Skip to Content

Becas e axudas

CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES

 

PRAZAS NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES DA CORUÑA, OURENSE E VIGO    
 

credovigoA Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2016/17.

Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2016/17 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha modalidade concreta dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas e acreditadas.

Requisito de renda da unidade familiar:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar da persoa adxudicataria sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2015/16 (Boletín Oficial del Estado núm. 159, do 4 de xullo).
Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2*, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 538 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 825 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.307 €.
d) Máis do 30 %: 1.968 €.

Prazos:
a) Para os solicitantes matriculados en Bacharelato ata o 15 de xullo de 2016.
b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos ata o 8 de agosto de 2016
Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A

Máis información no DOG do 8 de xuño de 2016 e nos CRD:

http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/
http://centros.edu.xunta.es/credovigo/
http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/

*O limiar 2 de renda familiar para o curso 2015-2016:
Familias dun membro: 13.236 €
Familias de dous membros: 22.594 €
Familias de tres membros: 30.668 €
Familias de catro membros: 36.421 €
Familias de cinco membros: 40.708 €
Familias de seis membros: 43.945 €
Familias de sete membros: 47.146 €
Familias de oito membros: 50.333 €

MOBILIDADE EUROPEA

Charla informativa sobre mobilidade europea    

 

 

2016integraA Asociación Cultural Integra impartirá unha charla informativa sobre os programas de mobilidade europea para os mozo/as interesados en traballar en países da Unión Europea e vivir unha experiencia intercultural.

Inscricións: ata completar prazas (confirmar asistencia mediante correo electrónico ou teléfono)
Data: mércores 8 de xuño
Horario: 17.00
Prezo: gratuíto
Requisitos: mozos/as menores de 30 anos

Lugar de realización: Fórum Metropolitano

 

Contacto:
Asociación Cultural Integra

C/Adelaida Muro, 1B-Baixo A
15002 A Coruña
Teléfono: 981 005 194
Email:marketing@integracoruna.com / mundusintegracultural@gmail.com 

http://www.integracoruna.com/

 

BOLSAS DA XUNTA E DO ESTADO

 

Novidades en bolsas!!    
 

bolsasBótalle unha ollada ás últimas bolsas convocadas:

Bolsas da Xunta de Galicia

Bolsas do Estado

AXUDAS ECONÓMICAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

Axudas económicas para libros de texto e material escolar    
 

material-escolarA Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

No fondo solidario de libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º e 3º de ESO; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16. A asignación farase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Na convocatoria de axudas para adquirir libros de texto poderá participar o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial.

A convocatoria de axudas para adquirir material escolar está destinada ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
As solicitudes poden taramitarse dende https://sede.xunta.es/ co procedemento ED330B
Máis información no DOG do 16 de maio de 2016 e en https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/

AXUDAS PARA ACTIVIDADES EN I+D+i

Programa Principia para favorecer a empregabilidade dos/as mozos/as menores de 35 anos    

 

 

principia1

 

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha o programa Principia coa finalidade de favorecer a contratación /fomentar a empregabilidade  de 300 profesionais en actividades de I+D+i

 

 Es PRINCIPIA?
Tes un título universitario
Es menor de 35 anos
Careces de experiencia superior a 12 meses na túa categoría profesional
Non fuches contratado en 2016 pola entidade solicitante da axuda

Toda a información sobre este programa no seginte enlace:

http://principia.gal/

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

Axudas económicas para a formación práctica en empresas    
 

estudiantes_6A Consellería de Educación axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:

Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de Formación Profesional Inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e Programas Formativos e que realice a FCT dentro do territorio español.
Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de Formación Profesional Inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e que realice a FCT en países da Unión Europea.

Requisitos
1. Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que estea cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de Formación Profesional Inicial, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e Programas Formativos.

2. O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2016.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1. Primeiro prazo: 20 de xuño para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2015-marzo 2016, e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2016. Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2016.
2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2016 para o alumnado de ciclos formativos ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2016. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2016.

Contía da axuda.
a) O alumnado que realice a FCT na modalidade A percibirá:

Ata un máximo de 186 € cando se cumpran as seguintes condicións:
O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo.
O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello de residencia do/da alumno/a durante o período de realización da FCT.
A contía de cada alumno/a será en función do número de xornadas realizadas no módulo de FCT do ciclo correspondente.
b) O alumnado que realice a FCT na modalidade B percibirá a axuda tendo en conta os criterios seguintes:
Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía: 100 € contía base e 60 € por semana
Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa: 150 € contía base e 100 € por semana
Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Reino Unido, Suecia: 200 € contía base e 125 € por semana
 
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED202A
Máis información no DOG do 20 de maio de 2016 e en www.edu.xunta.es/fp

 

 

INTERCAMBIO XUVENIL EN LONDRES

Erasmus+: Xuventude en Acción. Intercambio xuvenil en Londres    
 

2016londreesA Asociación xuvenil Vrenza busca 7 mozos/as interesados/as en participar no intercambio xuvenil “Dance around the world” aprobado pola Axencia Nacional británica do programa Erasmus+: Xuventude en Acción.

Destinatarios/as: mozos/as entre 18 e 30 anos interesados/as en calquera tipo de danza, deseñadores gráficos, estilistas, maquilladores, perruqueiros, fotógrafos ou editores de vídeo. Durante unha semana convivirán con mozos e mozas doutros países europeos.
Datas de realización: do 20 ao 27 de xuño de 2016.
Lugar de realización: Londres (Reino Unido).
Entidade organizadora: Nicola Arts (Reino Unido).
Custos: A entidade organizadora, Nicola Arts, reembolsará durante o proxecto os custes de desprazamento  do/a mozo/a ata un máximo de 170€, presentando boarding pass, e-ticket e facturas dos correspondentes billetes (ver infopack)
Os participantes deberán pagar unha cota de participación de 100 € á entidade organizadora británica á súa chegada ao lugar de realización do intercambio.

Infopack: Os/as interesados/as poden atopar máis información no infopack:
https://www.dropbox.com/s/sbg22wekbqu3wby/NICOLA%20-%20INFOPACK.pdf?dl=0

Inscrición: Para inscribirse os/as mozos/as interesados/as deberán cubrir as fichas do seguinte link e envialas ao correo electrónico da asociación xuvenil Vrenza
https://www.dropbox.com/sh/jk91ptroq1js8p9/AABEg8BoDYctrjYv2F6T5DEia?dl=0

As prazas outorgaranse por rigoroso orde de inscrición. Unha vez admitidos deberán remitirnos nun prazo de 72 horas o billete de avión así como un seguro de viaxe e accidente.

Para máis información: vrenza@gmail.com

PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL GALEUROPA 2016

 galeuropa2016

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2016

OBXECTO DAS AXUDAS: Realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, P. Baixos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía, Suecia, Turquía

Obxectivos que se pretenden acadar:
- incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
- complementar a competencia profesional e persoal
- adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
- fomentar a autonomía persoal.

BS324A:
 
BS324B:
 
BS324C:

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS:  mínimo de 2 meses e máximo 4 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 20 de novembro de 2016.   Mínimo de 100 horas mensuais.

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?
A mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que manteña todos os requisitos de inscrición no momento da selección, agás o de idade.

Requisitos de inscrición no ficheiro do SNGX:
- Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro
- Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
- Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. No caso de ter finalizada a participación no sistema educativo serán corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
- Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
Para inscribirse no SNGX: http://garantiaxuvenil.xunta.es  De modo presencial nas oficinas de emprego (dirixirxe a orientadores/as YEI, de garantía xuvenil) e tamén nos Espazos Xoves de Betanzos, Curtis, Noia, Carballo, Pontedeume, Villaba, Ourense e Tui e no Centro coordinador de Santiago de Compostela.

Proceso selectivo das persoas participantes na mobilidade:
1º. Valoración das solicitudes daqueles mozos e mozas que non participasen noutras convocatorias do Programa de Galeuropa
2º. Só no caso de existir menos solicitudes que prazas, ou de existir crédito suficiente, poderán valorarse as solicitudes de persoas que participasen noutras convocatorias, sempre que respecto de convocatorias anteriores do Programa Galeuropa, sexa distinto o país de destino.
Criterios de selección:
- Antigüidade no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma,  ata 1,20 puntos.
- A maior idade fronte a menor, ata 1,20 puntos
- Test escrito de motivación e participación no programa de mobilidade, ata 2,25 puntos.
- Casos de violencia de xénero: 1 punto.
- Persoas en risco de exclusión social: 1,35 puntos
No caso de empates :
- 1º A puntuación máis alta obtida nos criterios do apartado precedente na mesma orde na que están establecidos.
- 2º Preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.
- 3º Orde de entrada da solicitude.

                                                         tabla1galeuropa

Presentación telemática en: https://sede.xunta.es/portada, mediante DNI electrónico, certificado dixital ou o sistema Chave 365 https://sede.xunta.es/chave365

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
- Mozos/as (BS324A):

O baremo é o indicado no apartado de proceso selectivo das persoas participantes na mobilidade, e ademais 3 puntos adicionais se presentan o documento de aceptación da empresa de prácticas antes da selección.
- Entidades (BS324B, BS324C):
• Melloras en recursos humanos , ata 16 puntos.
• Melloras na preparación lingüística da mocidade participante, ata 14 puntos.
• Presentar acordos con entidades socias de acollida xunto coa solicitude, ata 18 puntos.
• Número de mobilidades que contén o proxecto, ata 6 puntos.
• Duración das prácticas, ata 9 puntos.
• Acordo bilateral de colaboración para acoller mobilidades doutras entidades europeas, ata 8 puntos.
• Proxectos que teñan como destinatarios/as un 45% de persoas con discapacidade 9 puntos.
Nos concellos: Ata 10 puntos adicionais en función do número de mozos/as que teña inscritos no SNGX
Nos proxectos conxuntos, ou de mancomunidades ou fusión de municipios: ata 30 puntos adicionais

PROXECTOS DE MOBILIDADE (BS324B, BS324C)
- Máximo un proxecto por entidade solicitante
- Nº mobilidades por proxecto: mínimo 4 e máximo 20 (agás os proxectos conxuntos presentados por agrupacións, mancomunidades ou fusións de concellos que terán como máximo 25 mobilidades).
- Nº de países de destino por entidade: Máximo 3 (cun grupo mínimo de 4 participantes en cada país)
- Duración máxima do proxecto: 9 meses. Poderán realizarse as mobilidades en distintos fluxos
- Requisitos mínimos dos proxectos:
• Recursos humanos: cada proxecto contará como mínimo cunha persoa responsable do proxecto e/ou unha persoa que exercerá de mentor. Establécese un mínimo de horas que deben adicar ao proxecto segundo o número de mobilidades.
• Preparación lingüística das persoas participantes: mínimo 10 horas
• Cada entidade beneficiaria contará cunha entidade socia de acollida en cada país de destino.
• Non cabe a subcontratación. A entidade deberá realizar por si mesma a actividade subvencionada.

XUSTIFICACIÓN DA AXUDA: 1 mes dende que remate a mobilidade e máximo o 30 de novembro de 2016.

FINANCIACIÓN: Axudas cofinanciadas pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89%.

NORMA REGULADORA: ORDE do 23 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016. (DOG núm. 67, do venres 8 de abril de 2016).

A realización da mobilidade xerará o dereito ás persoas participantes para a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude (Orde do 26 de febreiro de 2015,DOG núm. 57 do 25/03/2015).

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
981 544 645, 981544854, 981 541688
- mozos/as galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es
- entidades sen ánimo de lucro e concellos galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es

DOG do 8 de abril de 2016

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut