
Exposición Defensa da Lectura (homenaxe a Forges)  

 

Adaptación teatral de "Las literatas" de Rosalía de Castro. Xoves 22 de marzo, todo o alumnado.  
Saída para asistir á representación teatral "Le bourgeois gentilhomme" de Molière. Mércores 7 de marzo, alumnado de francés.  
Proxección e comentario de El verdugo, de García Berlanga (coa presenza de Ángel Santos), dentro do proxecto CINED. Venres 2 de marzo, alumnado de 1º de BAC e da materia de Imaxe e Son (2º de BAC).  

Conmemoración do 8 de marzo. Toda a comunidade escolar, semana do 5 ao 9 de marzo.

      Presentación da exposición "Mulleres da Ribeira Sacra" da asociación cultural As Lucecús e posterior         inauguración dos paneis que a compoñen. 6 de marzo.

      Exposición documental sobre a literatura en feminino e sentada lectora. 8 de marzo. 

 

 

Conmemoración do Día de Rosalía. Todo o alumnado, segunda quincena do mes de febreiro.

      Concurso para dar resposta ao seu verso E ben, para que escribo? (prazo ata o 7 de abril)

      Elaboración de caligramas con versos da autora (alumnado de 3º e 4º da ESO)

      Lectura de textos poéticos e ensaísticos da autora (alumnado de BAC)

 
Micro-obradoiro de Coeducación das Emocións para a Convivencia Positiva. Venres 23 de febreiro, alumnado de 1º ESO.  
Obradoiro didáctico sobre comunicación (Maica García, xornalista). Venres 23, alumnado de 3º e 4º da ESO.  
Charla divulgativa sobre a aguia real (Xurxo Mouriño, biólogo). Martes 20 de febreiro, alumnado de 1º e 2º da ESO.  
Charla A Ponte "O patrimonio lingüístico: de quen é a lingua? (Rosario Álvarez, USC). Venres 16 de febreiro, alumnado de 4º ESO e BAC.  
Concurso de Disfraces Literarios para o Entroido. Venres 9 de febreiro, todo o alumnado.  
Obradoiro de ilustración de Manel Cráneo: "Un paseo entre viñetas". Martes 30 de xaneiro, alumnado de 3º e 4º ESO.  
Conmemoración do Día da Paz. Semana do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro, todo o alumnado.  
Saída á Central Térmica das Pontes e a Aquaciencia (Ferrol). Martes 30 de xaneiro, alumnado de BAC. Fotos
Saída a Sotavento. Luns 29 de xaneiro, alumnado de 3º e 4º ESO.  Fotos
Presentación do proxecto do Xeoparque (Ramón Vila e Martín Alemparte). Venres 26 de xaneiro, profesorado.  
Micro-obradoiro de Control de Estrés e Relaxación. Venres 12 e 26 de xaneiro, alumnado de BAC.  
Micro-obradoiro de Coeducación das Emocións para a Convivencia Positiva. Venres 12 e 26 de xaneiro, alumnado de 2º da ESO.  
Saída a Santiago para asistir ao concerto didáctico "Las Lollipops" e visita ao Museo do Pobo Galego. Martes 23 de xaneiro, alumnado de 2º e 3º da ESO.  
Charla do proxecta Quérote +. Xoves 18 de xaneiro, alumnado de 3º ESO.  
Charla de María Álvarez "Cal ti es, así me dis" (programa A ponte). Luns 22 de xaneiro, alumnado de BAC.  
Semana Escolar da Provincia. Xaneiro, alumnado de 2º ESO.  
Saída a Ourense para asistir á proxección audiovisual Vida, de Rubén Riós. Martes 9 de xaneiro, alumnado 1º e 2º ESO.  
Presentación da versión ilustrada de Las medias rojas, de Emilia Pardo Bazán na sede da RAG. Mércores 21 de decembro, alumnado de BAC.  
Saída á Coruña para visitar a exposición "A arte do cómic" e o MAC (proposta de Lina Cabellut). Xoves 21 de decembro, alumnado de 3º e 4º ESO, e de 1º BAC.  
Elaboración de postais. Alumnado de Educación Plástica e Visual, mes de decembro.  
Visita guiada á sección da exposición "A viaxe da ciencia" localizada no Seminario de Bioloxía. Comunidade escolar, todo o mes de novembro.  
Asistencia a unha representación teatral en Ourense ("Le tour du monde en 80 jours"). Mércores 29 de novembro, alumnado de francés.  
Conmemoración do 25N. Venres 24 de novembro, todo o alumnado.  
Charla informativa sobre o Xeoparque (Ramón Vila Anca, técnico de cultura do concello de Quiroga). Luns 20 de novembro, alumnado de 4º da ESO.  
Charla divulgativa sobre o lume, a cargo de Javier López (profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e coordinador do programa A Ponte da USC no Campus de Lugo). Martes 21 de novembro, alumnado de 4º ESO e BAC.  
Día Universal da Infancia. Luns 20 de novembro, alumnado da ESO.  
Entrega de premios de decoración de cabazas (Samaín). Venres 17 de novembro, alumnado e profesorado membro do EDGL.  
Visita a Bendollo. Martes 14 de novembro, alumnado de 3º/4º da ESO e 1º de BAC.  
Magosto: xogos populares e lecturas  de outono. Venres 10 de novembro, alumnado de ESO e 1º BAC.  
Préstamo da exposición sobre Maruja Mallo á EOI de Lugo. Biblioteca, novembro a decembro.  
De medo (lecturas do Samaín). Martes 31 de outubro, alumnado de ESO e 1º de BAC.  
Día das Bibliotecas: Xurxo Souto revisou a Historia do rock galego. Martes 24 de outubro, para todas e todos.  
Conmemoración do Día das Escritoras. Martes 17 de outubro, alumnado da ESO. Elaboración dun mural por parte do alumnado de 3º da ESO (corredor do primeiro andar).  
Visita guiada á exposición sobre Maruja Mallo. Luns 16 de outubro, alumnado de 1º da ESO.  
Reunión informativa para as familias. Mércores 27 de setembro  
   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido