Buzón suxestións

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS. ANO 2018

 

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES, ANO 2018.

PRAZOS: 

CICLOS SUPERIORES: DO 8 A0 23 DE FEBREIRO DE 2018.

CICLOS MEDIOS: DO 12 AO 23 DE MARZO DE 2018.

 

XUNTAMOS INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES.

CONVOCATORIAS

Resolución do 9/1/2018 da Dirección Xeral de Educación, FP e IE, pola que se convocan as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos. Prazo de presentación entre o 23/2 e o 9 de marzo de 2018.

Na mesma resolución se convocan as probas para a obtención do título de graduado en ESO para maiores de 18 anos. Prazo en maio e en setembro.

Información no seguinte enlace :http://www.edu.xunta.gal

 

PUBLICACIÓN NO DOG DO 7/2/2018A ORDE DO 22/1 POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO MATRICULADO NO CURSO 2017/18 EN CENTROS PÚBLICOS.

PRAZO DO 8/2 ATA O 7/3/2018. 

A INFORMACIÓN DESTE PROGRAMA E A APLICACIÓN WEB É A SEGUINTE: http://www.edu.xunta.es/axudasle 

Atención telefónica :981957296/981546503

Enderezo electrónico: axudale@edu.xunta.es

 

 

Parabéns!

PARABÉNS A PAOLA DI PIETRO ALAR!

A nosa alumna de 4º da ESO Paola di Pietro Alar acaba de conseguir unha beca da FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA que lle permitirá estudar 1º de Bacharelato en Estados Unidos ou Canadá o vindeiro curso 2018-2019.

 

 

RECOLLIDA DE CUALIFICACIÓNS E ¡ BOAS FESTAS!

O Vindeiro día 21 de decembro entregaremos ao alumnado as cualificacións da 1ª avaliación.

Reanudaremos as clases o 8 de xaneiro de 2018.

Desexamos teñan  ¡¡¡¡ Boas Festas de Nadal !!!!!..

Convocatoria ANPA ( Luns, 4 de decembro de 2017)

Xuntamos convocatoria da I Asamblea Xeral da ANPA do IES.

Samaín e o Demo da Man Negra

Durante a semana do 30 de Outubro ó 3 de Novembro, coincidindo coa celebración do Día de Defuntos e o Samaín, o alumnado de Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística realizou unha representación teatral para todo o centro educativo (todo o alumnado da ESO, FPB e Bacharelato, así como para profesorado e persoal non docente). Un total de 18 pases dun obra de elaboración propia, inspirada en lendas e mitos da cultura galega, que puxeron en contacto ó público coa experiencia dun Aquelarre, ou a lenda do Demo da Man Negraunha historia que aconteceu o ano pasado aquí, en Sabarís...

 Samaín

Moitas grazas ó alumnado das FP Básicas de Electricidade e Electrónica, e de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios pola súa colaboración na preparación da ambientación dos decorados e nas probas de son, así como na limpeza e orde do Salón de Actos unha vez rematadas as representacións. 

OBRADOIROS DE SENSIBILIZACIÓN E PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 1º e 2º da ESO realizará uns obradoiros de sensibilización e prevención de violencia de xénero os días: 2,3, 6 e 7 de novembro no centro a cargo de profesionais especialistas organizado polo Concello de Baiona con fondos do Ministerio de Educación.

OBRA DE TEATRO: DON JUAN TENORIO (JOSÉ ZORRILLA)

O Departamento de Lengua española y Literatura do centro organiza para o vindeiro venres, 3 de novembro ás 11:00 horas no Auditorio Quinto Centenario de Baiona, acudir co alumnado á representación da obra de teatro: "Don Juan Tenorio"  de José Zorrilla.

Programa no arquivo adxunto.

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017/18

Teñen a información completa dos festivos e demais datas importantes no Calendario Escolar deste curso 2017/18.  Adxuntamos o arquivo.

Acto da Comunidade Educativa do IES 1º de Marzo en repulsa contra a vaga de incendios

 

 

 

Toda a comunidade educativa do noso centro concentrouse diante dun pequeno espazo verde que se salvou do lume, como acto simbólico de protección do mesmo, e como xeito de expresar a nosa repulsa ó acontecido nos últimos días, onde miles de hectáreas de bosque quedaron calcinadas, moitas familias perderon todo o que tiñan, e mesmo varias vidas humanas atoparon un tráxico final.

 

Nese acto simbólico procedeuse a gardar un minuto de silencio e á lectura dunhas verbas redactadas por un grupo de alumnos/as do centro:

"Hoxe coma onte as bagoas sáennos negras pola cinza da desgracia que chega á nosa terra, esta vez en forma de lume que arrinca a vida e o verde do noso entorno, e déixanos impotentes ante o seu poder de destrución.

Aínda que a tristura e a rabia está en todos os corazóns aquí presentes e en todos os que están espallados pola nosa xeografía, é agora mais que nunca cando temos que ser fortes, fortes por nos mesmos e pola nosa comunidade, que precisa de traballo mais tamén de sorrisos, non podemos caer na desesperación ou na desidia, todos e todas podemos, e mais debemos, colaborar para remediar e evitar que se repita esta situación.

E hoxe coma onte:

“... Anque en son de festa alegre

á gaitiña se oia
eu podo dicirche
non canta que chora”

 

E hoxe coma onte voltamos a dicir:

 ¡Nunca mais!"

 

Distribuir contido

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bibliotecas escolares de Galicia

Guardar

Guardar

Guardar

FORMACIÓN PROFESIONAL

Pais/Nais

Eventos

« Marzo 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PLAN PROXECTA

Guardar

Guardar

FSE

http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/78129/00_azul+EUROPA.png/d1c76e38-9c17-400d-87bf-3bc60e5c64a4?t=1445862635503?t=1445862635504Autorizada operación FSE curso 2016/17 para PMAR     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para FP Básica     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para itinerarios 3º e 4º ESO     abrir aquí

Guardar