Dende hoxe contamos no centro co PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar.
COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA? Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo! · Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a · Localiza o Punto Laranxa no centro (Edificio principal_2ºpiso) · Desposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar) · Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Formulario que tés facento click no cartel que se atopa na columna da dereita nesta páxina web.
Pódese consultar a información no Portal Educativo da Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42252
|
|||
|
|||||||||||||||||||||||
|
|||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
>> Proba de acceso ao grao medio, datas e lugares de inscrición: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas: ou presencialmente en calquera centro público que imparta ciclos formativos. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024.
>> Proba de acceso ao grao superior, datas e lugares de inscrición: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluidos. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas: LIGAZÓN ou presencialmente en calquera centro público que imparta ciclos formativos. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024 |
|||
|
|||
PARTICIPAMOS NO PROGRAMA INNOVATECHFP !!!! O noso equipo participante terá que enfrontarse á resolución do reto tecnolóxico proposto pola Empresa FINSA: deseñar un sistema de control co cal poder monitorizar tanto o crecemento das especies forestais coma as condición ambientais da zona. “Trátase de sensorizar os nosos montes, saber o que está a pasar en tempo real, para tomar decisións axeitadas”, e xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural. MOITA SORTE !!!!
|
|||
"OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS PARA O EMPRENDEMENTO" Entre o 17 e 20 de novembro demos continuidade a todas as actividades levadas a cabo ao abeiro de Aula de Emprendemento do IES Punta Candieira: obradoiros, charlas, concurso de emprendemento... Neste caso trátase duns Obradoiros de Habiliades Sociais para o Emprendemento. O obxectivo e que o noso alumnado adquira habilidades sociais e transversais necesarias para o éxito profesinal como futuro emprendedor. Todas elas fundamentais para relacionarse con outras persoas traballadoras, colaboradoras, provedores, Administracións Públicas, etc. O alumnado participante foi 1º e 2º de FP básica Electricidade, e 1º Cursos dos ciclos Formativos de Grao Medio de Electricidade, Mantemento Electromecánico e Actividades Comerciais. Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Misnisterio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration UE.
|
|||
Román Rodríguez (Conselleiro) e Eugenia Pérez (Directora Xeral de FP), co alumnado de Ciclos de IES Punta Candieira.
|
|||
|
|||