Skip to Content

ORIENTACIÓNS PARA O ESTUDO NA CASA DURANTE A CORENTENA. Primeira quincena.

15/03/2020 20:15

1.- Neste enlace tedes orientacións de estudo por curso e materia. Todos os profesores teñen os vosos correos, cursos ou aulas virtuais nas que xa traballabades, outros faranas para esta situación. Consultade os correos e esta páxina web.

 

2.- Se hai algún positivo na comunidade educativa, (profesorado, alumnado, persoal non docente...) debe ser comunicado no enderezo do IES: ies.porto.son@edu.xunta.gal, a fin de dar traslado da información ás autoridades educativas.

 

3.- Se algún alumno esqueceu o seu contrasinal pode recuperalo escribindo ao correo ieson@ieson.gal indicando o seu nome e apelidos e curso. Igualmente poden expoñer nese correo as súas dúbidas.

 

4.- No IES haberá un directivo de garda de 10:00 a 13:00. O tf do IES é 881866707.

 

5.- É un bo momento para actualizar Abalar-Móbil. Teñen un manual no cadro superiro dereito. Tf do IES 881866707 / alternativo 679 300 996

 

6.-Para información sanitaria sigan as páxinas oficiais do SERGAS e do Ministerio de Sanidade.

https://www.sergas.gal/Saude-publica/Novo-coronavirus-2019-nCoV

https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/home.htm

 

 

Esperamos que tod@s esteades ben.

O esencial é que vos marquedes unhas rutinas de traballo, senón podedes perder moito tempo.

Facede as cousas que vos pidan pouco a pouco, non todo nun día, con orde. Tedes os correos do profesorado para preguntarlle dúbidas.

Non perdades excesivo tempo nas redes e lede moito.

Cando isto pase teremos que recuperar o curso, non vos abandonedes, especialmente o alumnado de 2º de BACH.

Moitas grazas. Temos toda a confianza na madurez do noso alumnado e da nosa comunidade educativa. Isto só será unha contrariedade que non debe afectar aos vosos estudos e saúde. Todo vai ir ben. Tomádeo como unha oportunidade para madurar e aprender.

 

Sorte, saúde, e non deixedes pasar o tempo sen proveito. Vai ir todo ben.

 

 


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

story | by Dr. Radut