Skip to Content

Biblioteca

Galería de fotos da II Semana Temática

Velaí vai o noso álbum de fotos das actividades e actos da II Semana Temática, agardamos que vos guste.

Preme aquí para acceder á galería 

Día das Letras Galegas 2015: Xosé Filgueira Valverde

Xa está aí o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este ano adicado ao escritor, académico, investigador, intelectual, político,... Xosé Filgueira Valverde, coñecido co alcume de "o vello profesor", un persoeiro cuxa elección suscitou certa polémica pola súa vinculación ao aparato do Réxime Franquista.

Achégate á Biblioteca a coñecer a súa obra. Faremos lecturas conxuntas.

Anímate tamén a participar no concurso literario e de cartéis que organiza o departamento de Galego.

Esperámoste.

Clausura II Semana Temática

(La Voz de Galicia, 30 de abril de 2015)

Clausura II Semana Temática: Baile tradicional galego

O IES Praia Barraña de Boiro celebrou, entre o 20 e o 24 de abril, a II Semana Temática dedicada este curso ás “Tradicións e Costumes”.

Durante a semana leváronse a cabo unha serie de actividades e exposicións do traballo realizado polo alumnado.  O obxectivo fundamental de todo este proxecto, proposto pola Biblioteca Escolar do centro, é fomentar o interese pola investigación no noso alumnado, o interese pola súa contorna, polos nosos costumes, pola nosa tradición.

Inaugurouse a Semana Temática cun concerto didáctico de Narf, “De Rosalía a Craveirinha, A marabillosa viaxe da lingua galega”.  Tamén tivemos a sorte contar con  Quico Cadaval, o grande contador de historias,  e con Uxía, quen nos deleitou cuns talleres de cerámica. O punto e final a esta semana repleta de actividades púxoo o  magnífico grupo  de baile galego Xilbarbeira, composto por alumnas do noso bacharelato.

Baile tradicional galego -grupo Xilbarbeira-.

Actividades da II Semana Temática

Onte celebramos outra xornada de actividades culturais no IES Praia Barraña de Boiro, no marco do II Proxecto de Biblioteca de Centro, na Semana das Tradicións e Costumes.
Visitounos Uxía, unha oleira que nos ensinou o manexo do torno de alfarería, que nos engaiolou a todos, en especial aos rapaces e rapazas que foron quen de tornear algunha peciña de arxila. Foi unha xornada moi distendida e sobre todo aprenderon a valorar o traballo artesán e tiñeron a satisfacción de realizar utensilios por si mesmos.

Ao longo da semana exaltamos o valor do propio, a importancia da tradición, dos costumes, da lingua,… como conformadores da nosa identidade. Valorando o noso poderemos valorar o alleo.

 Hoxe en diferentes espazos do centro, o alumnado dispuso mesas temáticas que reflectían as tradicións culturais e gastronómicas de diversos países anglófonos, como a India, os Estados Unidos e o Reino Unido.

 

Mañá pecharemos os actos desta segunda Semana Temática cunha exhibición de baile tradicional por parte de alumnado de segundo de bacharelato.


Distribuir contido


by Dr. Radut