Buzón suxestións

Proxecto Ríos 10-20

Polo río abaixo vai ...

INTRODUCIÓN

O estudo medioambiental da contorna é unha excelente oportunidade formativa para o alumnado dun centro de ensino, con independencia do nivel educativo. Este tipo de intervencións fano partícipe e protagonista dunha análise científica enmarcada na súa realidade inmediata e fomentan a implicación individual e colectiva na valorización e conservación do medio natural.

O Proxecto Ríos, centrado no estudo dos ríos, bríndanos un medio ideal para a nosa proposta de actuación interdisciplinaria. Contribuímos así á consecución das competencias na secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional que impartimos.

O noso centro educativo leva nove anos implicado no estudo dos ríos da contorna (Proxecto Ríos) sendo este o oitavo dentro do Plan.

Salientar, como non, a interrupción das actividades presenciais pola declaración do estado de alarma, como un elemento moi distorsionador do noso proxecto nesta edición. Así, durante a metade da segunda avaliación e na totalidade da terceira, case a totalidade das activiadades programadas non se puideron realizar. Malia a todo, garantíronse as actividades básicas de mostraxe e envío de resultados (compromiso fundamental de Proxecto Rios).

GRAO CONSECUCIÓN OBXECTIVOS

Debido á suspensión das clases presenciais non se puido levar a cabo moitas das propostas que figuran como non acadadas, motivo polo que non se puideron tampouco visibilizar e difundir as accións previstas.

 

  GRADACIÓN:  [T]:TOTALMENTE  [P]:PARCIALMENTE [NA]:NON ACADADO
a) Específicos da materia de Bioloxía e Xeoloxía
-Estudar os parámetros físico-químicos e biolóxicos indicadores da calidade das augas[P]:
-Aprender a recoller mostras representativas (biolóxicas e non biolóxicas). [P]
-Aprender a cumprimentar unha ficha de campo, observando e interpretando os diferentes elementos da paisaxe. [P]:
-Aprender a organizar unha saída ao campo [P]
-Valorar a intervención humana na paisaxe fluvial. [P]
-Localización dos ríos nun mapa topográfico e en soporte dixital. Delimitación de cuncas, treitos [T]
b) Específicos de Inglés (para Sec. Bilingües):
-Utilizar a lingua inglesa como vehículo de comunicación real para unha actividade complementaria.[T]
-Enriquecemento no vocabulario específico relacionado. Procura selectiva e axeitada da información.[T]
-Fomentar o interese pola Bioloxía e Xeoloxía, e pola ciencia en xeral, en Inglés[P]
-Elaboración e pequenos informes escritos ou visuais sobre as actividades desenvoltas.[NA]
c) Específicos Educación Plástica e Visual:.
Non acadados por baixa de longa duración da profesora
d) Específicos do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística
-Recoñecer a importancia do medio natural como base para o ecodesenvolvemento dunha comunidade.[P]:
- Utilizar adecuadamente os instrumentos e medios necesarios para a exploración, análise e intervención na contorna.[P]:
-Recoñecer o medio natural da contorna como recurso para a intervención en animación sociocultural e turística.[P]:
-Visibilizar e difundir as accións desenvolvidas a través de diferentes canles: páxina web dos centros participantes, Instagram do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística, prensa, proxecto  Correspondentes Xuvenís, etc.[NA]
e) Específicos de Relixión
- Tomar conciencia da biodiversidade fluvial da nosa contorna. [P]
- Constatar que “todo está conectado-todo está relacionado”,  crise ecolóxica e pobreza están intrinsecamente unidas.. [P]:
- Descubrir que a Auga é Vida e o seu valor na vida das comunidades.T]
- Estudar a conexión entre a degradación dos ríos e o medioambiente e a degradación social das comunidades afectadas. [P]:
- Sensibilizar sobre o Coidado dos ríos e da Casa Común, para cambiar hábitos e establecer prioridades... [P]:
- Participar activamente na construción dunha cidadanía global e solidaria.[NA]
e) Específicos de Física e Química
-Identificar o concepto de contaminación aplicado a casos concretos da súa contorna.[P]
identificar os axentes contaminantes da auga.  [NA]
-Coñecer o seu tratamento e deseñar algún ensaio sinxelo de laboratorio para a súa detección. [NA]:
-Coñecer os procesos de tratamento de residuos e valorar criticamente a súa recollida selectiva.[T]
-Aprender a redactar informes de laboratorio[T]
-Realizar toma e tratamento de mostras dun medio natural da súa contorna.  [NA]

ORGANIZACIÓN
-O Alumnado: implicamos ao alumnado das Seccións Bilingües de 2º da ESO (Paisaxe e Sustentabilidade), 3ºESO (Bioloxía e Xeoloxía, Inglés e Educación Plástica e Visual) e 1º de Bioloxía e Xeoloxía de Bacharelato, 4º ESO (Ciencias Aplicadas, Física e Química) e do Ciclo Superior en “Animación Sociocultural e Turística”. Comentar que tamén incorporamos ao alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía, na identificación de macroinvertebrados durante o 1º trimestre.
-Os Departamentos didácticos: Os departamentos implicados son: Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Servizos Socioculturais e á Comunidade,  e Educación Plástica e Visual, Relixión e Física e Química.
DESENVOLVEMENTO
a) En Bioloxía e Xeoloxía (3º ESO) e Paisaxe e Sustentabilidade (2º ESO):
1ª AVALIACIÓN:
-Visita ao río da Groba e Baíña, toma de mostras e estudo no laboratorio de macroinvertebrados con 1º de bacharelato.
-Estudo xeomorfolóxico dos elementos dun río, dinámica e impactos.
2ª AVALIACIÓN:
-Inicio da preparación para que o alumnado de 3º actúe como monitores para a visita de 2º de ESO.
-Inicio do estudo dos elementos dun río dende a perspectiva de paisaxe. (2º ESO).
3ª AVALIACIÓN:
-visita ao río da Groba e Baíña, toma de mostras  e estudo por parte dos profesores.
-Creación dun módulo nas aulas virtuais moodle de Bioloxía e Xeoloxía de 3º da ESO e Paisaxe e Sustentabilidade de 2º da ESO. Esta sección inclúe actividades de introdución ao proxecto Ríos e de difusión do proxecto no centro.
b1) En Inglés -grupo de 2ºESO bilingüe-:
1ª AVALIACIÓN:
-Primeiras sesión:  coñecer que é o Proxecto Ríos e a analizar o coñecemento previo conceptos /casuísticas que teñen que ver coa paisaxe e a sustentabilidade.
-Sesións de seguimento: traballo co vocabulario relacionado coa paisaxe e os accidentes xeográficos a través de diferentes medios /tarefas: documentos sonoros (cancións, vídeos etc), lecturas cortas, debates en pequenos/grandes grupos de caracter homoxéneo ou heteroxéneo dependendo da actividade, actividades interactivas (kahoot, factile etc)
-Sesións enfocadas á realización do test de coñecementos adquiridos: o alumnado demostra os coñecementos adquiridos a través de xogos e actividades creativas e motivadoras onde prima o uso da linguaxe oral.
-Unha sesión dedicada ao test de avaliación.
2ª AVALIACIÓN:
-Sesións dedicadas á adquisición de vocabulario en inglés referente ao proceso de formación dun río, os seus treitos e os seus elementos principais. Emprego de cancións, vídeos e fichas de traballo.
-Preparación das presentacións en inglés nas que expoñer, diante dos seus compañeiros/as, o dominio do vocabulario aprendido na primeira e segunda avaliacións a través da descripción de fotografías / debuxos elaborados por eles/elas mesmas. As presentacións, ao facerse en inglés, requiren dedicar varias sesións a traballar a expresión, o vocabulario, a pronunciación e a entoación.
-Elaboración dun “memory game” xigante que inclúe a maioría dos conceptos aprendidos.
3ª AVALIACIÓN:
Repaso dos conceptos / actividades realizados/as na primeira e na segunda avaliacións.
b2) En inglés 3ºESO Sección Bilingüe
1ª AVALIACIÓN:
-Presentar e explicar ao alumnado o Proxecto Ríos e a organización da súa participación. Posta en común dos coñecementos previos sobre os ríos e, en especial, os ríos da paisaxe local mediante actividades comunicativas.
-Sesións de traballo relacionado co vocabulario referente aos ríos, reforzo dos contidos relacionados co ciclo da auga e as características dos ríos traballados na materia de Bioloxía e Xeoloxía mediante distintos materiais e actividades (vídeos, cancións, fichas, lecturas cortas, kahoots, quizlet, padlet, xogos de vocabulario…)   
-Sesións enfocadas á realización do test de coñecementos adquiridos: o alumnado demostra os coñecementos adquiridos a través de xogos e actividades creativas e motivadoras onde prima o uso da linguaxe oral.
2ª AVALIACIÓN:
-Sesións sobre vocabulario en inglés: proceso de formación dun río, os seus treitos e os seus elementos principais. Emprego de cancións, vídeos e fichas de traballo.
-Creación dun xogo de preguntas (estilo trivial) por equipos para poñer a proba os coñecementos adquiridos do resto de compañeiro máis una sesión dedicada á posta en práctica dese xogo.
3ª AVALIACIÓN:
Repaso dos conceptos / actividades realizados/as na primeira e na segunda avaliacións.
c) En Educación Plástica e Visual
Non realizadas
d) En Ciclo Superior Animación Sociocultural e Turística (alumnado de 1º curso)
1ª AVALIACIÓN:
-Achegamento do alumnado ao proxecto Ríos. Busca de información inicial sobre as características do proxecto.
-Aprendizaxe de técnicas de investigación na comunidade
-Programouse unha visita que non se levou a cabo por mor da climatoloxía
2ª AVALIACIÓN:
-Programáronse dúas visitas que non se puideron levar a cabo: debido á climatoloxía, e posteriormente debido á suspensión das clases
-Busca de información sobre proxectos socioculturais e turísticos que teñan como base a relación entre o río e a comunidade
-Deseño de propostas de actividades a realizar no río. Posibles ideas (pendente de decisión final): realizar unha exposición fotográfica con patrimonio cultural relacionado co río, roteiro teatralizado polo río amosando o patrimonio cultural relacionado con este (con apoio de documentos audiovisuais).
-Estudio de posibles colectivos cos que por en práctica as accións previstas, valorando as adaptacións necesarias en función das características e necesidades dos mesmos (Infancia, Terceira Idade, Diversidade Funcional, Saúde Mental….).
3ª AVALIACIÓN:
-Non se chegou a desenvolver ningunha das propostas debido ao estado de alarma
e) Relixión
1ª AVALIACIÓN:
 - Paseo guiado pola contorna do instituto para a toma de contacto co tema e descubrir a biodiversidade da zona
- Análise dos coñementos previos do alumnado en relación ao Coidado da Casa Común.
- Sesión enfocada á presentación do Proxecto Ríos e como abordar o proxecto.
- Sesión adicada ao estudo e afondamento de que Todo está interligado:  Plantexamento do xeral ao concreto desde o que está a pasar na Amazonía coa análise de situacións de destrución medioambiental debido á explotación dos recursos naturais, á contaminación da auga e á construción de infraestruturas sen consulta ás comunidades indíxenas.
- Procura de información e análise sobre causas e consecuencias de desequilibrios fluviais
- Realización en equipos de murais sobre os problemas que atinxen aos ríos e ás consecuencias sobre comunidades no planeta en xeral..
2ª AVALIACIÓN:
- Reflexión conxunta da relación inseparable entre o coidado do planeta e combater a pobreza: constatación de que “non hai dúas crises separadas senón unha única crise socio-ambiental”.
- Realización dun traballo baseado na procura de información sobre a situación actual dos ríos máis próximos á súa vivenda dentro da contorna do Val Miñor e da provincia.: caudal, contaminación...e reflexión acerca das posibles consecuencias sobre as persoas que habitan nesas zonas.
3ª AVALIACIÓN:
O traballo realizado neste tempo estivo orientado ao repaso dos temas e actividades realizadas nos trimestres anteriores.
f) Física e Química
1ª AVALIACIÓN:
-Unha sesión adicada a dar a coñecer o proxecto ríos, enfoque dende a materia de ciencias aplicadas. Cuestionario sobre a importancia dos ríos, tipos de contaminantes que se poden atopar, coñecemento ríos locais. Visionado dun vídeo sobre a importancia dos ríos na nosa contorna.
-Realizaronse dúas sesións para a explicación e realización dun informe de laboratorio.
-En grupos, a realización dunha práctica de laboratorio onde o alumnado tivo que determinar a densidade dun contaminante sólido na auga, e posteriormente presentar o seu correspondente informe de laboratorio.
2ª AVALIACIÓN:
-Sesión adicada a  explicar os procesos de tratamento de residuos. Para acompañar dita explicación o alumnado visionou un vídeo sobre a recollida selectiva de residuos.
-Sesión debate dirixido onde o alumnado tivo que valorar criticamente a  recollida selectiva na súa contorna.
-Realización por  parellas dun tríptico informativo sobre os diferentes residuos e a súa reciclaxe.
3ª AVALIACIÓN:
-Debido a situación de emerxencia de saúde pública tívose que adapatar as acitividades previstas e propúsoxelle o alumando a realización do seu propio xel hidroalcohólico que deberían levar no caso de poder producirse a saída o río Baiña, para a limpeza e coidado da súa hixiene persoal.

METODOLOXÍA
Propuxemos un modelo de desenvolvemento deste proxecto integrado e coherente cos plans do centro (Plan Lector, Plan TIC, Convivencia,...) e con aqueles de innovación educativa xa consolidados no noso centro, que son: o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), o Club de Lectura (CL), o Programa de Seccións Bilingües (SSBB) e o Club de Ciencias.
O proxecto fundamentouse nunha metodoloxía baseada na indagación e aprendizaxe colaborativa, e incorporará estratexias propias da aprendizaxe baseada en proxectos e mediante retos, incluíndo propostas tipo Flipped Classroom. Todas estas actuacións axéitanse a un modelo de enriquecemento curricular, no que o noso alumnado terá a oportunidade de dar a coñecer e desenvolver aqueles aspectos curriculares e competenciais das materias implicadas, que non se dan no desenvolvemento convencional.
A nosa proposta estivo en todo momento aberta a modificacións e readaptacións facilitaron a súa consecución. O noso proxecto implicou actuacións nos seguintes niveis:
-no profesorado, na elaboración do proxecto, pero ademais durante o curso, realizaranse reunións de coordinación onde se recollerá o estado, as principais incidencias e as modificacións que se consideren oportunas,
-no alumnado do proxecto, nas intervencións conxuntas,
-no grupo clase, nas diversas actividades realizadas dentro de cada materia
-no alumno/a, posto que o modelo de enriquecemento curricular permite a detección de talentos e favorece o seu desenvolvemento
-na comunidade educativa, mediante a difusión do proxecto nas diferentes canles consideradas, que son: web do centro e medios. Salientamos a publicación do noso proxecto na revista de educación EDUGA, na que expomos as características máis salientables da nosa proposta.
AVALIACIÓN (instrumentos utilizados e resultados obtidos)
A avaliación realizouse mediante o seguimento das actividades, a revisión dos traballos, e nas reunións de coordinación do profesorado implicado.
Primeiramente realizouse unha actividade preavaliativa, para recoller as impresións previas e o coñecemento do tema por parte do alumnado (en galego, oralmente na clase).
Durante as actividades de campo tívose en conta: a recollida de información, a implicación do alumnado na actividade, o uso da lingua inglesa na mesma (alumnado da Sección Bilingüe).
Ao final das actividades, as propias fichas cubertas das diferentes actividades propostas polas materias implicadas.

MATERIAIS XERADOS E EVIDENCIAS

Bioloxía e Xeoloxía/coordinación

-Publicación proxecto en eduga (Premios proxecta 2019): Polo río abaixo vai...

-Xustificantes de inspección: -inspección outono 2019: Río Groba 19 Río Baíña 19     -inspección primavera 2020: Río Groba20 Río Baíña20

-Módulo proxecto Ríos na aula virtual do Centro: -actividade 0 -actividade 1

-web do centro: innovación educaiva: Plan Proxecta: Proxecto Ríos

 

Animación Sociocultural e Turística:

-Presentación dos Traballos de Aula sobre Técnicas de investigación na Comunidade.

-Presentación dos resultados da investigación: A relación entre o Río e a Comunidade.

 

Física e Química:

 

Inglés (2 ESO_Bilingüe):

  • Memory game (formato físico)

Inglés (3ºESO Sección Bilingüe)

Relixión:

BIBLIOGRAFÍA

 A bibliografía empregada foi principalmente a páxina web e os recursos aportados polo proxecto Ríos
Ademáis salientamos os libros:

 •    Amigo, X. 2005. Sobre a flora e vexetación dos ríos de Galiza. Adega Cadernos 14: 15-30.
•    Armesto, X.F; González, M. Baiona. Vigo: Ir Indo Edicións.
•    Barreiro, H. (2012). Bayona de Galicia. Pasado y presente de la real villa histórica, turística y marinera. Edición Deputación de Pontevedra.
•    Cirujano, S.; Meco, A. & García, P. 2015. Flora acuática española: Hidrófitos vasculares. Real Jardín Botánico de Madrid, CSIC.
•    Cobo, F & Vieira, R. 2005. O río como ecosistema. Adega Cadernos 14: 9-14.
•    Ferreiro, R. 2005. Declive dos anfibios nos ríos galegos. Adega Cadernos 14: 43-54.
•    Garrido, J.; Benetti, C.J. & Pérez, A. 2012. ID-TAX. Catálogo y claves de identificación de organismos utilizados como elementos de calidad en redes de control del estado ecológico. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.
•    González González, M. & Cobo Gradin, F. 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules Ediciones.
•    González, M.A. & Cobo, F. Macroinvertebrados dos ríos galegos: biodiversidade e valor de conservación. Adega Cadernos 14: 31-36.
•    Greenhalgh, M. & Ovenden, D. 2007. Freshwater life: Britain and Northen Europe. Collins Pocket Guide.
•    Ladrera, R.; Rieradevall, M. & Prat, N. 2015. Macroinvertebrados acuáticos como indicadores biológicos: una herramienta didáctica. Ikastorratza, e-Revista de didáctica, 11.
•    Leiro Lois, A. & Daporta Padín, R. 2002. As árbores. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. A nosa Terra.
•    Leiro Lois, A. & Daporta Padín, R. 2002. As árbores. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. A nosa Terra.
•    López, M.C. 2006. Algas doceacuícolas nos ríos de Galiza. Adega Cadernos 15: 7-16.
•    Mouriño, X. 2005. Especies exóticas invasoras dos ríos galegos. Adega Cadernos 14: 55-66.
•    Núñez Pérez, Manuel. 2002. Os ríos. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. a nosa Terra.
•    Presas, A. 2006. Galiza, o país dos cen mil ríos. Adega Cadernos 15: 47-56.
•    Sáiz, A. & Navarro, J. 2006. Métodos de restauración de ecosistemas fluviais. Adega Cadernos 15: 37-46.
•    Santamarina, X. 2005. Réptiles, aves e mamíferos dos ríos de Galiza. Adega Cadernos 14: 37-42.
•    Soto, M. & Ruiz, I. 2006. Contaminación fluvial. Adega Cadernos 15: 15-36.

 E tamén os seguintes enderezos específicos para a sección bilingüe:
-Geography: notes on river studies. http://olevelgeog.blogspot.com.es/2009/10/notes-on-river-studies.html
-BBC Geography: river landscape. http://www.bbc.co.uk/bitesize/standard/geography/rivers/river_landscapes...
-Materias libres en pdf: http://www.primaryresources.co.uk/geography/pdfs/rivers_ws_cw.pdf, http://bogglesworldesl.com/river_worksheets.htm



FORMACIÓN PROFESIONAL

Refórza-T Contrato programa

REFORZA-T

1º-2º ESO INGLÉS

Programa ARCO

Liña 3 do programa, mateiras  de ámbito sociolingüístico.

 

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bibliotecas escolares de Galicia

Guardar

Guardar

Guardar

Eventos

« Xaneiro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PLAN PROXECTA

Guardar

Guardar

FSE

http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/78129/00_azul+EUROPA.png/d1c76e38-9c17-400d-87bf-3bc60e5c64a4?t=1445862635503?t=1445862635504Autorizada operación FSE curso 2019/20 para PMAR     abrir aquí

Guardar

Información