Buzón suxestións

Actividades

Acto da Comunidade Educativa do IES 1º de Marzo en repulsa contra a vaga de incendios

 

 

 

Toda a comunidade educativa do noso centro concentrouse diante dun pequeno espazo verde que se salvou do lume, como acto simbólico de protección do mesmo, e como xeito de expresar a nosa repulsa ó acontecido nos últimos días, onde miles de hectáreas de bosque quedaron calcinadas, moitas familias perderon todo o que tiñan, e mesmo varias vidas humanas atoparon un tráxico final.

 

Nese acto simbólico procedeuse a gardar un minuto de silencio e á lectura dunhas verbas redactadas por un grupo de alumnos/as do centro:

"Hoxe coma onte as bagoas sáennos negras pola cinza da desgracia que chega á nosa terra, esta vez en forma de lume que arrinca a vida e o verde do noso entorno, e déixanos impotentes ante o seu poder de destrución.

Aínda que a tristura e a rabia está en todos os corazóns aquí presentes e en todos os que están espallados pola nosa xeografía, é agora mais que nunca cando temos que ser fortes, fortes por nos mesmos e pola nosa comunidade, que precisa de traballo mais tamén de sorrisos, non podemos caer na desesperación ou na desidia, todos e todas podemos, e mais debemos, colaborar para remediar e evitar que se repita esta situación.

E hoxe coma onte:

“... Anque en son de festa alegre

á gaitiña se oia
eu podo dicirche
non canta que chora”

 

E hoxe coma onte voltamos a dicir:

 ¡Nunca mais!"

 

Distribuir contido

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bibliotecas escolares de Galicia

Guardar

Guardar

Guardar

Programacións 2017-18

FORMACIÓN PROFESIONAL

Pais/Nais

Eventos

« Septembro 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PLAN PROXECTA

Guardar

Guardar

FSE

http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/78129/00_azul+EUROPA.png/d1c76e38-9c17-400d-87bf-3bc60e5c64a4?t=1445862635503?t=1445862635504Autorizada operación FSE curso 2016/17 para PMAR     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para FP Básica     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para itinerarios 3º e 4º ESO     abrir aquí

Guardar