Skip to Content

I Mostra: Boiro Deportivo

       O pasado 20 de abril, dentro da V Semana Temática, o Departamento de Educación Física e os alumnos/as de 3º e 4º de ESO baixo o título “I Mostra: Boiro Deportivo” organizaron unha Feira de Mostras no ximnasio do Instituto onde deron a coñecer e promocionaron toda a oferta deportiva que se leva a cabo nos clubes deportivos, asociacións, ximnasios públicos e privados, escolas deportivas, etc... do Concello de Boiro. O obxectivo é reunir nun mesmo evento toda a información das posibilidades existentes na contorna próxima dos nosos alumnos e motivar a todo aquel que visite a Mostra a escoller a actividade física-deportiva que mellor se adapte ás súas necesidades para poder levar un estilo de vida activo, deportivo e saudable.

      Aquí podedes ver unha pequena mostra do que se montou no ximnasio do insti: 



page | by Dr. Radut