Skip to Content

Currículo

Currículo CMAFD02

 

Na seguinte ligazón pódese atopar o currículo do CMAFD02 GUÍA NO MEDIO NATURAL E DE TEMPO LIBREhttp://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/MAFD02

 

TÍTULO EXTINGUIDO LOXSE

TÍTULO EXTINGUIDO LOXSE

INFORMACIÓN MATRÍCULA CM ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS NO MEDIO NATURAL

 

  • Os módulos que compoñen o ciclo e a súa duración son os seguintes:

MODULO

      HORAS

Desprazamento, estadía e seguridade no medio terrestre

8 h / semana

Conducción de grupos a cabalo e coidados equinos básicos

8 h / semana

Conducción de grupos en bicicleta

5 h / semana

Fundamentos biolóxicos, saúde e primeiros auxilios

3 h / semana

Actividad física para persoas con discapacidade

2 h / semana

Dinámica de grupos

2 h / semana

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

3 h / semana

Formación e orientación laboral

2 h / semana

Formación en centros de traballo (FCT)

2 meses y medio

 

  • O ciclo consta de 2 cursos académicos:
  • 1º curso: no que se imparten os 8 primeiros módulos da taboa anterior.
  • 2º curso: corresponde ó último módulo, “Formación en centros de traballo” (FCT), onde se realizan as prácticas en empresas de turismo activo, podendo adiantarse ó periodo de verán.
  • O contido dos tres primeiros módulos esixe un boa condición física previa.
  • No módulo de “Conducción de grupos en bicicleta” é necesario ter un manexo básico da mesma ó inicio do curso.
  • O resto dos módulos (coa excepción da FCT) teñen un contido esencialmente teórico. Os tres primeiros módulos teñen tamen parte de contidos teóricos ademáis de prácticos.
  • O módulo “Conducción de grupos a cabalo e coidados equinos básicos” impartese no Centro Hípico de Montemuiño, onde o alumnado deberá acudir duas veces á semana polos seus propios medios. 
  • A asistencia é obrigatoria. O/a alumno/a perderá o dereito á avaliación continua nun módulo, cando o número de faltas sobrepase o 10% das horas totais dese módulo.
  • Os/as alumnos/as deben participar en actividades fora do centro e mesmo fora do horario lectivo habitual, incluida a pernocta, dado que son programadas polos profesores dos módulos correspondentes.
  • Existe un material individual obrigatorio para o desenvolvemento dos contidos prácticos que o alumnado terá que ter e levar a clase (botas de montar a cabalo, culotte, casco de bici, botas de montaña, compás, mochila, mapa…).
  • A titulación que se adquire con este ciclo é a de “Técnico en Conducción de Grupos no Medio Natural”, sendo a sua competencia xeral a de:
  • “Conducir clientes en condicións de seguridade por sendeiros ou zonas de montaña (onde non se precise técnicas de escalada e alpinismo) a pe, en bicicleta ou a cabalo, conseguindo a satisfacción dos usuarios e un nivel de calidade nos límites de coste previstos.”
  • Polo que para acadar esta competencia, é necesario recalcar a importancia de ter unha actitude positiva de cara ó traballo cas persoas e de relación social.
  • O ámbito de traballo será o medio natural (nin ximnasios, nin piscinas, nin dirixindo actividades deportivas como futbol, baloncesto....onde a titulación requerida sería a do Ciclo Superior de Actividades Físico-Deportivas).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut