Skip to Content

Viaxes

ALOXAMENTO PARA ESTUDANTES CURSO 2016-17

 Na páxina

 

http://xuventude.xunta.es/uploads/Residencias_para_estudantes.pdf

atoparás información sobre aloxamento para estudantes para o próximo curso, en:


Residencias das Universidades de Santiago, Coruña e Vigo
Centros residenciais docentes da Consellería de Educación (CRD)
Residencias da Dirección Xeral de Xuventude
Centros residenciais docentes da Consellería do Medio Rural e do Mar

PRESENTACIÓNS DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN

2016saturninopresentacion

O alumnado do IES Saturnino Montojo de Ferrol que está a participar no programa Correspondentes Xuvenís prepararon dúas presentacións dos campamentos de verán 2016. Nas seguintes enlaces podedes velas. Seguro que vos axuda a elexir campamento.

Alumnado 1º ESO

Alumnado 4º ESO

CAMPAMENTOS- CAMPOS DE TRABALLO- ACTIVIDADES

boton_acciondeveranazul

Acción de Verán

PDF Imprimir

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2016.

Así mesmo, en aplicación do principio de  transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.

A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.

 

ÁREAS DE PARTICIPACIÓN

Campamentos Campos de traballo Actividades de 18 a 30 anos Oferta concertada

CAMPAMENTOS

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto. Podes escoller o campamento que queiras en función da túa idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades de diversa temática en función do campamento (náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola...) Só tes que animarte a participar!

Consulta aquí o PDF

 

DATA DO SORTEO:

A data do sorteo publicarase neste apartado.

 

Voltar

 

CAMPOS DE TRABALLO

22 de abril, ás 9:00 horas, APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN

Os campos de traballo son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.

exclamacion Importante CAMPOS DE TRABALLO: O prazo para a entrega da documentación (orixinal) é de 48 horas  (sin contar sábados, domingos nin festivos)que empezará a computar a partir do día e hora de recepción do correo electrónico de inscrición. A dita documentación poderase presentar por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ademais, dentro deste mesmo prazo de 48 horas, deberase remitir, unha vez rexistrada,  unha copia de TODA a documentación ao fax número 981 545 843 ou ao correo electrónico camposdetraballo.xuventude@xunta.es

De incumprir este prazo de 48 horas, PERDERASE O DEREITO A PARTICIPAR NO CAMPO DE TRABALLO ASIGNADO, sen necesidade de comunicación expresa quedando liberada, polo tanto, a praza.

Como inscribirse:

Ten a man o/s código/s do/s campo/s de traballo (por exemplo: 402015). No caso dos campos de traballo internacionais, o "código Galicia" (a 1ª columna da taboa).

Deberás facilitar obrigatoriamente os seguintes datos:

  1. NIF do solicitante.
  2. Nome e apelidos, enderezo, CP,
  3. Data de nacemento do solicitante.
  4. Teléfono de contacto e teléfono para emerxencias.
  5. Correo electrónico.

Unha vez inscrito/a recibirás un correo electrónico coas instruccións para formalizar a inscrición no prazo de 48 horas que empezará a contar dende a recepción do mesmo.

Voltar

 

ACTIVIDADES DE 18 A 30 ANOS

Actividades e programas de lecer e tempo libre para mozos e mozas de 18 a 30 anos.

Consulta aquí o PDF

Voltar

 

OFERTA CONCERTADA (Só para entidades ou grupos non asociados)

A Consellería de Política Social é consciente de que as asociacións xuvenís e as entidades que realizan actividades para a xuventude non sempre dispoñen dos medios e instalacións axeitadas para a execución do seu traballo. En consecuencia, co obxecto de facilitar á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, regula a través desta orde, e baixo a denominación de oferta concertada, o réxime de utilización das súas instalacións xuvenís durante a campaña de verán 2016.

Mediante a Oferta Concertada, a Consellería de Política Social oferta o uso de instalacións xuvenís durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 30 de setembro.

Consulta a Orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ou tamén a podes descargar aquí

Información xeral

Corrección de erros DOG Anexo I oferta concertada

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut