Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

05/11/2021 13:14

Segundo Resolución do 20 de setembro de 2021, publicada no DOGA do 29 de setembro de 2021, tódolos centros da Comunidade Autónoma atópanse no proceso de renovación dos membros do Consello Escolar. Trala primeira reunión da Xunta electoral, comunicámoslle que no IES de Porto do Son téñense que renovar dúas prazas de representantes de pais/nais/titores legais, catro prazas de representantes de alumnos/as e sete prazas de representantes de profesores/as.

Tendo en conta a importancia dos temas tratados e decisións tomadas, animámoslles a presentar candidatura.  O modelo está dispoñible na Conserxería do centro/ no arquivo adxunto.

 

CALENDARIO:

  • Presentación de candidaturas: do venres 5 ao venres 12 de novembro.

  • Proclamación de candidaturas: luns 15 de novembro

  • Votación:

Profesorado: luns 22 de novembro de 10:00 a 10:20 h e de 12:00 a 12:20 h

Pais/Nais/Titores legais: luns 22 de novembro de 18:00 a 21:00 h

Persoal de Administración e Servizos: luns 22 de novembro ás 11:30 h

Alumnado: luns 22 de novembro ao longo do día nas horas de clase

 

  • Proclamación de candidatos/as elexidos/as: martes 23 de novembro

AdxuntoTamaño
candidatura pais consello.odt14.11 KB


story | by Dr. Radut