Skip to Content

Plambe 2014-15

Logo de varios intentos, en setembro do pasado ano 2014, o IES “Praia Barraña” foi seleccionado para a súa incorporación ao denominado Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (máis coñecido como PLAMBE).

Con este plan procurase incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que recollan:
a)    A organización, actualización e dinamización da biblioteca de centro, entendida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
b)    A súa contribución á mellora dos procesos de ensinanza e de aprendizaxe e á adquisición das competencias básicas do alumnado.
c)    O concepto de alfabetización múltiple á hora de abordar a formación lectora do alumnado.
d)    A imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital.
e)    A realización de actividades de formación de usuarios/as das bibliotecas e os seus recursos.
f)    O deseño e desenvolvemento de programas para a adquisición da competencia informacional, ou de uso, tratamento e produción de información nos diferentes soportes e formatos.
g)    O papel da biblioteca escolar no desenvolvemento do Proxecto Lector de centro.
h)    O fomento da lectura.
i)    A contribución deste recurso á compensación das desigualdades sociais e á calidade do ensino que se imparte no centro.
k)    As posibilidades que ofrece para a incorporación de metodoloxías innovadoras e consecuentes coas necesidades educativas actuais.
l)    A implicación da biblioteca en actividades de extensión cultural destinadas a toda a comunidade escolar.

Para poder levar a cabo todas as tarefas antes mencionadas, grazas á inclusión no PLAMBE, o centro puido recibir ao longo do ano académico 2014–2015:
•    Formación específica, no contexto do Plan Anual de Formación do Profesorado.
•    Asesoramento a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dependente da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Subdirección Xeral de Centros).
•    Unha achega económica, destinada á actualización dos fondos documentais da biblioteca escolar, á renovación do mobiliario e outro equipamento necesario, así como para outros gastos de funcionamento.

Coa intención de dar a coñecer á comunidade educativa do IES “Praia Barraña” as distintas actividades deseñadas e desenvoltas dende a biblioteca escolar do centro, logo de se incorporar ao conxunto de centros educativos integrados no PLAMBE e, sobre todo, grazas ao traballo levado a cabo polo equipo de profesores/as liderados/as por Marieta Picón Romero, poñemos á disposición dos/as interesados/as a memoria pertencente ao ano académico 2014–2015.

Así mesmo, seguindo a máxima de que “unha imaxe vale máis que mil palabras” tamén publicamos unha serie de fotografías nas que se recollen distintos momentos, escenas, anécdotas, curiosidades, … do traballo desenvolto ao longo do ano académico 2014–2015.

Memoria do Plambe 2014-15

Galería de imaxes



page | by Dr. Radut