Skip to Content

Animación á lectura

Fomento da lectura

 PLAN LECTOR CURSO 2015-16:

Prema aquí para acceder ao Plan Lector.

 

PROXECTO INTERCISCIPLINAR DA BIBLIOTECA DE CENTRO:

O equipo da biblioteca realiza cada ano a coordinación dun proxecto interdisciplinar para implicar o alumnado na lectura. Trátase dunha actividade interdisciplinar que pretendemos que implique a todos os departamentos do centro e a todo o alumnado dos diferentes ciclos nunha actividade común pero baixo distintos enfoques, arredor dun tema que o equipo da biblioteca propón ao comezo do curso. Os alumnos-as estarán acompañados polo profesor de cada materia e traballarán unhas unidades didácticas, previamente deseñadas, que nos darán unha perspectiva e visión do tema escollito desde as distintas materias do currículo.

      • Curso 2013-14 -------------- Tema: O MAR
      • Curso 2014-15 -------------- Tema: COSTUMES E TRADICIÓNS

 

CLUB DE LECTURA:

Merece especial mención o club de lectura, inaugurado o curso 2012/2013 e que continuaremos este ano pola boa acollida que tivo por parte da comunidade educativa e pola súa contribución ao desenvolvemento do Proxecto Lector do centro. Organizámolo en tres grupos por niveis educativos:

  • 1º e 2º de ESO: formado por 5 alumnos/as.
  • 3º e 4º de ESO: formado por 6 alumnos/as.
  • 1º e 2º de Bacharelato: formado por 5 alumnos/as.

Contamos ademais coa participación de distintos membros da comunidade educativa: 7 profesores, un conserxe e un administrativo, coordinados pola responsable da biblioteca.

As xuntanzas para os comentarios dos libros realizáronse nos recreos na biblioteca e cunha periodicidade mensual, adaptándonos loxicamente aos trimestres do curso educativo. A experiencia foi moi positiva e esperamos este ano a implicación de máis membros da comunidade educativa.

Charlas do escritor basco Jon Arretxe

O pasado xoves 25 de abril pasou polo noso IES o escritor de novela negra Jon Arretxe no marco da primeira edición do proxecto denominado Barraña Negro, unha actividade que pretende dar a coñecer este tipo de novela á comunidade educativa e establecer vínculos con escritores e escritoras deste tipo de literatura.

Os encontros do autor comezaron a primeira hora da xornada dándolle a coñecer a este os gravados que o alumnado do 2º de Bacharelato de Artes creou para a ocasión, inspirándose na trama da novela 19 Cámaras.

Un pouco máis tarde Jon presentou ao alumnado de Literatura Universal a súa primeira entrega da denominada saga "Touré", unha serie de novelas protagonizadas polo detective - vidente negro, chamado Touré, que desenvolve as súas pescudas na cidade de Bilbao e, máis concretamente, no barrio de San Francisco.

A media mañá o escritor puido coñecer tamén os traballos de investigación e crítica elaborados polo alumnado que participou nos encontros e relacionados cos principais temas que desenvolve 19 Cámaras.

A xornada de encontros concluíu coa charla - tertulia que se produciu entre o creador da saga literaria e todo o alumnado e profesorado que forma parte do Clube de Lectura do IES Praia Barraña.

Sen dúbida resultou ser un día moi fructífero e ameno e no que, tanto escritor como asistentes ás súas charlas, gozaron intercambiando impresións e opinións sobre literatura negra.

A esmorga

Chegada ao IES Praia Barraña d@s alumn@s de 2º de Bacharelato tras a proxección da película da obra homónima de Eduardo Blanco Amor.

Resaltamos do filme a ambientación, a recreación dos personaxes e unha lograda fidelidade con respecto ao texto orixinal.

Animádevos e ide vela! Paga a pena!

Novidades en cómic

Xa están na biblioteca as últimas adquisicións de cómics. Ven descubrilos!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut