Skip to Content

CRÊPES NAS CLASES DE FRANCÉS

07/02/2018

O alumnado de Francés de 1º de ESO, celebrou a Chandeleur (a Candelaria) ou fête des Chandelles cociñando crêpes coas súas profesoras! Souberon desta tradición dun xeito ben divertido!

 

 

 

 

 

ECOAUDITORÍA DE RESIDUOS

07/02/2018
Este luns dúas biólogas de ADEGA ensináronnos a realizar unha Ecoauditoria dos residuos producidos no centro, que levarán a cabo alumnas e alumnos de Cultura Científica de 4ºESO e 1ºBac. Durante estas dúas primeiras sesións estiveron analizando a situación actual do centro, e na vindeira sesión o luns 26, adoptaránse medidas para xestionar e reducir os nosos residuos.
Por outra banda, co alumnado de 1ºESO B e do Ciclo, o obradoiro consistiu en reutilizar un tipo concreto de residuo, os tetrabricks, tan complicados de reciclar. Convertéronos en moedeiros!
 
 
 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior.

07/02/2018

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. 

Borrador da Orde de convocatoria 2018.

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos

CALENDARIO

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ

Admisión do alumnado para o curso 2018/2019

20/06/2018

Solicitude de admisión

 

Próxima apertura

(aberto do 1 ao 20 de Marzo)

 

enlace>>>> https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato para o curso académico 2018/2019.

 

O IES de Porto do Son presenta aquí información facilitada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que fai referencia aos procedementos de admisión e matrícula nos centros docentes sustentados con fondos públicos da comunidade autónoma de Galicia para os seguintes niveis educativos: 2º ciclo de Educación Infantil (de 3 a 6 anos), Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Calendario do procedemento de admisión e matrícula para o curso escolar 2018/19

Para o curso escolar 2018/19 os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matrícula do alumnado, son os seguintes:

Reserva de praza no centro de orixe 01 - 15 de febreiro

Sorteo público a efectos de desempate Última semana de febreiro e antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes Antes do 1 de marzo

Presentación de solicitudes de admisión 01 - 20 de marzo

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo

10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas Antes do 25 de abril

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria 20 - 30 de xuño

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato 25 de xuño - 10 de xullo

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato 1 - 10 de setembro

ENTROIDO 2018

04/02/2018

VISITA AOS CICLOS FORMATIVOS EN SANTIAGO

04/02/2018

O alumnado de  4º de ESO interesado en ciclos formativos de FP visitou o venres pasado en Santiago os Centros Integrados de FP Politécnico, Compostela e/ou ao IES Lamas de Abade . Nesta actividade tamén participaron algúns alumnos e alumnas de 3º de ESO que poden presentarse ás probas de acceso a ciclos de FP de  Grao Medio. Actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial e foi organizada polo Departamento de Orientación.

 

OBRADOIRO DE RADIO, RADIO NA BIBLIO

04/02/2018

 

 

Javier Prado, da rede de escolas pertencente ao colectivo Radio Espora, impartiu o martes 30 un obradoiro de radio para o profesorado. A primeira parte, unha introdución xeral, desenvolveuse na na biblioteca; na segunda, tras elaborar uns breves guións de programas de radio, realizamos unha clase práctica. A actividade enmárcase no proxecto Radio na Biblio, promovido dende Bibliotecas Escolares. Os 20 centros seleccionados estamos xa en marcha! 

En abril, en plena Semana Cultural, un grupo de alumnos unirase á formación. Pero antes iremos xa facendo prácticas con eles. Tentaremos atraelos cara a un recurso que, sen dúbida, lles permitirá acadar moitas das competencias de forma dinámica e motivadora. 

Seguimos adiante co tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN

 

CHARLA DE EDUEMPRENDE

31/01/2018

Na Aula Galaxia, o alumnado de IAAE e de Economía de 4º de ESO recibiu a Manuel Gómez Rodríguez, director oficina do Banco Santander Noia, quen lles explicou como moverse nas operacións bancarias pola rede e como empregar as tarxetas con seguridade. Tamén os informou, entre outros temas, sobre distintas actividades do ámbito económico relacionadas co seu sector. A actividade enmárcase no programa de Eduemprende. Unha mañá ben útil!!!

 

EN NOIA NA FASE INTERCOMARCAL DO DEPORTE ESCOLAR

31/01/2018

Parabéns aos mozos e mozas do centro que participaron na Fase Intercomarcal de Deporte Escolar! O equipo  cadete feminino a pesar das baixas quedou en terceiro lugar e  Valeria Lorenzo Olveira de 2º B  (7º posto) clasificouse para o campionato provincial a celebrar o sábado 3 de febreiro en Culleredo ( A coruña). 

 

SEGUINDO A "RUTA DO LIXO", DA PLANTA DE RECICLAXE, ATA O EDAR E O VERTEDOIRO DO ENXA

27/01/2018

 

O alumnado de 2º de Bacharelato de Bioloxía e Ciencias da Terra, seguiu este venres a "ruta do lixo" ou, como é coñecida xa no centro "a ruta da merda". Visitaron a Planta de Reciclaxe de Lousame, EDAR de Porto do Son e o vertedoiro do Enxa. Coñecer para comprender e construír un mundo máis respectuoso co medio ambiente. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut