Skip to Content

CAMIÑO A FONTANDURÍN. REFORESTACIÓN E PATRIMONIO NOS MONTES DE BAROÑA

03/06/2018

Fora unha das actividades da Semana Cultural. Botamos a andar o que será o xérmolo dun novo proxecto relacionado cos roteiros do IES e que, con vontade de facelo medrar, desenvolveremos no curso que vén, adicado á sustentabilidade. 

Fontandurín é un dos lugares do monte de Baroña, un lugar que ben puidera pertencer á Selva de Esmelle de Cunqueiro pola carga evocadora do seu topónimo. Aí estamos, en reforestar co alumnado  este alto do monte no que paisaxe, patrimonio, historia e futuro van da man. Ler o horizonte, ler os petróglifos, ler a terra, ler os muíños, as capelas... E dende este ler, aprender o valor de que a "Selva de Fontandurín" poida ser parte do noso alumnado. Ir vendo medrar as árbores plantadas, árbores de noso: carballos, sobreiras, bidueiros... Espantar os lumes que han de vir. Contribuír a sandar a Terra.

Grazas a Ovidio, aos membros da Comunidade de Montes de Baroña e a Manuel Mariño del Río por acompañarnos con entusiasmo nesta actividade! Estamos a asentar a Comunidade Educativa de Porto do Son!

 



story | by Dr. Radut