Buzón suxestións

Novas

CONVOCATORIAS

Resolución do 9/1/2018 da Dirección Xeral de Educación, FP e IE, pola que se convocan as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos. Prazo de presentación entre o 23/2 e o 9 de marzo de 2018.

Na mesma resolución se convocan as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos. Prazo en maio e en setembro.

Información no seguinte enlace :http://www.edu.xunta.gal

 

PUBLICACIÓN NO DOG DO 7/2/2018A ORDE DO 22/1 POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO MATRICULADO NO CURSO 2017/18 EN CENTROS PÚBLICOS.

PRAZO DO 8/2 ATA O 7/3/2018. 

A INFORMACIÓN DESTE PROGRAMA E A APLICACIÓN WEB É A SEGUINTE: http://www.edu.xunta.es/axudasle 

Atención telefónica :981957296/981546503

Enderezo electrónico: axudale@edu.xunta.es

 

 

Parabéns!

PARABÉNS A PAOLA DI PIETRO ALAR!

A nosa alumna de 4º da ESO Paola di Pietro Alar acaba de conseguir unha beca da FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA que lle permitirá estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá o vindeiro curso 2018-2019.

 

 

RECOLLIDA DE CUALIFICACIÓNS E ¡ BOAS FESTAS!

O Vindeiro día 21 de decembro entregaremos ao alumnado as cualificacións da 1ª avaliación.

Reanudaremos as clases o 8 de xaneiro de 2018.

Desexamos teñan  ¡¡¡¡ Boas Festas de Nadal !!!!!..

Convocatoria ANPA ( Luns, 4 de decembro de 2017)

Xuntamos convocatoria da I Asamblea Xeral da ANPA do IES.

Samaín e o Demo da Man Negra

Durante a semana do 30 de Outubro ó 3 de Novembro, coincidindo coa celebración do Día de Defuntos e o Samaín, o alumnado de Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística realizou unha representación teatral para todo o centro educativo (todo o alumnado da ESO, FPB e Bacharelato, así como para profesorado e persoal non docente). Un total de 18 pases dun obra de elaboración propia, inspirada en lendas e mitos da cultura galega, que puxeron en contacto ó público coa experiencia dun Aquelarre, ou a lenda do Demo da Man Negraunha historia que aconteceu o ano pasado aquí, en Sabarís...

 Samaín

Moitas grazas ó alumnado das FP Básicas de Electricidade e Electrónica, e de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios pola súa colaboración na preparación da ambientación dos decorados e nas probas de son, así como na limpeza e orde do Salón de Actos unha vez rematadas as representacións. 

OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 1º e 2º da ESO realizará uns obradoiros de sensibilización e prevención de violencia de xénero os días: 2,3, 6 e 7 de novembro no centro a cargo de profesionais especialistas organizado polo Concello de Baiona con fondos do Ministerio de Educación.

AGRADECEMENTO

 

       Na mañá do pasado domingo 15 de outubro o incendio do monte da Virxe da Rocha afectou ao noso centro. Afortunadamente o edificio non sufriu danos mais as chamas asolaron a finca.

       Estas graves consecuencias non foron maiores grazas ao esforzo de todas as persoas que colaboraron na extinción do lume e na protección do edificio para evitar que este se reiniciase.

       Dende aquí queremos expresar o noso recoñecemento e a nosa gratitude a todas elas. Especialmente, a Sergio e Cristian, a Teresa e a súas fillas, a Emilio, a Puri e a Manuel, a Jose Antonio, aos representantes do Concello que estiveron colaborando con nós (o Concelleiro de Medioambiente Raúl, a Concelleira de Educación Beatriz e a Teniente de Alcalde María) e a todas as familias e alumnado que tamén se sumaron.

      A Dirección

 

   

Prazas vacantes polo réxime de persoas adultas para Ciclo Superior

Prazo de matrícula do 3 ao 6 de outubro ata ás 13:00 horas, por orde de chegada.

Requisitos: poden matricularse tanto dos moódulos de 1º coma de 2º  1000 curso sempre que se garanta a compatibilidade horaria do 90% e non supere a carga lectiva de 1000 horas.

 

RECOLLIDA DAS CUALIFICACIÓNS ABAU SETEMBRO

A partires do 27 de setembro poderán recoller as tarxetas das cualificacións ABAU na secretaría do IES.

Distribuir contido

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bibliotecas escolares de Galicia

Guardar

Guardar

Guardar

FORMACIÓN PROFESIONAL

Eventos

« Novembro 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

PLAN PROXECTA

Guardar

Guardar

FSE

http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/78129/00_azul+EUROPA.png/d1c76e38-9c17-400d-87bf-3bc60e5c64a4?t=1445862635503?t=1445862635504Autorizada operación FSE curso 2016/17 para PMAR     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para FP Básica     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para itinerarios 3º e 4º ESO     abrir aquí

Guardar

Información