Skip to Content

Probas

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.

07/02/2018

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. 

Borrador da Orde de convocatoria 2018.

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos

CALENDARIO

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

ENSINANZAS SUPERIORES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

Queres estudar Conservación e Restauración de Bens Culturais?    
 

conservacion-y-restauracionA Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais.

Acceso a través da proba: os requisitos para optar a proba son estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

Acceso directo: poderán acceder aos estudos superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais, sen realizar a proba específica, os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño. A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade para os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño é dun 20 %. O 80 % restante será adxudicado mediante a proba específica.

A inscrición farase na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ata o día 13 de xuño.

As probas específicas de acceso comezarán o día 27 de xuño.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 11 e 15 de xullo.

Máis información no DOG do 9 de maio de 2016 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/380/all
http://gradoconservacionbbcc.es/

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTiCAS SUPERIORES SEN REQUISITO DE BACHARELATO

deseoooEducación convoca a proba de acceso, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaoito anos no ano 2016, ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Deseño, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso escolar 2016/17, así como para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaseis anos no ano 2016

Inscrición nas probas:
A inscrición realizarse na secretaría dos seguintes centros educativos ata o día 30 de maio:

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 3 de xuño no taboleiro de anuncios de cada centro, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es/

A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.
Unha vez concluída a proba, o tribunal publicará a listaxe provisional de persoas que superaron e non superaron a proba, o día 8 de xuño.

Máis información no DOG do 28 de abril de 2016
Escolas de Arte e Superiores de Deseño: http://www.edu.xunta.es/web/node/1604
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia: http://www.esadgalicia.com
Ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia: http://gradoconservacionbbcc.es/

Queres estudar Arte Dramático

 

teatro-22A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2016/17.

Requisitos:
Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ata o día 14 de xuño.
A relación de persoas admitidas será exposta no taboleiro de anuncios da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia o día 15 de xuño así como en www.edu.xunta.es

As probas específicas de acceso comezarán o día 29 de xuño.
A listaxe de persoas admitidas publicarase o día 11 de xullo en http://www.edu.xunta.es
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 12 e 22 de xullo.

 

Máis información no DOG do 28 de abril de 2016 e en http://www.esadgalicia.com

 

Queres estudar Música?

 

Music1

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2016/17.
Requisitos:
Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 6 de xuño.
As probas específicas de acceso comezarán o día 20 de xuño.
Unha vez concluída a proba específica, os tribunais publicarán a listaxe de persoas que superaron a proba e as non admitidas.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.

Máis información no DOG do 28 de abril de 2016 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/113/all

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut