Skip to Content

Para saber máis

LIBROS DE LECTURA RECOMENDADOS

Libros para este verán!!

     
 

lecturaGústache ler? Poñemos a túa disposición unha listaxe de libros recomendados polo alumnado que participou durante este curso no programa Correspondentes Xuvenís 3.0

 

Libros recomendados polo alumnado Correspondente Xuvenil

 As alumnas correspondentes xuvenís do IES de Porto do Son, recoméndanvos o seguinte libro:  La joven de las naranjas. Jostein Gaarder.

CERTIFICADOS DE EDUCACIÓN NON FORMAL

CERTIFICADO DE EXPERIENCIAS: EDUCACIÓN NON FORMAL EN MATERIA DE XUVENTUDE

 

 

O certificado de experiencias de educación non formal en materia de xuventude permite confirmar a participación en programas de educación non formal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e, sobre todo, validar as competencias e darlle visibilidade aos coñecementos, habilidades e formación derivados desa participación, en tanto que contribúen ao desenvolvemento persoal dos participantes, enriquecen o seu currículo vital e favorecen a participación activa na sociedade.

O certificado está regulado pola Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regula o certificado de educación non formal en materia de xuventude (DOG nº 57 do 25 de marzo)

Se participaches nalgún dos programas que dan dereito á expedición do certificado, presenta xa a túa solicitude.

Programas que dan dereito á expedición do certificado:

  • Iniciativa xove, Erasmus +:Xuventude en Acción, A xuventude no mundo, Campos de traballo e Galeuropa  (artigo 3.1)
  • Outros programas: Correspondentes xuvenís 3.0  (artigo 3.2)

Máis información en:

http://xuventude.xunta.es/certificado-de-experiencias-educacion-non-formal-en-materia-de-xuventude.html

 

CARNÉS PARA A MOCIDADE

  CARNÉS PARA A MOCIDADE

 

Coñeces as vantaxes de ser titular dalgún dos carnés para a mocidade: multitude de descontos e vantaxes estante a esperar en todo tipo de bens e servizos!.

 

Se pinchas en cada un deles terás a información que procuras. Tamén tendes os enlaces debaixo.

  

 

carne_xove

 

  http://xuventude.xunta.es/carne-xove.html

 

carne_alberguista

 

  http://xuventude.xunta.es/carne-de-alberguista.html

 

 

carne_estud_internacional

 

 http://xuventude.xunta.es/carne-de-estudante-internacional.html

 

 

carne_prof_internacional

 

  http://xuventude.xunta.es/carne-de-profesor-internacional.html

 

 

carne_internacional

 

 http://xuventude.xunta.es/carne-internacional.html

 
Prezos de servizos nas instalacións xuvenís e expedición de carnés para a Xuventude

 

FOROS XUVENÍS

Foros juveniles en Rusia

Información

Rusia acoge dos importantes foros donde la juventud será protagonista este verano. El primero de ellos, Terra Scientia en el Klyazma, se celebra del 27 de junio al 28 de julio en la región de Vladimir. El objetivo de este encuentro es unir a la juventud internacional para promover el estilo de vida saludable y valores familiares, contribuir al desarrollo de la creatividad juvenil en la esfera de las ciencias, nuevas tecnologías, innovaciones y arte, y establecer relaciones de amistad y cooperación entre jóvenes de todo el mundo.

Por su parte, del 1 de julio al 16 de agosto, La República de Crimea es el marco del Foro Juvenil Educativo Tavrida, que pretende posicionarse como una plataforma en la cual los participantes demostrarán sus talentos, podrán hacer nuevos amigos, intercambiar opiniones y recibir apoyo para realizar sus proyectos artísticos y culturales. Cada semana, jóvenes interesados en diferentes disciplinas podrán realizar actividades y debatir y compartir ideas con sus compañeros y especialistas de reconocido prestigio en sus  campos académicos.

En el transcurso de ambos acontecimientos, los jóvenes podrán reunirse con altos funcionarios, personalidades destacadas del mundo del arte y empresarios así como de disfrutar de un programa de una gran diversidad cultural, educativa y social.

Imagen del foro Tavrida

 

Convoca

Agencia Federal para la Juventud junto a otros organismos estatales rusos y ONG's.

Requisitos

Pueden participar jóvenes españoles entre 18 y 30 años. La inscripción debe realizarse vía internet en el sistema informativo automático 'Juventud De Rusia'.

Dotación

Los organizadores corren con los gastos de transporte, alojamiento y alimentación en Rusia, y prestan asistencia con los visados.

Más información

Embajada de la Federación de Rusia en España
Calle Velázquez, 155. 28002 Madrid
Tel: 91-562-22-64/97-12
embrues@mid.ru
http://spain.mid.ru

"TELEXORNAL MANUEL MARÍA"

 
"Telexornal Manuel María" do CPI dos Dices en Rois PDF Imprimir
Mercores, 11 Maio 2016 11:38

manuel_maraTelexornal realizado polo alumnado do CPI dos Dices de Rois sobre Manuel María e gañador do certame Curtas para Rosalía:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidosdices/node/357

 Retrato feito por Manuel Penín   

    

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!


Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"

 

Máis datos sobre Manuel María: http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/dia-das-letras-galegas

PROGRAMA ALIMÉNTATE BEN

lacteosnaescola

A Consellería do Medio Rural, coa colaboración da Consellería de Educación e da Consellería de Sanidade, convocan axudas destinadas á subministración ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia de leite e de produtos lácteos transformados, a través dun programa único e integral: programa Aliméntate ben.

Poderán solicitar a axuda:
a) Un centro escolar.

b) Unha autoridade educativa para o alumnado que teña baixo a súa competencia.
c) A persoa provedora dos produtos.
d) Unha organización que actúe en nome dun ou máis centros escolares e que estea constituída especificamente para tal fin.

 

As persoas destinatarias será o alumnado de:
a) Educación infantil.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria, que comprenderá a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional de grao medio.

 

A periodicidade da solicitude de pagamento será mensual e abranguerá o período de subministración dun mes

 

As axudas poden solicitarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento MR265A e MR265B
Máis información no DOG do 29 de febreiro de 2016 e en http://www.edu.xunta.es/ e en http://alimentateben.xunta.es/

 

VIDEO: SE HAI VIOLENCIA NON É AMOR

 

sehaiviolencianoneamor

Se hai violencia non é amor, en un video realizado polo alumnado do IES Mestre Landín, instituto no que varios/as alumnos/as están a participar neste curso no programa da dirección xeral de Xuventude, Correspondentes Xuvenís 3.0

 

Se hai violencia non é amor

Violencia xénero

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut