Skip to Content

XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO DE 1º de ESO

20/10/2017 19:44

Esta mañá a chuvia non foi quen de estropear a xornada de acollida para os rapaces e rapazas de 1º de ESO que organizou o alumnado de Artes Escénicas de 4º de ESO, coordinado por Ánxela Doval, profesora do departamento de Filosofía. Estes preparáronlles xogos en diferentes espazos do centro. Trátase dunha actividade que forma parte do Plan de Acción Titorial que ten como obxectivo darlles a benvida ao centro e crear un sentimento de grupo que favoreza a convivencia ao longo do curso. Esta complementarase coa "Ruta da auga" que realizarán o luns que vén na que asentarán os primeiros chanzos para o traballo por proxectos. Este ano: COMUNICACIÓN  (convivencia, diálogo, respecto...).

É un pracer velos felices!!! Un ano máis, o esforzo dos mozos e mozas de Artes Escénicas fíxoo posible!!! Moitas grazas!!!!!!!

 

"A SAGA DO BACALHAU" NO MUSEO MAREA

12/10/2017

Alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato visitaron a semana pasada a exposición "A saga do bacalhau"" no Museo Marea. Organizada polo profesor Raúl Soutelo, do departamento de Xeografía e Historia, enmárcase nun proxecto didáctico de fomento entre o alumnado do "coñecemento empírico da importancia da pesca e das actividades derivadas dela nas sociedades costeiras na época contemporánea". A exposición que pertence ao Museo Marítimo de Ílhavo, en Portugal, está a percorrer varios puntos de Galicia no marco do proxecto Morada Atlántica.

Como ben sabedes, o bacallau é un dos referentes gastronómicos de Portugal. Destrás desta tradición hai unha dimensión económica, política e cultural da que dá conta a mostra. Formada por obxectos relacionados con esta actividade que levou a moitos mariñeiros a Terra Nova e Groenlandia e polo testemuño do xornalista australiano Alan Villiers -un libro, un filme e unha reportaxe fotográfica de 1951-, fálannos dun duro traballo non moi afastado da nosa propia historia. 

 

A USC DIVULGANDO A ASTRONOMÍA NO IES DE PORTO DO SON

10/10/2017

Se falamos de COMUNICACIÓN no ámbito científico, non podemos esquecer a importancia da divulgación como medio para facer accesible a ciencia a todo tipo de público. O papel que veñen desenvolvendo dende o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da USC neste eido nos últimos anos, fai posible que dende moitos recunchos de Galicia todos aqueles que estean interesados poidan  ver dende un telescopio planetas, nebulosas, estrelas...

O programa Todocosmos, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), achegou tamén a astronomía ao noso IES. O 10 de outubro, ao solpor, os alumnos do ciclo e de 2º de bacharelato recibiron unha charla sobre orientación a través do ceo nocturno e sobre a vida das estrelas. A conferencia foi organizada polo departemento de Física e Química e impartida polo investigador Pedro Pablo Campo. Tras un paseo por buratos negros, estrelas de neutróns, xigantes vermellas..., os nosos alumnos e alumnas aproveitaron para preguntar a un experto moitas desas cuestións que nos facemos a miúdo sobre os misterios do Universo.

A continuación observamos Saturno e os seus aneis, a nebulosa do anel e algún cúmulo de estrelas.

Agradecemos á USC e á FECYT esta xornada tan interesante!

Radioteatro!!!

16/10/2017 23:49

Xa hai uns anos Fanfarra de soños estivo connosco para levarnos ao mundo do teatro na radio. Este ano traballaremos o tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN e da súa man veñen xa os nosos primeiros pasos, grazas a esta actividade ofrecida dende a Área de Xuventude do Concello. O blog da biblioteca recolle este obradoiro no que o alumnado creo a peza Unha noite de Samaín. Ficamos á espera de poder escoitala!

Podedes ler máis nesta entrada do blog da biblioteca:

FOLLETO INFORMATIVO DE COMEZO DO CURSO

16/10/2017 14:04

FOLLETO INFORMATIVO

DE COMEZO DE CURSO

 

Información para nais e pais sobre:

Estrutura orgánica do IES.

Normas xerais de convivencia.

Asociacións e representación de pais e alumnos.

Claustro de profesores.

Representantes do Consello Escolar.

Actividades que se realizan no IES.

Horario académico do centro.

Horario de visitas e oficina.

Plan de estudos: ESO

Plan de estudos: Bacharelato.

Formación profesional: Ciclo.

Calendario de avaliacións.

 

 

Consellos médicos para as Alertas Escolares

07/10/2017 16:49

Xa o curso pasado abrimos unha canle de información cos servizos médicos para coñecer como actuar nos casos de Alerta Escolar. Pero consideramos importante incidir no tema un ano máis. Este mércores pola tarde, puidemos recibir os consellos de tres doctoras; permitirannos estar máis preparados para actuar en posibles casos de urxencia e encarar mellor os aspectos académicos que puidesen derivar de determinadas situacións. No noso ánimo sempre está presente o benestar do alumando! Dende aquí agradecémoslles que tivesen aceptado asesorarnos, fóra das súas horas de traballo (e, por suposto, tamén ao profesorado que asistiu o seu interese).

BENVID@S AOS CLUBS DE LECTURA

07/10/2017 16:35

Un curso máis o equipo de biblioteca bota a andar os dous clubs de lectura para alumnado. O primeiro, para mozos e mozas de 1ESO a 3ESO e o segundo de 4ESO a 2BACH. Lembramos con cariño o alumnado que rematou o curso pasado despois de estar connosco tantos anos, mais... acollemos con ilusión os que continúan e as caras novas. Mesmo vimos de iniciar un club de adultos, que tenderá pontes ao club do IES da Pobra do Caramiñal. Entrade no blog da biblioteca para saber en que andamos enredados... Poesía, títulos de libros, as lecturas escollidas...

COMEZAMOS O CURSO!

21/09/2017 21:20

Van xa alá uns días do comezo de curso. Recibimos de novo o alumnado do curso pasado que continúa no centro e damos a benvida aos rapaces e rapazas de 1º de ESO e aos mozos e mozas do Ciclo.

Procuramos un obxectivo básico: formar persoas nos ámbitos académico e persoal. Agradeceremos que toda a comunidade educativa -entendida nun sentido amplo: profesorado, alumnado e familias, mesmo o pobo en xeral- traballe xunta para tal fin. 

Dámos por comezado o curso escolar 2017-18.

INICIO DO CURSO 2017-18

06/09/2017 09:14

 

O curso 2017-18 comeza o VENRES 15 de setembro para a ESO e BACHARELATO. Esta será unha xornada de PRESENTACIÓNS. Os autobuses recollerán o alumnado nas súas paradas para chegar ao centro ás 10:30h. Irase chamando por niveis, pero as LISTAXES cos grupos estarán xa expostas na porta do centro media hora antes.

O inicio do curso para o CICLO será o LUNS 18, ás 08:20h. Tras a presentación a xornada terá un desenvolvemento dentro do horario habitual.

VENRES 15, HORARIO DAS PRESENTACIÓNS 

1º ESO

Ás 10:30h, recepción no salón de actos

Ás 11:00h, saída para as aulas cos titores/titoras

2º ESO

Ás 11:15h, recepción no salón de actos

Ás 11:30h, saída para a aula cos titores/titoras

3º ESO

Ás 10:30h, recepción na biblioteca

Ás 10:45h, saída para a aula cos titores/titoras

4º ESO

Ás 11:00h, recepción na biblioteca

Ás 11:15h, saída para a aula cos titores/titoras

BACHARELATO

Ás 11:00h, recepción nas aulas cos titores/titoras

 

O alumnado esperará na entrada ata que sexa chamado por algún membro do equipo directivo.

 

SAÍDA ás 12:00h

LUNS 18

CICLO, 8:20, recepción na aula

Iníciase o horario habitual para todos os cursos (ESO, BACHARELATO e CICLO):


 

Mañá

 Tarde

Luns

8:20h-14:00h               

16:20h- 18:00h             

Martes

8:20h-14:00h 

 

Mércores

8:20h-14:00h 

 

Xoves

8:20h-14:00h 

 

Venres

8:20h-14:00h 

 


Pódese consultar e descargar o CALENDARIO ESCOLAR para o curso 2017-18 na páxina da Coordinadora Galega de ENDL pinchando aquí.



FESTA DE FINAL DE CURSO!!!!

23/06/2017 18:34

Dúas horiñas de limpeza e organización, algunha que outra recuperación e... Festa de final de curso!!!Sorriso

 

Inauguramos a Pulpusha, a lámpada que creou o alumnado de 1º de ESO feita coas botellas de plástico que foron recollendo no proxecto da auga. Xa forma parte do noso insti!

Xogouse unha emocionante final de fútbol-sala entre 2º de ESO e 1º de Bacharelato. Durante todo o mes houbo partidos nos recreos. Grazas a todos os participantes e parabéns aos finalistas e, claro está, a 1º de Bacharelato pola vitoria!!! Aquí os vemos xuntos celebrándoo:

Nagay, alumno do ciclo puxo a medio insti a bailar cunha intensiva sesión de zumba! É unha sorte poder contar con xente tan implicada!

Despois de moito traballo nas clases de tecnoloxía, o alumnado de 2º de ESO, o de 4º de ESO e a nosa compañeira Paloma, pecharon o día de festa coa xa tradicional carreira de robots e lanzamento de cohetes! Mirade que chulos quedaron! E a diana!

O ano que vén, máis!!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut