Skip to Content

Contra as violencias machistas. 25N

 

Hoxe ameneceu de negro. Mentres para algunhas persoas o día enchíase de black e consumo, para outras escurecíase con outra muller asasinada por un home, e xa van 91 ( 45 se atendemos a cifras oficiais).  Por iso hoxe cobraron aínda máis sentido -por se alguén o dubidaba- as actividades deseñadas dende o noso instituto para combatir as Violencias Machistas.  O punto de partida para toda elas, o día 25 de novembro. Pero soamante é o principio  dun programa anual de reflexión sobre unha cuestión tan tráxica como complexa.

 

Dende Artes escénicas quixemos deseñar unha serie de accións reinvidicativas que incidisen no carácter violento do Machismo. 

  

  • Primeiros pasos: investigación e concienciación.

Comezamos a investigar, a coñecer datos, situacións, a facernos preguntas e tolear buscando respostas sin resposta; e sentimos a necesidade de plasmar as nosas conclusións en foma de carteis. Uns carteis que reivindicases a necesidade de traballar mulleres e homes neste asuntos, outros informando dos diferentes tipos de feminicidios, folios vermellos cos nomes das mulleres asasinadas, cartaces con esas outras formas de violencia menos sutís, pero  igual de machistas. Creamos un escenario  informativo, reflexivo e pedagóxico. 

 

 

 

  •  
  • A primeira acción( en breve estará un  vídeo )

Despois da investigación, chegou a acción. Comezamos a traballar con improvisacións e pouco a pouco xurdiu unha idea: queriamos evidenciar a cantidade de mulleres asasinadas, queriamos mostrar os 91 asasinatos, as 91 mulleres. Queriamos fuxir de discursos politicamente correctos, buscabamos incomodar para dende aí abrir un espazo de reflexión e debate. Non sabemos se o conseguimos.

Nun principio traballabamos no plano do simbólico: eramos 10 estudantes, 9 mulleres e un home.  Pero pouco quixemos aproximalo á realidade e intentar conseguir polo menos 44 persoas voluntarias. Parecía dificil pero non;a complicidade de todas as persoas, homes e mulles, foi emocionante.  Todo comezou a medrar e sen querelo eramos moitas máis e máis.  E dicimos moitas porque finalmente a realidade impúxose e as participantes, como as asasinadas, foron mulleres. Mulleres alumnas, mulleres profes, mulleres conserxes... Todas xuntas. Dende aquí, grazas. 

 

  • A segunda acción  

Co mesmo discurso e igual praxis, o grupo de escénicas interrompeu o recreo cunha actuación na que queriamos evidenciar a soidade e violencia das víctimas nunha sociedade que participa activamente ou dende a súa complicidade nesto da Violencia machista.  Chovía pero a indignación pola última asasinada desgarrounos dendo o inicio. Ao rematar un grito:

 

"Esta morte é o final. Sabedes cal é o principio?

"Pois, por que non o arranxamos xuntOs?

 

 (adxuntamos un rexistro de imaxe para que vexades o final. En breve elaboraremos un vídeo de maior calidade.)

Tamén podedes ler o que a prensa dixo de nós.

 



story | by Dr. Radut