Buzón suxestións

Charla Educación Vial

O vindeiro, 6 de abril ás 13:00 h. haberá unha charla sobre Educación Vial no salón de actos do Centro dirixida as familias e a o alumnado en xeral, esta charla correrá a cargo da Garda Civil de Baiona.

Centro Sede.- Data da Proba: 19 de abril

Centro Sede para as probas de C. Superior será no IES de Teis (Vigo).

Xuntamos instruccións no arquivo.

CELEBRACIÓN 25 ANIVERSARIO

 

 

 

O pasado martes 13 de marzo Celia quixo convidarnos para celebrar que leva 25 anos traballando con nós.

Pola nosa parte e en nome de toda a comunidade educativa do IES Primeiro de Marzo dámoslle as grazas.

Grazas pola túa amizade e por compatir con todos nós unha parte importante da túa vida.

Unha aperta, Celia.

 

 

 

 

AVISO : 8 de marzo, folga de mulleres

O servizo de transporte está garantido tanto na entrada coma a saída do IES  durante a  xornada de folga do día 8 de marzo, como outro  día lectivo.

CHARLA SOBRE AS REDES SOCIAIS

O vindeiro luns día 12 de marzo ás 18:00 horas no salón de actos do noso centro terá lugar unha charla dirixida ás familias sobre as Redes Sociais e Maltrato entre Iguais.

Esta charla forma parte do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos seus Contornos e correrá a cargo de dous membros do Garda Civil de Baiona.

LISTAXE PROVISIONAL DE INSCRITOS NAS PROBAS DE C. SUPERIORES

Prazo de reclamación do 7 ao 9 de marzo, ambos inclusives.

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERÁN 2018

Na web http://www.campuscientificos.es está toda a información referente á convocatoria dos campus convocados polo Ministerio en Madrid.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto do 16 de febreiro ata as 15:00 h. do día 9 de marzo de 2108.

 

 

FESTIVO LOCAL

FESTIVO LOCAL EN BAIONA:  DÍA 2 DE MARZO DE 2018  "FESTA DA ARRIBADA".

O Centro permanecerá pechado.

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ALUMNADO DE CICLO SUPERIOR

Orde do 6 de febreiro de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de FP de grao superior correspondente ao curso 2016/17.

 Bases:

Alumnado que rematara cunha cualificación final igual ou superior a 8,50.

Importe:

23 premios, dotación de cada un deles: 850 €.

Prazo:

Un mes  contando desde o 16 de febreiro, preferiblemente en sede electrónica: http://sede.xunta.es

 

Entroido 2018... un #EntroidoConHistoria

O pasado Venres 9 de Febreiro o IES 1º de Marzo fixo unha viaxe no tempo a través do seu #EntroidoConHistoria, recorrendo as diversas etapas históricas.

Dende a Prehistoria ata o Futuro, pasando por Grecia, Roma, Idade Media,... 

Ademáis dos disfraces temáticos, houbo tempo para un Concurso de Coplas de Entroido!

Deixámovos a Copla do profesorado, que decidíu disfrazarse das persoaxes da Aldea Gala que resistían o continuo asedio dun grupo de alumnado.... digo de Romanos!

 

 

 Agradecer ó alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística e o Equipo de Dinamización Lingüística o seu esforzo organizativo e o seu empeño por manter viva a tradición.

Distribuir contido

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bibliotecas escolares de Galicia

Guardar

Guardar

Guardar

Programacións 2017-18

FORMACIÓN PROFESIONAL

Pais/Nais

Eventos

« Novembro 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

PLAN PROXECTA

Guardar

Guardar

FSE

http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/78129/00_azul+EUROPA.png/d1c76e38-9c17-400d-87bf-3bc60e5c64a4?t=1445862635503?t=1445862635504Autorizada operación FSE curso 2016/17 para PMAR     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para FP Básica     abrir aquí

Autorizada operación FSE curso 2016/17 para itinerarios 3º e 4º ESO     abrir aquí

Guardar