Skip to Content

Obradoiro de cociña en igualdade

07/03/2020

O concello de Porto do Son organizou esta semana uns obradoiros de cociña para as nosas rapazas e rapaces de 1ºESO. E non foi só aprender a cociñar co chef Dani algúns dos platos máis comúns, se non que aprenderon que as tarefas de cociñar e limpar non están asignadas ao xénero feminino. Moi boa iniciativa que animamos a que se repita outros cursos.

 



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

story | by Dr. Radut