Skip to Content

Actividades

OBRADOIRO SOBRE CONSUMO RESPONSABLE DE MANS UNIDAS

07/03/2017 23:50

O alumnado de 2º de ESO A, tivo o luns 6 de marzo o segundo obradoiro sobre consumo responsable seguindo o programa de Mans Unidas. Insírese dentro da liña de traballo interdisciplinar deste curso (a Auga, extensivo á sostibilidade, o respecto polo entorno, etc.). Esta sesión centrouse na proxección dun documental sobre o "despilfarro" de alimentos, ao que seguiu unha charla-coloquio sobre o mesmo.rPara finalizar, o alumnado realizou unha reflexión sobre as posibles solucións ao problema. A actividade foi organizada polo departamento de Relixión.

ALUMNADO DE ARTE E XEOGRAFÍA EN MADRID

05/03/2017 11:10

Na ponte do Entroido, o alumnado de Arte e Xeografía de 2º de Bacharelato aproveitou para viaxar a Madrid e Toledo. Un tempiño ben aproveitado!!

ENTROIDO 2017. A FESTA!

01/03/2017 10:33

Un ano máis celebramos o Entroido no centro. Agradecemos a alta participación, en especial ao alumnado de 1º de ESO, que, sendo o primeiro ano, foron os que máis se implicaron no Festival. E, por suposto, tamén aos mozos e mozas de Artes Escénicas por contrubuíren, cos xogos e a súa colaboración na organización do concurso, a facer desta xornada un estupendo día de Festa!!!

Aquí vos deixamos un petisco do que foi a mañá do 24 de febreiro:

O ALUMNADO DE RELIXIÓN EN MADRID

26/02/2017 14:07

O alumnado de 2º ESO de Relixión está a pasar estes días de Entroido nunha viaxe cultural e de lecer en Madrid. Visitarán tamén Segovia e Toledo. 

 

 

O IES DE PORTO DO SON NOS "21 DÍAS CO GALEGO"

23/02/2017 23:37

Antía e Germán, mozos de 2BACH e membros do club de lectura,  e Sabela, profesora do departamento de Bioloxía, sumáronse ao proxecto de Normalización e dinamización da lingua galega "21 días co galego", desenvolvido por Pilar Ponte, compañeira do IES da Pobra do Caramiñal. Participan así da homenaxe a Agustín Fernández Paz que este ano centra a iniciativa, contándonos da súa lectura de Lúa do Senegal.

ENERXÍA CON CONCIENCIA. FUNDACIÓN REPSOL

21/02/2017 19:27

O alumnado de 4ESO está a participar no proxecto da Fundación Repsol Energía con conciencia, que ten como obxectivo sensibilizar os mozos e mozas no uso responsable da exerxía. Esta mañá participaron nunha simulación dunha auditoría enerxética ao noso centro. Os datos que  recolleron nos seus traballos foron analizados con voluntarios da Fundación. Nunha análise científica que parte da observación e da experimentación, desenvolven competencias que han de repercutir non só neles, senón tamén nos seus compañeiros. O obxectivo é formalos na conciencia do concepto de eficiencia enerxética e de coidado do medio ambiente. Por suposto, o centro aproveitará a súa aprendizaxe e o esforzo dos profesores e profesoras implicados!

 

 

 

ENTROIDO 2017

19/02/2017 12:33
28/02/2017 12:33

O venres 24 celebramos o Entroido. Este é o programa do día:

3 primeiras horas: acticidade lectiva normal.

4ª hora:

  • 2º Bacharelato: actividade lectiva normal. Non hai ata o momento persoas anotadas para o concurso. Se se disfrazan, farano no recreo.
  • ESO e 1º de Bacharelato: tempo para que o alumnado e o profesorado se disfrace. Mentres, aqueles que non o fagan -esperemos que sexan poucos!!!- participarán nos xogos que o alumnado de Artes Escénicas realizará no patio. Estes comunicarannos ao longo da semana a organización. 

 

5ª e 6ª hora: FESTIVAL DE ENTROIDO NO POLIDEPORTIVO!!!

 

ANIMÁDEVOS, SERÁ UN DÍA PARA DISFRUTAR E CONTAMOS COA VOSA COLABORACIÓN!!!!

 

COMEZANDO O 2017: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

19/02/2017

Esta fin de semana o alumando do IES de Porto do Son está a levar o nome do centro e do noso concello por Galicia adiante. Ánxela Doval, profesora do departamento de Filosofía, membro do equipo de biblioteca e coordinadora das actividades teatrais do instituto, fixo dobrete. É xa o quinto ano que os mozos e mozas do grupo de teatro están a participar  nos Encontros Caixa Escena de Galicia, que durante os días 17,18 e 19 teñen lugar na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Estes son un un espazo de convivencia e de traballo arredor do teatro como ferramenta educativa. Ao tempo, desprazouse onte á tarde á facultade de Filosofía de Santiago de Compostela  para acompañar a Cristina, Pablo, UxÍa e Susana  na IV Olimpíada de Filosófica na modalidade de disertación sobre o tema “Novas tecnoloxías e identidades humanas.”. Esta iniciativa pretende potenciar o pensamento crítico a partir desta materia tan necesaria pero que vén de perder moito peso nos novos currículos educativos.

Agradecemos á ANPA a súa aportación á viaxe do alumando do grupo de teatro.

 

 

Ao tempo, os mesmos días, Carla, Clara, Manuela, Nerea e Sophía, as integrantes do grupo de Correspondentes Xuvenís do centro coordinadas por Elena González, profesora do departamento de Orientación, están participando en Gandarío no Programa de Actividades Ambientais da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A finalidade deste programa é coñecer a zona polo seu alto interese natural, histórico-artístico, xeográfico, económico ou etnográfico. Ao  mesmo tempo que implicar aos participantes na súa conservación e fomentar as relacións grupais e a convivencia. Estas alumnas mantéñennos informadas ao logo do curso das novas que poden ser de interese para os seus compañeiros e compañeiras, son as nosas “correspondentes". Podedes seguilas no blog que acaban de abrir.  

 Destrás hai, por suposto, moito esforzo!

Vai xa alá un máis de un mes dende que comezou o 2017, e xa estivemos enredados en actividades ben interesantes!!!

Comezamos o ano con "chíos para a lingua", mensaxes de twitter, desexos para un novo ano. Abrimos "mil primaveiras", que diciía Cunqueiro, despois de ter conmemorado o 100 aniversario da creación das Irmandades da Fala:

O 16 de xaneiro, charla do Programa A Ponte a cargo do profesor Francisco Javier González, Leonardo, a representación das súas ideas para o alumnado de 4ESO, 1º de Bacharelato de Tecnoloxía e Debuxo Técnico e 2º de Bacharelato de Debuxo Técnico II.

 .

O 17 de xaneiro, presentación do II Concurso Anual Intercentros de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo, alumnado de 1BACHARELATO. A ver se hai sorte!!!

 

O 17 de xaneiro os dous grupos do club de lectura xuntámonos para charlar co noso director, David Pérez Iglesias, quen gañou no 2016 o Premio Merín coa obra que lemos este mes: Todo o tempo do mundo.

 

O 18 de xaneiro o alumando do ciclo realizou unha ruta ata o monte Pindo (Carnota), xunto co alumnado do ciclo de Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural de Gondomar.

 

 

Do 19 ao 30 de xaneiro, recibimos os nenos e nenas dos coles do concello para contarlles contos. Trátase xa dunha das actividades de dinamización da lectura que organiza o equipo de biblioteca. Dende o 2010, as Contadas na Sala Perseveira!!!

 

O 20 de xaneiro , o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Valores Éticos, visitou o Museo Pedagóxico de Galicia.

 

Do 23 ao 27 de xaneiro, en colaboración co Concello de Porto do Son, Renacer impartiu ao alumnado da ESO  charlas temáticas de Educación e saúde. 1º de ESO sobre o uso das novas tecnoloxías; 2º de ESO  sobre a prevención do consumo de tabaco, alcohol e cannabis a través das habilidades sociais; 3º de ESO sobre educación afectivo-sexual e 4º de ESO arredor do uso e abuso de drogas e outras condutas aditivas.

 

O 27 de xaneiro, o alumnado de  2º de Bacharelato de Bioloxía e Ciencias da Terra, visitaron a Planta de Reciclaxe de Lousame, a EDAR de Porto do Son e o vertedoiro do Enxa.

Tamén este día, saída á Serra de Outes do o alumnado clasificado para a Fase Intercomarcal de Campo a Través do Deporte en Idade Escolar. Carlos, Roi, Alejandro, Iago, Eloy, Rayco, Lara e Manuel van deixando alto o pavillón do IES de Porto do Son! Parabéns!

 

 

Rapaces e rapazas do noso instituto construíron unha mensaxe de esperanza no Día Escolar da Non Violencia e a Paz, en resposta á proposta do departamento de Orientación.

 

O xoves 2 de febreiro tivo que cancelarse polo temporal a saída do Departamento de Bioloxía para o alumnado Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato a Coruña para visitar o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía e a Casa das Ciencias. O departamento prevé realizala entre o 2º e o terceiro trimestre.

 

Do 2 ao 4 de febreiro o alumnado de Artes Escénicas realizou unha viaxe cultural a Madrid. Entre outras actividades, asistiron á representación de The Ptalsrimi, de Yllana. Ao rematar tiveron un coloquio cos actores.

 

A semana do 6 ao 10, nas horas de clase, o departamento de Francés desenvolverá un obradoiro de crêpes con motivo da festividade da Candelaria co alumnado de 2ESO e 3ESO. O 2 de febreiro celébrase esta festividade cociñando as "filloas" francesas en familia; aquí fixéronno practicando a lingua de París!

     

O día 7,  charla para o alumnado do ciclo a cargo de Pablo López Quiñolas, organizador da proba Adventure Racing World Series (Raid de orientación de aventura de 5 días). 

 

 O 8 de febreiro o alumando de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, nunha actividade organizada polo departamento de Orientación, visitou varias facultades da USC e os centros de ciclos formativos de Santiago de Compostela. A actividade insírese no marco das levadas a cabo para facilitarlles a elección dos estudos que realizarán ao rematar a súa formación no centro. Atopámonos con antigos alumnos que están xa preparando a súa formación superior!

 

O 8 de febreiro, Pablo López Quiñolas, organizador da proba Adventure Racing World Series (Raid de orientación de aventura de 5 días), impartiu unha charla ao alumnado do ciclo. Estes tiveron o día 10 un encontro cun grupo de persoas representantes dociclo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

O 13 de febreiro Jesús Campaña, antigo alumno do Ciclo, falou, para o alumnado que o cursa actualmente, do seu paso polo mesmo, das prácticas realizadas e da súa experiencia actual e profesional. 


Esta mesma semana, o mércores 15, o alumnado do ciclo e o de 4º de ESO da Ciencias do Medio Ambiente e a Saúde participou nun obradoiro de primeiros auxilios da Cruz Vermella.

 

 Do 23 ao 27 de xaneiro e do 6 ao 10 de febreiro, demos comezo ao reparto de froita dentro do Progama "Aliméntate ben". Formamos parte da rede de centros que participa neste proxecto que recibe fondos da Unión Europea e é resultado da colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade. Ten como obxectivo a mellora dos hábitos alimenticios e de nutrición saudable no alumnado.

 

A biblioteca sacaou ao corredor os fondos sobre a AUGA, que está a ser tema de traballo por proxectos en 1º de ESO e tema interdisciplinar para o resto do centro. Podedes ver a exposción completa -que serguirá medrando ao longo do curso- na páxina do blog da biblioteca, ETIKELES. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut