Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Novembro 08, 2019

De 12:00 a 14:00h. Con música, castañas e cogumelos.

Luns Novembro 11, 2019
Start: 11/11/2019 18:00

Reunións excursións alumnado. Nais e pais.

18:00

Start: 11/11/2019 19:00

Estimadas familias:

O luns 11/11/2019, as 19 horas, dentro das actividades e charlas para nais e pais que organizamos coa axuda do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), estarán no Salón de Actos do IES Porto do Son Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do IES), doutoras en psicoloxía, para falarvos de  "Pautas básicas para xestionar o comportamento problemático n@s fill@s adolescentes"

O resumo da súa intervención é este: A adolescencia é un período de cambios e adaptación progresiva aos roles adultos. Neste proceso de maduración, os/as fillos/as poden amosar condutas problemáticas. Nesta charla interactiva trataremos de abordar estes comportamentos e presentar pautas básicas para xestionalos. Falaremos e practicaremos especialmente habilidades de comunicación e de resolución de conflitos para aplicar nas relacións entre nais/pais e fill@s.

É de interese para os vosos fillos e fillas que asistades. Moitas grazas.

 

(Asinade, por favor o recibo desta carta, para ter constancia de que a recibides, e que os vosos fillos e fillas a entreguen aos titores antes do luns a medio día.)

 
Martes Novembro 12, 2019
Start: 12/11/2019 16:00
End: 12/11/2019 19:00

O luns pola tarde celebrouse con gran éxito, a primeira das sesións da Escola de Nais e Pais organizada polo CAFI en colaboración co IES de Porto do Son. Dúas psicólogas, Lorena Maneiro e Olalla Cutrín, ofreceron pautas básicas ás nais e pais presentes para afrontar os comportamentos problemáticos dos seus fillos adolescentes. Desde o centro, damos as gracias a todos os asistentes por animarse a asistir e a participar tan activamente na charla. Agardaremos á segunda sesión en marzo.

Os Servizos Sociais do Concello do Porto do Son realizaron outro ano máis obradoiros sobre igualdade a nenas e nenos de 4ºESO e 2ºESO PMAR. Nestos obradoiros, danlle a coñecer aos nosos alumnos aspectos relacionados sobre a desigualdade de xénero existente aínda a día de hoxe como os micromachismos, e pautas para que intenten buscar unha sociedade máis xusta.

Venres Novembro 15, 2019
Start: 15/11/2019 12:00

Celebración do magosto o 15, venres, novembro.

Sábado Novembro 16, 2019

A semana pasada comezou co San Martiño e rematou co magosto. Música, baile, xogos tradicionais, paella de cogumelos de Antón e, por suposto, castañas quentiñas, que o día estaba frío. Moitas gracias a todo o mundo que colaborou para que a festa saíra tan ben como saiu, persoal de limpeza,profesores, conserxes, ANPA, e especialmente aos alumnos que estiveron traballando toda a mañá para que os seus compañeiros desfrutaran do magosto.

 

Domingo Novembro 17, 2019

O alumnado de Ciclo do centro está moi activo nos últimos días. O xoves participaron no I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo en Ourense, e o venres, recibiron a visita dun responsable de FEUGA (Fundación Empresa-Universidade Galega) para informalos da existencia de becas para poder realizar traballos en empresas.

Martes Novembro 19, 2019

Noa Romero Fernández, alumna de 1ºESO do noso centro, non para de dar alegrías. En taekwondo, na súa categoría, é a actual campioa de España e de Galicia; o 1 de outubro conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa Cadete na categoría de menos de 33 kg, e esta fin de semana conseguiu a medalla de plata no Open de París G1 na categoría de menos de 37 kg. Parabéns!

Mércores Novembro 20, 2019

20 de novembro de 2019: Día Universal da Infancia

Luns Novembro 25, 2019

25 de novembro de 2019: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Luns Decembro 02, 2019

Cinco alumnas de 3ºESO van participar a finais de semana, entre o 5 e o 8 de decembro, no Campionato Nacional de Orientación que se vai celebrar en Cáceres. Hoxe tivemos unha rolda de prensa no instituto onde lle explicaron aos medios como chegaron aquí e o que agardan da súa participación. Hai que agradecerlle ao concello do Porto do Son a súa colaboración, así como a ANPA do centro, e especialmente ás nais das rapazas e a profesora Alejandra que as vai acompañar, polo seu traballo de preparación nestos meses.

Moitísimos parabéns a Indra, Noa, Claudia, María e Raquel e moita sorte no Campionato.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/porto-do-son/2019/12/03/cinco-sonenses-descubrir-extremadura/0003_201912B3C8997.htm

https://www.canalriasbaixas.com/2019/12/02/cinco-sonenses-representaran-a-galicia-no-campionato-de-espana-de-orientacion/

https://www.youtube.com/watch?v=WKmUs3JvzLU&feature=youtu.be

Mércores Decembro 04, 2019

O día de onte tivo lugar en Noia as probas de campo a través dentro do programa XOGADE. Os alumnos de 2ºESO competiron ao longo da mañá con outras nenas e nenos da comarca, polo que o 16º posto de Kevin Dean ben merece unha felicitación. Pasaron á seguinte fase un grupo de cadete feminino e outro masculino. Felicitamos aos rapaces polo seu bo comportamento e actitude na carreira.

Distribuir contido


by Dr. Radut